Open uri20150703 3 1qwknug?1435924978

Bernardo Fraga (de 27 años) encabeza la candidatura del
BNG de Viveiro para las municipales del mes de mayo. Los
nacionalistas concurriren a la cita con las urnas con una
lista renovada y rejuvenecida

1 Bernardo Fraga 08/07/2015 16:30

Boas tardes a todas e todos, e moitas gracias por participar neste encontro dixital, agardo contestar ata as seis da tarde o maior número de preguntas posible.

2 Anónimo 08/07/2015 16:30

se puede con 27 años conocer los problemas de la gente mayor y empresarios sin tener una dilatada experiencia?

Bernardo Fraga:

Mire eu considero que teño unha boa formación, e conto cun bo equipo capacitado e preparado para gobernar en Viveiro, que ten vocación de goberno e que coñece en profundidade as problemáticas da xente maior e do empresariado e ten solucións para eles. A idade non é un problema, todo o contrario, creo que teño capacidade suficiente e moitailusión por contribuir no futuro do meu Concello.

3 Anónimo 08/07/2015 16:30

Se ninguén obten a maioría absoluta ¿Apoiaredes a Roel ou pemitiredes goberna á lista mais votada?

Bernardo Fraga:

No Bloque Nacionalista Galego de Viveiro elaboramos un programa para Gobernar Viveiro, que presentaremos en breve, e con él aspiramos a obter o apoio maioritario das veciñas e veciños. En función do apoio que estes nos den, o BNG logo das eleccións, decidirá tendo en conta experiencias pasadas, onde se coloca se no goberno ou na oposición.

4 Anónimo 08/07/2015 16:30

¿Cal será a súa política para a creación de empleo no concello?

5 Anónimo 08/07/2015 16:30

Que fariades para que @s moz@s que se forman fóra, volten a Viveiro?

Bernardo Fraga:

O emprego é unha cuestión que me preocupa profundamente, o aumento do paro nos últimos anos en Viveiro é moi grande, e desgracidadamente as mozas e mozos teñen que emigrar a outros lugares. Teremos que tomar medidas activas de emprego para parar esta sangría, tendo en conta as pobres competencias municipais neste eido. A chegada do polígono industrial, que impulsou o BNG na anterior Xunta, será clave para o futuro do emprego. Incentivaremos con medidas especiais a chegada de novas empresas, que creen emprego e sirvan para que as mozas e mozos volten ao noso Concello.

6 Anónimo 08/07/2015 16:30

Buenos días, en una época en la que probablemente contamos con la generación de jóvenes mejor preparada,que opina de la preparación de los políticos de hoy y que piensa de que algunos políticos no tengan otra vida laboral que la que desempeñan en cargos políticos cual funcionarios,pero si oposición. Gracias

7 Anónimo 08/07/2015 16:30

ç¡Que che parece o máis importante para que Viveiro teña futuro? Gustaríame que concretases como: un polígono industrial, mellores accesos.. Gracias

8 Anónimo 08/07/2015 16:30

que tes que decer do lio que se traen os dous partidos estatais co peirao

Bernardo Fraga:

Como xa vimos denunciando últimamente, pedimos outra vez as dúas forzas maioritarias e aos candidatos das dúas forzas estatais, que deixen de xogar electoralmente co muelle vello, é un área de vital importancia para o desenrolo urbano do noso Concello. Será preciso un gran acordo con todas as partes implicadas, e se como din a Xunta e Costas, realmente teñen previsto invertir no Muelle Vello, que o fagan, cun gran proxecto, en beneficio das veciñas e veciños, e non dunha ou outra forza política.

9 Anónimo 08/07/2015 16:30

Unha vez que está a construirse o Polígono de Landrove. Que proposta ou iniciativa ten o seu partido para animar ás empresas a instalarse en Viveiro?ou que outra maneira prevé crear emprego no concello? Moitas Grazas e agardo que sexa o próximo alcalde de Viveiro, polo ben do pobo. un saúdo

10 Anónimo 08/07/2015 16:30

Que opinas das listas abertas? Cres que se deberían impulsar? Parécesme un candidato traballador e serio, aínda "sen corromper" e que achegaría aire novo á alcaldía de Viveiro, que boa falta lle fai. Votaría por ti, pero non o vou facer porque non me convencen varias persoas que van na lista. Síntoo!

Bernardo Fraga:

Eu máis que nas listas abertas, que me parece unha idea a estudar, creo que o que é preciso e formar equipos de goberno, o cal non sería posible neste formato. Na lista do BNG, levamos un equipo para gobernar, con xente experimentada e con coñecementos nas distintas áreas que implica un goberno municipal. Estou dacordo en que Viveiro, precisa un aire novo, e a día de hoxe, o BNG é a única forza que pode darllo, levamos case 30 anos coas mesmas persoas, que convierten o día a día, nunha disputa persoal de poder, e deixando de lado os problemas de veciñas e veciños, e é precisa a rexeneración e renovación de ideas, con gañas e ilusión, cun proxecto de futuro claro. Creo que nós cumprimos os requisitos.

11 Anónimo 08/07/2015 16:30

Boa tarde! Sendo vostede arquitécto técnico, vai impulsar a rehabilitación ou mellora de edificios abandoados?xa que moitas casas antigas do casco vello están en desuso total e non dan boa imaxe. Grazas

Bernardo Fraga:

A rehabilitación do Casco Histórico será unha prioridade para o BNG, pero tamén a creación de plans especiais de rehabilitación para Covas e Celeiro, xa que na actualidade existen moitísimas vivendas deshabitadas, algunhas delas en perigo para a xente da rúa ou para os colindantes. Temos que garantir a seguridade, así como mellorar a imaxe do entorno do Casco Antigo e dos distintos núcleos.

12 Anónimo 08/07/2015 16:30

Boas tardes, ¿por qué se presenta vostede a alcalde de Viveiro?

Bernardo Fraga:

Eu póñome a disposición das veciñas e veciños de Viveiro para gobernar o Concello , podo aportar traballo serio e compromiso firme, ademais dun equipo formado e preparado que seguro que fará un moi bo papel no goberno municipal. Preocupame moito o futuro do concello no que nacín, medrei e vivo na actualidade. E quero contribuir a súa mellora así como a non ver como cada vez máis xente, se ten que marchar contra a súa vontade, pola falta de saídas, oportunidades e futuro laboral.

13 Anónimo 08/07/2015 16:30

¿Teñen algunha proposta para rehabilitar a pista da casa da xuventude?

14 Anónimo 08/07/2015 16:30

se te asocias co psoe obligaralos a despedir os traballadores que contrataron a dedo?

15 Anónimo 08/07/2015 16:30

Sen "voltas" Sr. Fraga, vostede sabe que non vai ser Alcalde, ¿Permitirá ou nón, que o sexa Aja; por non dar o voto a outra opción, como fixo o BNG en Cervo fai anos? Grazas

16 Anónimo 08/07/2015 16:30

Como fariades para que se ubicasen novas empresas na zona, que creen postos de traballo?'

Bernardo Fraga:

Esta cuestión xa a respostei con anterioridade, pero engado que tamén crearemos unha sementeira de empresas que contribúa a creación de empresas novas no Concello, e así mellorar o número de postos de traballo.

17 Anónimo 08/07/2015 16:30

¿ Que modelo de cidade vai a promover o BNG?

18 Anónimo 08/07/2015 16:30

despois do exito do bipartito¿pensades en recuperar os votos da xente que se sente defraudada convosco?

19 Anónimo 08/07/2015 16:30

¿ como é posible que as estradas polo lado de galdo están mui ben amañadas é pintadas e a subida hacia o cementerio de covas e pedreira , alvarelle etc asi como polo lado do barrio do conexo hacia as congostras estan desfeitas dende fai anos , ¿ eses veciños/as non pagan impostos , ¡ PORQUE ESTAMOS MARXINADOS . Saude

20 Anónimo 08/07/2015 16:30

Eres un tio xove e seguro que traes novas ideas e ganas de traballar ¿Estarías de acordo en que o peirao de viveiro pasase a ser de titularidade municipal? ¿Estás de acordo co trazado da VAC aprobado pola anterior Xunta e por tódolos grupos municipais? Un saúdo dun viveirense

21 Anónimo 08/07/2015 16:30

cre que en viveiro se precisa urxentemente un plan de aforro?

Bernardo Fraga:

Si, o BNG cumprirá coa súa labor e fará os orzamentos anuais que reflexen con realidade e rigorosidade os ingresos e os gastos municipais, para que proveedores e asociacións podan cobrar en tempo e forma, xunto a isto faremos un plan de saneamento económico do Concello, para establecer un plan de pago da débeda municipal.

22 Anónimo 08/07/2015 16:30

¿Que crees que podes aportar a Viveiro?

Bernardo Fraga:

Esta pregunta está respostada con anterioridade, pero de forma breve, aportarei, traballo constante e sen descanso pola mellora da calidade de vida das miñas veciñas e veciños, honradez, transaparencia, diálogo e participación das veciñas e veciños na vida municipal. Ademais compromiso e moitas ganas e ilusión.

23 Anónimo 08/07/2015 16:30

No caso de gañar as eleccións e convertirse en alcalde de Viveiro, cal sería a súa primeira decisión?

Bernardo Fraga:

A elaboración duns orzamentos participativos do Concello do ano 2011, reais e rigurosos, fomentando a participación da veciñanza, consultando coas veciñas e veciños, cales son as prioridades inmediatas, e optimizando os recursos dos que dispoñemos.

24 Anónimo 08/07/2015 16:30

que opina do plan xeral de urbanizacion parecelle correcto

25 Anónimo 08/07/2015 16:30

Que opina de los locales nocturnos sin licencias y el cierre de pub y que opina de los locales de fiestas privadas que no pagan la SOCIEDAD GENERAL DE AUTORES

26 Anónimo 08/07/2015 16:30

Moi Boa Tarde!Xa saíron noticias de reunións do seu partido coas distintas agrupación e clubs deportivos existentes no concello. Vai a darlle prioridade á promoción do deporte? penso que poderíamos lograr que a gran maioría de rapaces practicasen algún, para que se creen hábitos de vida saludabeis. Ademáis sería interesante que Viveiro voltase a ser un referente a nivel galego en varios deportes nos que agora non somos de primeiro nivel autonómico (fútbol, baloncesto, balonmán...). Un saúdo e ánimo para as eleccións

Bernardo Fraga:

O deporte será unha prioridade para o BNG, como xa o demostramos alí onde gobernamos. Cumpriremos cos convenios con clubes e entidades, impulsaremos o deporte con actividades propias municipais, impulsaremos a creación dunha fundación, que recolla patrocinios tamén privados para impulsar o deporte de base. Ademais impulsaremos a finalización do campo de fútbol de Lavandeiras, pistas de atletismo, e gradas, para conseguir unha gran área deportiva que sexa referente no norte de Lugo.

27 Anónimo 08/07/2015 16:30

No suposto de sumar có PSOE maioría absoluta cal sería o sentido de voto do BNG na elección de alcalde

28 Anónimo 08/07/2015 16:30

Boas tardes Bernardo. A miña pregunta é referente o tráfico en Viveiro. ¿Replantearíanse no seu partido un cambio de direccións no tráfico da variante?

Bernardo Fraga:

No noso programa, levamos a creación dun PLAN DE TRÁFICO, que estude con seriedade a situación actual, e promova a solución ao caos circulatorio que padecemos. O cambio de sentido da variante, sería unha opción moi a valorar dentro deste plan.

29 Anónimo 08/07/2015 16:30

por onde pensa vd. que favorece mais o trazado da via de alta capacidade o seu paso polo concello de viveiro?

Bernardo Fraga:

No BNG apoiamos de xeito firme e sen ningunha dúbida o trazado aprobado por unanimidade na Corporación Municipal, aquel que non destrue a parroquia de Magazos. Esta infraestructura, é importantísima para o noso Concello, e pedirialle ao PP na Xunta que se deixe de marear co asunto, que non modifique o trazado e que a execute dunha vez.

30 Anónimo 08/07/2015 16:30

permtiras que las bicis sigan circulando por las zonas prohibidas

Bernardo Fraga:

O BNG creará o carril bici en todalas zonas posibles, sobre todo nas zonas urbanas de Covas, Viveiro e Celeiro, ademais de instalar un servizo municipal de aluguer de bicicletas fomentando o seu uso na sociedade.

31 Anónimo 08/07/2015 16:30

Hola Bernardo, sendo as túas raices de Celeiro e no caso de chegar a ser alcalde, ¿No teu proxecto inclues algunha medida especial para revitalizar o teu pobo?

Bernardo Fraga:

No caso de Celeiro, o noso programa inclue ademais da elaboración dun Plan de Rehabilitación Integral do núcleo antigo, a recuperación da fachada marítima de Celeiro, incluíndo o impulso diante da Xunta do traslado do varadoiro a outra ubicación, dentro do propio Porto de Celeiro(de tal xeito que non se perda nin o servizo nin os postos de traballo), conseguindo así rexenerar a Praia de Celeiro, e a formación de zonas axardinadas e de esparcemento. Estas serían algunhas medidas que impulsaríamos dende o goberno municipal para Celeiro.

32 Bernardo Fraga 08/07/2015 16:30

Teño que rematar, que non hai tempo para máis. Espero ter contestado con claridade no tempo que tiven, de todos xeitos estou a vosa disposición para calquera outra pregunta no meu blog www.bernardofraga.com . Moitísimas gracias a todas e todos por seguir este encontro. Un saúdo.