Open uri20150703 3 161rnum?1435924547

El actual regidor nacionalista ha gobernado los últimos
cuatro años en minoría,

1 Martiño Noriega 08/07/2015 15:24

Ola bo día, son Martiño Noriega, alcalde do Concello de Teo e candidato polo BNG nas vindeiras eleccións municipais de maio. É para min un pracer estar aquí nos Encontros Dixitais da Voz e poder contestar as preguntas que vaiades enviando. Comezamos logo.

2 Anónimo 08/07/2015 15:24

Cree que é posible que a dereita volte a gobernar en Teo despois do 22 de maio?

Martiño Noriega:

Coido que eso ten que decidilo a cidadanía e o que ela decida ben decidido estará. O que si teño claro é que a opción que represento aspira a gobernar para unha maioría plural e diversa de veciños e veciñas que valoran positivamente os paso acadados nestes catro anos en materia de infraestruturas e servizos. O BNG ten claro que máis aló do diálogo para o que está aberto con todas as opcións políticas, non permitirá volver a instalar ao concello nun armandismo sen Armando.. Coido que ninguhha outra opción política expliciou así de claro esta posición.

3 Anónimo 08/07/2015 15:24

Que infraestructuras realizadas nestes catro anos se poden convertir nun referente?

Martiño Noriega:

A rede de locais socioculturais, coñecidos como Casas Comúns son unha das grandes conquistas destes anos, conquista que permite facer unha planificación da oferta cultural e social do concello e abrir os edificios públicos á participación da cidadanía. Estamos a falar de mais de seis locais socioculturais rehabilitados. Tamén sinalaría o esforzo feito en servizos básicos tanto na rede viaria, con mais de 50 quilómetros de vias principais tratadas con aglomerado como en saneamento cun esforzo inversor de máis de 4 millóns de euros. Agardo que tamén se poida valorar os esforzos feitos en coordinación con outras administracións para a humanización de zonas urbanas como pode ser Cacheiras ou Os Tilos.

4 Anónimo 08/07/2015 15:24

O seu atractivo físico será determinante nos resultados das eleccións?

Martiño Noriega:

Agardo que o esforzo feito durante estes catro anos para converter a Casa do Concello na casa de todos os veciños, as propostas de futuro, o compromiso e a gran candidatura que presentamos sexan determinantes nos resultados das vindeiras eleccións e non outras cuestións que no fondo son secundarias.

5 Anónimo 08/07/2015 15:24

porque o BNG ataca siempre o Psoe e non tanto a Armando e a Parajo¿

Martiño Noriega:

Non estou para nada dacordo con esa apreciación. Combatín poíticamente durante moitos anos as prácticas e os posicionamentos tanto de Armando como de Parajó. Coido que esas prácticas deben permanecer no pasado. Durante estes catro anos esforzámonos por cambiar a praxe política no Concello, por non clasificar aos veciños entre os teus e os meus, por apostar polo diálogo e por intentar subsanar as eivas importantes que existían tanto en cultura democrática como en infraestruturas e servizos. Ao meu entender, o señor Leis (PSOE) durante estes catro anos non soubo entender o mandato cidadán, practicou unha política de bloqueo, acoso e derribo antepoñendo sempre os intereses partidarios ao interese xeral do Concello intentando tensionar a vida municipal. O que non resposta o señor Leis (PSOE) é se estará disposto,chegado o momento, a instalar ao concello no pasado apostando coa súa ambiguedade por un armandismo sen armando que ven a ser algo asi como tomar achicoria en vez de café.

6 Anónimo 08/07/2015 15:24

Saludos, después de todo lo que dijo en la oposición como puede explicarnos el cambio de postura con lo PXOM, siendo el único grupo político que cambio su sentido en el voto.

Martiño Noriega:

O BNG foi crítico na lexislatura anterior na tramitación municipal do Plan Xeral na medida en que entendiamos que era neses momentos cando o concello podía determinar o planeamento urbanístico definindo o modelo de concello que se quería. Nesta lexislatura a nós tocounos, unha vez aprobado pola anterior corporación o plan, o proceso de tramitación autonómica e nese senso colaboramos activamente sabedores das nosas limitacións competenciais exercendo un principio de responsabilidade que entendía que era mellor contar con algún planeamento que condicionara o desenrrolo de chan industrial e a humanización do urbanismo do pasado, que non contaba con ningún. Nestes momentos o Concello conta cunha ferramenta de planeamento e depende dos responsables que a empreguen, pode condicionar o futuro do concello de maneira positiva ou negativa.

7 Anónimo 08/07/2015 15:24

Como licenciado en medicina que es ¿Va usted a seguir diagnosticando patologías a sus rivales políticos?

Martiño Noriega:

Un non se pode deslindar da súa profesión máis non a exercín, por desgracia, con algúns dos meus compañeiros de corporación durante estes catro anos. Se para algo emprego os meus coñecementos no día a día é para diagnosticar os problemas estructurais do Concello e, na medida das posibilidades, buscar solucións de futuro que consoliden o gran cambio dado durante estes catro anos e convirtan ao concello de Teo nun dos referentes da comarca de Compostela. Eu sempre digo, de maneira informal, que o enfermo (polo Concello) saiu de coidados intensivos e está xa na casa onde segue a precisar de coidados.Ese é o reto do próximo mandato.

8 Anónimo 08/07/2015 15:24

non sei se sera percepcion miña,¿parece moi similar o que criticaba de armando: os gravillados a prisa, mal feitos e a ultima Hora polo rural?eso donde se fai,...

Martiño Noriega:

Durante estes catro anos o Concello fixo un esforzo importante por acondicionar na rede viaria o que nós entendiamos como arterias principais do termo municipal. Esa mellora, que resulta evidente, conlevou un deterioro importante da rede secundaria dos núcleos rurais. A finais do ano pasado, asinamos coa Deputación da Coruña un convenio por un importe de mais de 300.000 euros para o arranxo destas eivas. O que vostede entende como gravillado nós entendémolo como mellora das condicións destes núcleos. Nunca é suficiente porque o Concello de Teo ten unha extensa rede viaria difícil de manter cos ingresos ordinarios. De aí que teñamos que buscar financiamento noutras administracións, como foi neste caso, onde a Diputación pon o cen por cen dos fondos. O arranxo das estradas está condicionado pola situación meteorolóxica. Ese é o motivo de que o groso destas actuacións se estéan realizando coincidindo coa primavera.

9 Anónimo 08/07/2015 15:24

sr Noriega porque decideu vostede unha vez ofrecida a finca a xunta de galicia non facer o edificio da policia local en Calo, e por consiguente perder a subvención da xunta, e decidio levalo pa ramallosa donde o local non

Martiño Noriega:

A aposta do grupo de goberno sempre foi a de concentrar os servizos municipais ao carón da casa consistorial. A oferta de terreos na parroquia de Calo, como se ten explicado en moitas ocasións nas sesións plenarias, era unha oferta temporal para intentar conquerir terreos na Ramallosa. Como iso non foi posible, entendimos que debíamos renunciar á subvención autonómica, que non chegaba ao 30% do coste total do edificio, antes de deslocalizar un servizo de seguridade e de emerxencias. Os tempos de actuación tanto en materia policial como no corpo de protección civil son importantes e a dispersión poboacional do Concello obriganos a apostar pola centralidade nas dependencias destes corpos.

10 Anónimo 08/07/2015 15:24

Caso de que sigan gobernando, seguirán discriminando as iniciativas culturais feitas en Castelán, como obras de teatro?

Martiño Noriega:

O grupo de goberno durante estes catro anos planificou unha politica cultural destinada a unha maioría social do concello plural e diversa. Nese senso, a pesar de que sempre apostamos pola normalización linguística do noso idioma, nunca discriminamos a oferta cultural por cuestións linguísticas. Quen afirme eso non asistiu aos actos programados nestes anos, nin me me coñece a min persoalmente. Se por algo apostei sempre é polo respeto político dentro da diversidade cultural.

11 Anónimo 08/07/2015 15:24

Presenta unha candidatura na que os seus concelleiros repiten. Que aporta a súa lista en comparación cas dos outros grupos que parece que xa son públicas por fin.

Martiño Noriega:

Os nosos concelleiros demostraron durante estes catro anos, nunha situación política complicada, cunha herdanza económica difícil, preparación, lealtade para cos veciños, adicación, e unha importante dose de ética. Era de xustiza respetar a decisión de cada un deles para poder continuar desenrrolando un proxecto que iniciamos hai catro anos. Nese senso, o feito de que a maioría deles continúen é para min unha gran satisfacción e un motivo de garantía para afrontar o futuro. A maiores incorporamos referentes dos novos veciños que están chegando a vivir ao concello e tamén xente vencellada ao ensino no concello e que ten demostrado a súa capacitación durante estes anos. O PP perdeu unha gran oportunidade para dar un proceso de renovación necesario na politica municipal e continúa a apostar por fórmulas do pasado que non entenden que os tempos trocaron e que teo precisa de compromiso e formación para poder facer fronte aos retos importantes na xestión do día.Afirmar, como dixo o seu candidato, que nada trocou en Teo é vivir fora da realidade. No PSOE o proceso de renovación dado nas súas listas carece de autocrítica na medida en que siguen facendo unha aposta pola continuidade de alguen que tensionou terribllemente a vida municipal nestes catro anos. Agardo que o mandato cidadán a partir do 22 de maio poda trocar as actidudes duns e doutros.

12 Anónimo 08/07/2015 15:24

Falará con calquera partido para poder gobernar?

Martiño Noriega:

Para solucionar os problemas do día da día na xestión municipal, o noso grupo de goberno demostrou capacidade de diálogo co conxunto das forzas políticas da corporación. Esa é unha aposta a cal nos non renunciamos. De todos xeitos., falando xa de pactos estables, a candidatura que eu encabezo nunca permitirá que políticas propias do pasado se volten a instalar no concello de Teo. O vindeiro 22 de maio, creo sinceiramente, que a xente ten que decidir ente continuar o camiño iniciado nestes catro anos e afianzar as melloras, cousa que garante a nosa candidatura, ou apostar por voltar ao Teo que desgraciadamente todos coñecimos hai tempo e que non ten nada que ver co Teo actual.

13 Anónimo 08/07/2015 15:24

Caql sería a súa proposta para humanizar o entorno de Cacheiras?

Martiño Noriega:

A actuación feita na comarcal 841 con fondos autonómicos, ao meu entender, dotou ao núicleo urbano de Cacheiras dunha importante mellora na seguridade vial. O desenrrolo do Plan Xeral ten que intentar subsanar as eivas en zonas verdes e equipamentos dun modelo urbanístico do pasado que primou un medre rápido por riba doutras cuestións. Por decilo dalgunha maneira, os que pretendan construir en Cacheiras, terán que subsanar polo menos colateralmente as súas eivas en estandares de calidade, tanto no que se refire a zonas verdes como a equipamentos comunitarios.

14 Anónimo 08/07/2015 15:24

Del trabajo realizado en estos cuatro años de qué se siente más orgulloso?

Martiño Noriega:

Das políticas implantadas en materia de conciliación, da aposta feita por unha politica cultural propia municipal, da mellora nas infraestruturas básicas e na rede de locais culturais, pero sobre todo por ter convertido o concello nun concello moderno, prestador de servizos e cormpometido co seu futuro. Hai algo mais que me gustaría sinalar, que é o comportamento e o apoio dos veciños e as veciñas, que nuns tempos complicados souperon entender nun principio as dificultades, tiveron paciencia e agora empezan a disfrutar das melloras acadadas. Ese é o meu principal motivo de orgullo.

15 Martiño Noriega 08/07/2015 15:24

Moitas grazas pola vosa participación. Foi para min un pracer participar neste formato ofertado pola Voz que aposta polas novas tecnoloxías para permitir o contacto entre os representantes públicos e a cidadanía. Sinto por cuestións de tempo non ter contestado a cantidade inxente de preguntas que foron chegando. Mirámonos nun futuro encontro dixital.Apertas e tede todos e todas un feliz 14 de abril.