Candidato del BNG en Ourense
Alexandre Sánchez Vidal repite como cabeza de cartel
del BNG ourensano en unas elecciones municipales muy
competidas y marcadas por la retirada de Manuel Cabezas.
Estou encantado da oportunidade que nos proporciona La Voz para manter este contacto directo convosco, os cidadáns de Ourense que para min son o maior valor que ten a nosa cidade.
Que plans ten para o barrio de Mariñamansa?
Unha cuestión fundamental é habilitar a finca da Diputación como grande parque da cidade con 170.000 metros cadrados, algo único en calquera cidade española e introducir nel unha nova piscina climatizada de 50 metros. Ademais faremos un centro sociocomunitario para atender a maiores e ubicar unha biblioteca e unha escola infantil. E, tamén, unha actuación nas vivendas xa construidas para dotalas de ascensores e reformar, sobre todo, cociñas e cuartos de baño para que a xente maior teña unha maior calidade de vida.
Tentará, como Alcalde, reindustrializ..., perdón, industrializar Ourense?
Eu como alcalde serei o capitán da empresa do interior da Eurorexión. Temos que aproveitar a nosa situación estratéxica para deixar de ser subsidiarios de Vigo e ser complementarios, en pé de igualdade. Deixar de laiarnos, confiar en nós mesmos, nas nosas capacidades e facer unha aposta pola innovación, a productividade e a competitividade. Nese sentido eu quero coridirixir como alcalde o parque empresarial do Val da Rabeda de 10.000.000 de metros cadrados.
Qué pensa facer coa explanada de cemento do Parque do Barbaña?
Neste tema, como en moitos outros, o que temos que atender é a calidade de vida das persoas e non impoñer proxectos en contra da propia poboación que os vai a utilizar. O PP inzou de cemento parques como A Alameda, o Posío, As Mercedes, o Parque do Barbaña e parece que quere destrozar a fermosura da nosa cidade para facela igual que Alcorcón ou Aluche. Eu, como alcalde, aposto pola pedra, a auga, a herba, as árbores que son o sinal distintivo da nosa cidade e do noso país.
digame 4 cousas malas que fixo o alcalde actual?
Un plan xeneral que ten unha descompensación absoluta entre dotacións públicas, parques, fronte ó cemento. Non ter feito unha soa vivenda de promoción pública en 12 anos. Secar As Burgas. Non ser quen de achegar diñeiro da iniciativa privada ós proxectos de Ourense e, polo tanto, ser incapaz de xenerar emprego.
diputacions si? diputacions non?E Baltar prescindibel?
Diputacións non, contundentemente. As diputacións son só burocracia que consume o diñeiro dos concellos, que así non chega ós cidadáns en proxectos e benestar. O modelo político que representa Baltar é un modelo ultrapasado que conduce á dependencia e ó atraso. Eu quero ser o líder político provincial alternativo, apostando pola eficacia, polo rigor dos nosos proxectos e pola colaboración con outras adminitracións. Si rematamos coa dependencia creando emprego o modelo político de Baltar caerá polo seu propio peso.
Hola sr alexandre, por que cree que Ourense necesita un líder?
Porque a política é algo moi serio e non se pode deixar en mans de candidatos como o do PP que non ten proxectos senón ocurrencias de cafetería. Ourense precisa dalguén, primeiro, que crea nos seus cidadáns e nas súas capacidades e que sexa consciente das enormes oportunidades que temos para o futuro se xeneramos proxectos serios e temos políticos independentes, líderes para o seu partido e para a sociedade.
o cambio climatico notarase moito en ourense, xa agora se nota, que fara para intentar moderar a sua incidencia?
Temos que desenvolver Ourense como unha cidade sostible. Esto implica optar polo aforro enerxético, pola disminución na producción de lixo e pola utilización das novas enerxías renovableis e reutilización e a reciclaxe a través dunha pranta de compostaxe comarcal que situaremos en Santa Mariña. Ademais propoñémonos unha actuación en colaboración coa Consellería de Medio Rural de intervención, recuperación e replantación de masas forestais de 10.000.000 de metros cadrados.
Ten a solución do botellón? Que alternativa propón?
Temos que dar alternativas de ocio á xuventude, mais tamén ser conscientes de que unha parte importante desta inviste o seu ocio neste tipo de actividades. Para compatibilizar estas co dereito absoluto dos veciños de descanso temos que controlar tanto os ruidos como a producción de residuos que se xeneran nestes espacios que deben estar alonxados das zonas habitadas.
o pp ten mais votos pero non maioria vostede pactaria, con quen, para ter o poder?
Eu teño a capacidade de liderazgo e de diálogo suficiente para conformar unha maioría de governo sólida e estable, alternativa ó PP se os cidadáns emiten os seus votos neste sentido como estou convencido de que o farán.
En caso de que goberne, vaste comprometer a non enchufar a ninguén?
Absolutamente, nin eu nin ninguén da miña familia tivemos nunca un enchufen nin temos, nin teremos.
Ola Alex, ¿cales son os proxectos do BNG e da sua candidatura para o barrio ourensan da Ponte? Gracias. petroleo
Un proxecto termal nas caldas con investimentos privados para xenerar 200 postos de traballo directos, habilitar a casa verde da Renfe do Pino como escola infantil, soterrar as vías e a estación do AVE para crear un espacio público de 200.000 metros cadrados, executar o complexo deportivo das Eiroás e dotar a Ponte dun distrito o que significa que terá o seu propio órgano político e o seu propio orzamento.
Tentarán de facer unha vía de acceso a cidade a traveso dunha circunvalación?
Hai que integrar a circunvalación norte, sen iniciar dende o ano 92. A circunvalación leste, aínda sen rematar. A autoestrada Lugo-Ourense, a autoestrada O Bierzo-Ourense. Todas estas infraestructuras conxuntamente conformarían un anel de circunvalación moderno, alonxado da trama urbana, que permitiría unha ordenación racional de tráfico na propia cidade.
A chegada de Pontevella supuxo unha dinamización para o comercio en toda a zona onde se instalaou. ¿É vostede favorable a implantanción de marcas como Eroski ou El Corte Inglés, ambas cun notable interés pola nosa cidade?
Ourense ten nestes momentos unha media de metros cadrados de grande superficie por habitante superior á media española e galega. O comercio local é un factor fundamental para a economía, o emprego e a integración social e urbana de Ourense. En Europa todas as cidades están no camiño de volta e limitan a implantación de grandes superficies. A nosa aposta son as medidas urbanísticas de carácter comercial para que o comercio local sexa rendíbel, competitivo e ofreza a mellor oferta aos consumidores.
dea unha solucion real (non politica) a falta de emprego caulificado
Ourense ten que invertir en innovación, desenvolvemento e investigación porque cada euro gastado aquí ten un retorno de 7 euros para a sociedade. O 75% do noso emprego está no sector terciario e só aporta o 25% do PIB da provincia. É evidente que temos que traballar na diversificación productiva, na innovación que é precisamente onde está o valor engadido e os empregos cualificados.
Por qué fan vostedes "oposición de bar"? Refírome a que a miúdo ,as súas iniciativas, xorden despois de ler os xornais almorzando no bar.
Con todo o respeto nós temos proxecto e non ocurrencias. As nosas propostas en materia de emprego, de termalismo, de benestar social, de vivenda as prantexamos xa anteriormente en plenos monográficos convocados por nós con carácter extraordinario. Recibimos naqueles momentos insultos e desprecio. Agora o PP copia literalmente as nosas propostas. É un orgullo e unha vantaxe para esta cidade que agora falemos de propostas concretas nos temas que realmente afectan á vida das persoas.
no piensa que en campaña se promete mucho que luego no se puede cumplir cuando uno se ve en el poder? usted como afrontara el no cumplir todo lo que esta prometiendo ahora?
Eu non me caracterizo por decir que si a todo. Creo que un político responsable debe ter a capacidade de dicir que non a aquelas cuestións que non responden ao interés colectivo ou que non son unha prioridade para este. Nos non facemos promesas, prantexamos un proxecto de cidade ambicioso que temos que realizar todos xuntos no prazo de cando menos 8 anos.
Quintana prometeu unha inversión de un millón de euros, sen embargo a Xunta do bipartito paralizou obras importantes na cidade
Quintana presentou un plan de reequilibrio territorial de mil millóns de euros para a cidade e a provincia de Ourense. Nunca se paralizou ningún proxecto desta cidade agás a descaballada intervención nas Burgas. Temos que estar todos alegres de que por fin haxa dende o governo galego unha proposta estratéxica para o interior que xunto cos proxectos serios e rigurosos que eu e o meu equipo xeneraremos dende a alcaldía posibilitará que saiamos desta situación de apatía e frustración.
Lin iste luns, precisamente en La Voz, que vostede propón apoiar a "autoconstrucción" no rural. ¿Que quere dicir? ¿Que non serven os plans de urbanismo, nen a lei do solo, nen o traballo de arquitectos e aparelladores? ¿É unha defensa do chavolismo?
Nos defendemos un urbanismo planificado, adaptado ó noso territorio e á realidade social galega. Quen permitiu a construcción caótica, sen servizos, sen accesos, etc, ata o de agora foi o PP. Eu defendo un plan de urbanismo que posibilite que as persoas de Ourense de clases populares que teñen un patrimonio producto moitas veces de varias xeneracións de traballo o poidan rendabilizar na autoconstrucción de casas unifamiliares en lugares planificados e dotados de todos os servizos. Rematou a anarquía urbanística e chega a trasparencia e a equidade no trato ós veciños/as de Ourense.
Falan vostedes, o PSOE tamén, de industrializar Ourense. E curiosamente a maioría son funcionarios. ¿Como queren incentivar o espíritu emprendedor?
Primeiro hai que crear as infraestructuras e dar a seguridade social e xurídica necesaria para o empresariado. Os novos emprendedores o meu xuízo necesitan fundamentalmente celeridade na xestión das licencias e do papeleo burocrático, avais bancarios que lles permitan empezar e unha monotorización dos seus proxectos e non ser abandonados despois de recibir a subvención. Por exemplo, o outro día unha emprendedora nova dábanos unha idea espléndida: que empresarios xa retirados axudaran como voluntarios a guialos e a aprender aquelo que non sae nos libros.
deberian tomar exemplo das deputacions forales de moitas comunidades autonomas que as pontencian e deixarse de copiar modelos neomarxistas-nacionalistas que o unico que buscan e crispar,por certo,considerase galego ou español?
As deputacións forais son un fenómeno histórico exclusivo de Euskadi e Navarra, o resto son deputacións provincias da división de De Burgos do XIX. Hoxe completamente obsoletas porque respondían a unha concepción do Estado centralizado con delegacións provinciais. Que sentido ten duplicar orzamentos, responsabilidades, burocracia, etc? Esto ten que ver coa eficiencia e o servizo ós cidadáns, non con fantasmais conxuras masónicas e marxistas.
Un saúdo a todos os participantes polo interés das súas preguntas e a posibilidade de explicar as nosas propostas. Espero ter satisfeito as súas expectativas e, en todo caso, fico a súa disposición tanto nas nosas oficinas como na nosa páxina web.