Open uri20150703 3 15uxvbb?1435925202

El ex alcalde y candidato del BNG responderá a las
preguntas de los internautas de Lavozdegalicia.es

1 Raúl Francés 08/07/2015 16:37

Ola son Raúl Francés, estou encantado de poder falar con vós.

2 Anónimo 08/07/2015 16:37

Hola mis felicitaciones por el trabajo realizado pero te planteo la siguiente pregunta que piensa hacer raul frances en la parroquias ya que el trabajo en el centro ha sido muy bueno pero no consideras que las parroquias han estado un poco olvidadas , saludos y suerte en las elecciones , por cierto mi voto ya lo tienes

Raúl Francés:

Gracias pola túa pregunta. É certo que a situación das parroquias é desigual respecto o centro urbano pero durante o meu goberno tamén é certo que se comezou a inversión grande e planificada nas parroquias que foi todo o tema do saneamento. Non había nin un solo kilómetro de saneamento e cando saímos seis anos despois había 35 kilómetros feitos e vinte pendientes de execución. Seguiremos traballando nas parroquias para evitar esas diferencias

3 Anónimo 08/07/2015 16:37

¿Hai diferencia entre vivir no casco urbano ou no rural?

Raúl Francés:

Repito que si e non noso programa atoparedes solucións para aminorar esa diferencia

4 Anónimo 08/07/2015 16:37

Ola Raúl, eu son nova e inda non conseguín acceder ao meu primeiro emprego. ¿Como ides traballar para axudar aos desempregados?

Raúl Francés:

Na cuestión de emprego o máis importante é garantizar a igualdade de trato e de posibilidades a quen está buscando emprego. O sistemas que tiñamos da bolsa de emprego viña funcionando con eficacia e con igualdade. Hai que recuperar ese sistema e facer unha valoración do plan de emprego actual porque a situación é diferente a que había hai dous anos. Hai dous anos tiñamos sobre mil parados e hoxe estamos en 2.200.

5 Anónimo 08/07/2015 16:37

¿que sería lo primero que harías si salieses elegido alcalde?

Raúl Francés:

Saber que o día seguinte me teño que levantar ás oito e ir a traballar ao Concello, como fixen mentres estiven de alcalde. Unha cousa que si vamos a facer nos primeiros días é modificar o orzamento que aprobou o PP para aumentar as partidas de emprego e benestar social porque eles as recortaron a metade.

6 Anónimo 08/07/2015 16:37

¿Por que non incluiu nas listas a un concelleiro con tanta experiencia como Pedro Pereira?

Raúl Francés:

Creo que Pedro Pereira foi un dos mellores concelleiros que tivo O Porriño senon o mellor nos últimos 50 anos pero sabrás que ir nunha lista como a do BNG depende de dúas cousas: que a persoa quera ir e que a asamblea e non o candidato o elixa. No caso de Pedro a asamblea quería que fora na lista e eu tamén pero el decidiu que non quería ir nestas eleccións. Pedro é o responsble local do BNG no Porriño e o seu traballo se notará tamén nos próximos catro anos.

7 Anónimo 08/07/2015 16:37

Confía na supresión do paso a nivel ferroviario que perdura no centro do municipio?

Raúl Francés:

O paso a nivel e a vía se suprimirán algún día. Eu creo que o Ministerio de Fomento ten unha deuda co Porriño que ten que empezar a pagar. Empezamos a estar cansados de promesas e de proxectos de papel e esperamos que nos fagan unha oferta seria para poder negociar. O tema do paso a nivel é un dos problemas máis graves que ten o urbanismo en O Porriño e está condicionando o noso futuro. Aproveito para pedir publicamente que a Subdelegación del Gobierno retire a multa que lle impuxeron a que cordinaba as protestas pedindo a supresión do paso a nivel.

8 Anónimo 08/07/2015 16:37

por que esta tan mal el tramo del paseo del louro desde el albergue hasta pasar frigolouro,UNHA VERGOÑA CALQUER DIA CAE UN RAPAZ O RIO

Raúl Francés:

Ese tramo está realmente mal e é perigoso. Recuperar o disfrute do río é posible en situacións de seguridade. Sobre todo para a xente miuda.Non dubides que actuarei inmeditamente nese tema que estás denunciando cando sexa de novo alcalde. Porque a seguridade e os menores é asunto prioritario.

9 Anónimo 08/07/2015 16:37

¿Por qué tanto mutismo hacia la gestión de Barros? Casi no se escucharon críticas en siete años de gobierno.

Raúl Francés:

A mellor contestación ao goberno do PP e de Barros foi cambiar o concello en seis anos e medio. Falr pouco e traballar moito. Eu fun moi crítico con Barros cando había que selo, cando el gobernaba. A touro pasado non tiña moito sentoido pois había que traballar e non mirar para atrás.

10 Anónimo 08/07/2015 16:37

Buenas tardes Raúl, soy un ciudadano de Porriño y leo habitualmente su facebook y su blog interesándome en las ideas que tiene para nuestro pueblo, pero sólo me encuentro de cada 10 mensajes que 9 son para atacar al otro candidato el señor Nelson Santos sin presentarnos ni una sóla propuesta para mejorar. Es por lo cual le escribo aqui, me gustaría saber si tiene pensado alguna mejora en lo referente a la creación de empleo. Saludos y gracias.

Raúl Francés:

Gracias por ler o facebook e o blog. Creo que son vos elementos d eparticipación directa e comunicación sen barreiras. Terei que botarlle un vistazo cando chegue a casa porque non vexo que non se fagan propostas e me dedique só a atacar a Nelson. Non teño maior interés en atacar a ninguén pero si son unha persoa que fala claro e critica cando cre que o debe facer. Hoxe subirei unha nova entrada no blog sobre o río Louro que che pode interesar.

11 Anónimo 08/07/2015 16:37

non pensas que a veces os politicos perden tempo e credito criticando atrozmente calqueira accion dos outros partidos en vez de propoñer ideas e falar do que eles farian?

Raúl Francés:

Nós demostramos que temos ideas e capacidade de polas en marcha. Ninguén discute esta cuestión. No noso programa nestas eleccións falamos do que quere a xente e respostamos preguntas que están na rúa. Creemos que hai que apostar polas políticas de loita contra o paro e as políticas de benestar social. O BNG aposta porque os concellos axuden a quen máis o precisa e neste momento está claro que son as persoas sen emprego. Reestudiar o plan de emprego porque cambiou moito a situación nos últimos anos ( pasamos de 1.000 a 2.200 parados e paradas no último ano) e garantizar que non hai amiguismos para favorecer a uns ou a outros porque sexan máis ou menos amigos. Cando estiven de alcalde non houbo amiguismo, agora...

12 Anónimo 08/07/2015 16:37

Amigo Raúl, poderías resumir en breves liñas cáles foron os logros máis importantes do BNG na súa estapa de goberno en O Porriño? (Unha aperta de Germán)

Raúl Francés:

O maior logro foi devolver o concello aos seus lexitimos propietarios: os veciños e veciñas. Facer que pasaran dunha situación de cuasi súbditos a cidadáns libres con dereitos. Humanizar a vida e os epacios; escomenzar a cumprir as promesas de anos (saneamento, plan de tráfico, aparcamento,...) que a dereita tiña no caixón e só sacaba nas eleccións. Creo que os seis anos e medio que estivemos gobernando, en minoría, hai que dicilo, foron anos de progreso e cambio. Dende a moción de cemnsura de Louzán voltamos ao pasado e hai que engancharse novamente no tren do futuro. UN saúdo, Germán.

13 Anónimo 08/07/2015 16:37

¿Está dispuesto a ponerse a hablar con el psoe esta vez para evitar que la derecha llegue al poder?

Raúl Francés:

Nos co PSOE falamos e falaremos sempre. Como fala o BNG e o PSOE en toda Galicia. Con pactos de goberno e respectando que somos dúas forzas distintas pero que se poden entender. Si Nelson non acada a maioría, como vai estando claro, no que dependa do BNG non vai ser alcalde. Iso está claro para todo o mundo. E si me permites un apunte: nós somos actualmente a forza máis votada no Porriño e temos confianza en que haberá máis xente que me prefira a min de alcalde que a Nelson.

14 Anónimo 08/07/2015 16:37

Apoyaría a Iván Vaqueiro como alcade el BNG si tuviese más votos que usted y Nelson Santos no alcanzase la mayoría?

Raúl Francés:

Non é un esceario que contemple agora mesmo. Repito que creo que seremos a forza máis votada e nos presentamos para gobernar. Nelson non será alcalde si depende do BNG.

15 Anónimo 08/07/2015 16:39

Compañeiro Raúl, preguntome ó porqué da limpa de representantes do teu anterior goberno ? Crees realmente que limpando a todos aqueles que non correlixionan contigo na procura de benestar para o pobo de Porriño? Dentro dun partido sempre hai, é haberá distintas correntes, pero ti non permites esa pluralidade de ideas. Ou as túas ou ninguna. Hai moita xentiña válida que estás deixando de lado, xente moi traballadora e desinteresada. Algunha resposta a esta humilde critica?

Raúl Francés:

Agradezo a pregunta para deixar claro que somos unha forza plural e que aprobamos a lista en asemblea. Non fai o mesmo o PP donde os afiliados e afiliadas se enteran da lista pola prensa. E por outra banda creo que coñeces pouco ao BNG no POrriño polas cousas que afirmas. Detrás da candidatura está todo o BNG. Uns van na lista e outros non por cuestión de lección e momento político. E quen van e quen non van estamos no memso barco navegando a favor do noso concello.

16 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿para cando un concerto cos organizadores de Cans que non precise renovación anual?

Raúl Francés:

Os concertos e convenios se poden facer plurianuais e nós faremos un convenio plurianula con Cans nada máis entrar para que escomencen a traballar con base sólida para o vindeira edición do ano 2012. A deste ano é xusto antes das eleccións. Cans é un proxecto colectivo e merece ser apoiado polo concello e outras administracións. Falo da Xunta que anda a recortar os cartos para festivais e cultura. Nós seguiremos apostandom polo festival de Cans como un sinal de identidade do Porriño actual.

17 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Cuales serán las prioridades de su gobierno?

Raúl Francés:

Como dixedn antes, loitar contra o desmprego, mellorar as políticas de benestar social, abrir o concello á participación veciñal e igualar as opostunidades dos veciños e veciñas sin importar onde viven, no centro urbano ou no rural.

18 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿Cuál es su opinión sobre la reciente aprobación del anteproyecto de Ley del Área Metropolitana de Vigo?¿Cree que su implantación tendrá un impacto positivo sobre Vigo y su área urbana?

Raúl Francés:

Eu creo na Área Metropolitana e sempre fun un firme defensor da súa creación. Lamento que Fejoo se arrugara diante de Louzán e non se solucionara o tema da DEputación e a Área Metropolitana. Aínda así, e sabendo que hai posibilidade de mudar esta lei cando voltemos a gobernar na Xunta, agora queda aproveitar o que trae de bo. Para O Porriño unha oportunidade na solución do transporte parroquial, de xestionar mellor o ciclo da auga, de mellorar as infraestructuras de comunicación do noso concello con Vigo e a súa zona portuaria e poder por en valor a importancia do Porriño e a súa industria na Área e fora da Área.

19 Anónimo 08/07/2015 16:39

Buenas, porque ahora las maquinas de la diputación de pontevedra no salen de porriño y antes no se veian, acaso no se solicitaban por parte del ayuntamiento gracias

Raúl Francés:

Tampouco están tanto. Si pasaron seis anos e medio de vacacións, quedan a deber aínda bastante. A deputación non trata a O Porriño como se merece e sin embargo vive a conta dos moitos cartos que recibe da nosa actividade industrial. Eu son partidario da desaparición das deputacións por obsoletas. Sobre todo agora que se vai impalntar o ärea Metropolitana. E o vecindario sabe que estas máquinas de última hora son por motivos electorais e non de boa xestión. Por si quedou a dúbida, no meu goberno fixemos multiples plans para traballar coa deputación pero o actual presidente, que espero que deixe de selo a partir do 22, nunca quixo colaborar co Porriño. El quería doblegar a vontade dos porriñeses e porriñesas e ao final tivo en Nelson e compañía os cómplices necesarios.

20 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿cuál es su previsión para los resultados de las municipales? no la que le gustaría, si no la que cree que saldrá

Raúl Francés:

Os resultados están en mans de quen van votar o 22. Eu teño boas sensacións porque o voto é libre e secreto. Sempre traballei para que iso fora así. Agora ten que falar o vecindario e non os despachos de Pontevedra. Eu respectarei o que os meus veciñas e veciñas decidan porque como dicía Jose Afonso: "o pobo é quen máis ordena".

21 Anónimo 08/07/2015 16:39

Ola Raúl, este ultimo ano de goberno de dereitas foi devastador coa cultura do Porriño, banda de musica, teatro, grafitteiros, grupos locais... se saes alcalde que medidas pensas tomar o respecto? Fdo: mortimer

Raúl Francés:

Atacar a cultura é atacar a dignidade, a alegría e a imaxinación dun pobo. Neste último ano o goberno maltratou as iniciativas culturais. Tivo problemas coa Banda de Música; coa escola de música, coa escola de teatro, coa xente do grafitti e o rap, con varias asociacións culturais; pechou o arquivo da imaxe que viña facendo un labor moi querido polo vecindario coa recuperación de máis de 5.000 fotografía e ducias de exposicións. O alcalde actual preferiu facer un labor de destruír a comprometerse a crear e a xente da cultura está molesta e ten razón. Pero non so na cultura houbo este ataque. Outras parcelas da actividade social tamén sofriron con este goberno. Eu agardo que a partir do 22 voltemos á normalidade, á ilusión e ao futuro. Eu creo firmemente na capacidade da xente do Porriño. Sobre todo na xente moza que foi quen de facer propostas e realizalas con moito esforzo. Un alcalde ten que estar para apoiar e non para destruir.

22 Anónimo 08/07/2015 16:39

¿pasará factura la moción a la derecha de porriño?

Raúl Francés:

Nelson afirmou o outro día aquí, na Voz de Galicia, que a xente xa esquecera o da moción. Xa veremos. Eu creo que non coñece a xente do Porriño e a súa capacidade de memoria. El seguro que prefiriría iso pero non vai ser así.

23 Raúl Francés 08/07/2015 16:39

Moi agradecido a todos e todas. Sobre todo a quen non viñeron a facer a pelota e deron algo de caña. Sen caña a vida e menos divertida e máis monótona. Vémonos no Porriño ou na rede. Un saúdo.