Open uri20150703 3 15580qy?1435925385

El BNG llegó a la alcaldía en las elecciones de 1999 con
Xaime Bello. En el 2007 obtuvo 2 ediles. Los del 22 de mayo
serán los segundos comicios a los que concurre Pita como
cabeza de lista.

1 Xoán Xosé Pita 08/07/2015 17:26

Hola, Boas tardes nacionalistas a todos-as. Estou encantado de estar aquí con todos vós para responder a calqueira pregunta que teñadas sobre o noso concello.

2 Anónimo 08/07/2015 17:26

Que lle parece o resultado final da praza de España, sendo o seu partido o que iniciou o descalabro que durou nove anos?

Xoán Xosé Pita:

Hai nove anos o que se iniciou na praza de España foi o que tiñamos nós no programa electoral. É dicir, nós plantexamos a creación dun parking subterráneo e unha remodelación do deseño da praza. O que sucedeu despois, tras a chegada do goberno do PP e IF foi un novo redeseño do noso proxecto, onde trataron de privatizar espazo público, sendo esta a orixe real das consecuencias que hoxe todos coñecemos.

3 Anónimo 08/07/2015 17:26

Subirian o bajarian los impuestos municipales? Y las tasas? Y los tipos del IBI y del Impuesto de Circulación? Con detalle por favor. Y algo más. Se gastarian dinero en remodelar de nuevo algun espacio centrico en el que se haya intervenido en los últimos diez años?

Xoán Xosé Pita:

Nós somos unha forza de esquerdas onde para nós é fundamental o tema de impostos para reinvestilos en servizos públicos. Polo que sempre que falamos deste tema tratamos de enfocalo na mellora dos servizos públicos e ningunha outra finalidade oculta. Para nós, sen embargo, non se trata de incrementar a presión fiscal sobre os cidadáns, senón que estamos convencidos que existen outras maneiras para acadar fondos para a tesorería do concello, como o pago do IBI e o do IAE por parte do Ministerio de Defensa. Nós estaríamos dispostos a investir diñeiro na elaboración dun proxecto integral de cidade, consensuados con todas as forzas políticas e as forzas sociais da cidade. O noso interese non é de facer ningún investimento sobre espazos que realmente non o necesiten. Aínda que hai espazos como o Cantón onde habería moito interese por parte do BNG para realizar investimentos, un espazo onde non se ten realizado ningún investimento nos últimos anos. Moita xente di que temos moita teima co asunto da muralla, mais o que os cidadáns de Ferrol teñen que pensar e como integrar o importantísimo patrimonio histórico-arquitectónico militar que existe detrás desa muralla e o impulso que recibiría o centro da cidade coa súa integración urbana.

4 Anónimo 08/07/2015 17:26

Quero preguntar que plan ten o BNG para mellorar as instalacións deportivas da cidade, e cal sera o proceso das listas de espera. Grazas

Xoán Xosé Pita:

O plan do BNG é retomar e mellorar as relacions con todos os clubes e sociedades deportivas da cidade, actualmente moi deterioridadas por culpas das políticas levadas a cabo polo concello. Queremos dotar a Ferrol con unha nova piscina municipal (non unha "pileta", senón unha piscina en toda a súa regla) para cubrir a demanda existente e acabar con estas longas listas de espera coas que nos atopamos agora.

5 Anónimo 08/07/2015 17:26

Sobre o tema do centro comercial no Sánches Aguilera (supostamente un Corte Inglés). Realmente cres que é tan perxudicial para o pequeno comercio da cidade? Non é mellor crear novos postos de traballo e evitar que moita xente siga indo á Coruña de compras?

Xoán Xosé Pita:

Desde logo a política do BNG con respecto ao comercio é defender o pequeno e mediano comercio, o chamado comercio tradicional. Estamos en contra das grandes áreas comerciais porque levan consigo, aínda que aparentemente creen emprego, a desaparición de moitos postos de traballo en todos os eidos: no comercio menor, os pequenos proveedores, os pequenos fabricantes e, polo tanto, o que realmente fan é destruír toda esta rede de intercambio comercia para importar man de obra foránea. É, como resultado final, os ingresos que acadan non se invisten na propia comarca, senón noutros territorios. Concretamente, no Sánchez Aguilera, estuvo previsto reservar máis de 30.000 metros cuadrados para usos da Universidade de A Coruña, Campus de Ferrol, iniciativa levada a cabo polo BNG. No seu lugar, agora se pensa, polo actual goberno municipal, co apoio de EU, reservar 25 mil metros cuadrados para usos comerciais.

6 Anónimo 08/07/2015 17:26

Cree que todos los candidatos son dignos de representar a los ferrolanos.

Xoán Xosé Pita:

Si

7 Anónimo 08/07/2015 17:26

Entendo que o BNG no é o responsable dos cambios no proxecto da Praza de España doutros gobernos, pero non cre que foi un erro comezar as obras sen ter realmente un proxecto completo de incio a fin e cuns prazos e uns custos establecidos dende un principio?

Xoán Xosé Pita:

Cando nós estabamos no goberno municipal existía un anteaproxecto que acompañaba a construcción dun parking subterráneo para darlle unha nova configuración á praza de España, distinta do deseño actual que vemos a día de hoxe. O anteproxecto non se converteu en proxecto polo cambio de goberno, a nova coalición PP - IF, en vez de utilizar o anteproxecto xa existente, decidiu cambiar a un novo proxecto. Alén diso, o novo proxecto que presentaron incluía un edificio de 25 metros de altura e 5.000 metros cuadrados de superficie.

8 Anónimo 08/07/2015 17:26

No tiene ninguna red social, ¿porque?

Xoán Xosé Pita:

Si, teño unha conta de facebook, e, desde hoxe mesmo, comecei a utilizar o twitter.

9 Anónimo 08/07/2015 17:28

¿Que planes tiene Vd. pensado a corto plazo para Cobas?

Xoán Xosé Pita:

Por suposto, levar a cabo a rede de saneamento e dotar dos servizos necesarios para poder ser equiparabeis a calqueira barrio da zona urbana. Ademais, seguir loitando para rematar dunha vez por todas, a concentración parcelaria, que xa parece unha coña...

10 Anónimo 08/07/2015 17:26

No cree que sería bueno renovar todas las listas cada 8 años, tal y como ya empiezan a hacer cargos de máxima responsabilidad política para regenerar la vida democrática y evitar la corrupción que todos ustedes generan?

Xoán Xosé Pita:

Eu estou dacordo na primeira parte, de que se renoven as listas cada 8 anos. Agora, estou totalmente en desacordo coa segunda parte da túa pregunta. Non creo que a existencia da corrupción estea directamente determinada polo número de anos que se actúe dentro dun organismo político. E, por suposto, creo na integridade da maioría da clase política na defensa das súas ideoloxías.

11 Anónimo 08/07/2015 17:26

Por que se dedica vostede a atacar a Psoe e Esquerda Unida, e non ataca ó Partido Popular?

Xoán Xosé Pita:

O primeiro, eu creo que non "ataco" a ninguén. Nós cremos ser a única alternativa real de "esquerdas" que existe a día de hoxe no panorama político da cidade de Ferrol, e os únicos que, definitivamente, actuamos con coherencia en todas as instancias, xa sexa en Ferrol, en Santiago ou Madrid.

12 Anónimo 08/07/2015 17:28

O BNG criticou a instalación da pantalla xigante para ver o mundial de futbol. A medida foi acollida cunha gran resposta da cidadanía, máis de 10.000 persoas seguían os partidos. Hai moitos anos que non se vía tanta xente nas rúas. Segue pensado que non foi correcta dita instalación?

Xoán Xosé Pita:

Rotundamente si, sigo pensando que non foi correcta.

13 Anónimo 08/07/2015 17:28

Sr. Juan José, permitirá su partido que en Ferrol se respete la voluntad del pueblo y gobierne la lista más votada como en las democracias más consolidadas.

Xoán Xosé Pita:

O meu partido respeta a vontade da cidadanía. A miña pregunta sería, cales son esas democracias máis consolidadas das que fai referencia?

14 Anónimo 08/07/2015 17:28

Cuando va mirar algo por su pueblo natal y no dejar que todo discurra para Doniños

Xoán Xosé Pita:

Pois cando a cidadanía me de o apoio suficientemente para ter esa responsabilidade de poder decidir.

15 Anónimo 08/07/2015 17:28

cais considera que son os tres problemas máis graves que ten que encarar e solucionar ferrol?

Xoán Xosé Pita:

Os problemas máis graves de Ferrol son a falta de emprego, a falta de saneamento da ría, a relación institucional-fiscal do concello co Ministerio de Defensa e a falta de apoio ao comercio tradicional.

16 Anónimo 08/07/2015 17:28

Son un estudante que vou todos os días a universidade a coruña e gustaríame poder ir en tren como os meus compañeiros de Santiago, que pensan facer respecto a esto?

Xoán Xosé Pita:

O BNG xa conseguiu no Parlamento español preto de 34 millóns de euros para a modernización da liña Ferrol-A Coruña. A día de hoxe non se ten investido nin un só euro dese diñeiro, xa orzamentados nos Presupostos Xerais do Estado, sen que o goberno local teña realizado nin unha soa actuación nin requerimento ao Ministerio de Fomento (a pesar da última visita do seu máximo responsábel) para realizar eses investimentos. Ese investimento podería reducir a duración do traxecto e deixalo en 35 ou 40 minutos, modernizando a actual vía, as máquinas e realizando un by-pass en Betanzos Infesta.

17 Anónimo 08/07/2015 17:26

O de crear unha piscina municipal é unha proposta que ten máis dun partido político nesta cidade. Onde a craría o BNG? No subsolo da Praza de España, en Sartaña, noutro terreo...?

Xoán Xosé Pita:

Desde logo que non na Praza de España nin Sartaña. Un bo lugar sería na nova zona do Bertón.

18 Anónimo 08/07/2015 17:26

¿Le gusta, o le gustó la caza?, ¿Como ve la naturaleza?

Xoán Xosé Pita:

Gustoume a caza e son un gran defensor da natureza.

19 Anónimo 08/07/2015 17:26

Sobre a cronstución de barcos civís en Navantia Fene, é unha das poucas cousas nas que coinciden todos os grupos polítocos municipais. Se ata o de agora ninguén conseguiu nada con gobernos centrais de distintas cores, por que cre o BNG que pode conseguilo? Realmente é unha decisión que depende do goberno central e da UE

Xoán Xosé Pita:

Agora, nas eleccións, parece que "todos coincidimos". Pero se me falas do que pasa cando non hai eleccións, o único partido político que ten defendido, defende e defenderá a construcción naval civil en Navantia e o levantamento do veto é o BNG, votando con coherencia no concello, no parlamento galego e no parlamento español.

20 Anónimo 08/07/2015 17:26

Esta comarca non levanta cabeza por un veto político sobre a construción naval, a veces exasperante para os que estamos en contra del. Como pensan presionar ao PSOE para que o levante dunha vez?

Xoán Xosé Pita:

Hai que facer ver ao PSOE que Ferrol ten que recuperar o seu carácter industrial, e iso leva aparellado a defensa dos sectores produtivos a través da recuperación da construcción naval civil, e o levantamento do veto.

21 Anónimo 08/07/2015 17:26

como piensa bajar el paro en ferrol

Xoán Xosé Pita:

Creo que xa respondín na anterior pregunta. Recuperar o carácter industrial da cidade, impulsando a construcción naval civil, derrogando o decreto do carbón, saneando a ría e recuperándoa como fonte de riqueza, dotando de infraestructuras ferroviarias á cidade e á comarca, axeitadas ás súas necesidades, e logo despois, seguir defendendo e apoiando ao pequeno comercio.

22 Anónimo 08/07/2015 17:28

QUE NOS GARANTIZA QUE SUS VOTOS NO VAN A SERVIR PARA QUE CONTINUE GOBERNANDO EL PSOE

Xoán Xosé Pita:

Nós levamos un programa de goberno; a nosa intención é gobernar; e se non acadamos suficientes votos para iso, a nosa principal preocupación será entón como levar a cabo a maior parte das nosas propostas de goberno coa configuración que se de na corporación municipal.

23 Anónimo 08/07/2015 17:28

Sexa políticamente sincero ¿cre vostede que ten opcions de gañar?

Xoán Xosé Pita:

Por suposto.

24 Anónimo 08/07/2015 17:28

cando chegara algun diñeiro os veciños,de san felipe si e que algun dia chega .Xa que nonsei se somos veciños de ferrol ou de que concello somos, vai dar unha volta que te comen as silvas, un desastre,.

Xoán Xosé Pita:

Unha das nosas máis grandes preocupacións é dotar á zona rural das infraestructuras imprescindíbeis para o seu desenvolvemento económico e residencial, así como completar a rede de saneamento, as infraestructuras tecnolóxicas, así como dunhas conexións de transporte público coa calidade e frecuencias que a unidade de concello require.

25 Xoán Xosé Pita 08/07/2015 17:28

Foi un pracer falar con todas-os vós. Gustaríanos ter máis tempo para responder a todas as vosas preguntas, mais invitámosvos a que visitedes a páxina web do BNG, na sección de Ferrol, onde podedes descargar todo o programa electoral, con todas as nosas propostas, centradas no emprego, na nova relación institucional-fiscal con Defensa, o saneamento da ría e a mellora das infraestructuras ferroviarias. Moitas grazas a todos e sabede que en Ferrol hai futuro, ADIANTE CO BNG.