Open uri20150703 3 j32rv1?1435924657

El regidor nacionalista de Carballo aspira a la
reelección el 22-M

1 Anónimo 08/07/2015 15:30

Vostede presume de que o concello paga pronto ós proveedores, pero non é certo. Coñeco moitos empresarios que non dan cobrado obras encargadas polo Concello, como me pasa a min. ¿Parécelle correcto encargar traballos e non pagalos en meses? Non se da conta de que nós temos que pagar os salarios e adiantar o IVA, e como o concello tarda en pagar estamos coa auga no pescozo? Por favor, basta xa de tanto presumir e paguen o que deben.

2 Anónimo 08/07/2015 15:30

PACTARÁS SE NON TEDES MAIORÍA? Se así o fas ,será a derradeira vez que voto BNG.Con nove ou dez xa chega,aínda que estou seguro de que vai haber maioría.

3 Anónimo 08/07/2015 15:30

Sr alcalde, non lle vou negar as melloras no casco urbano; pero, aparte do saneamento e os centros sociais, ¿non pensa que queda moito por facer nas parroquias?

4 Anónimo 08/07/2015 15:30

Inicio del encuentro

Evencio Ferrero:

Bos días, falar de Carballo e dos seus proxectos de futuro é sempre motivo de agrado polo que procurarei dar resposta ao maior número de preguntas. Por cuestións de limitación de tempo serame imposible que todas elas reciban contestación pero confío en poder abordar os grandes temas que preocupan aos carballeses e agradezo o alto interese deste chat.

5 Anónimo 08/07/2015 15:30

A non ser os días de feira ou polas festas, como en calquera sitio, non vexo que haxa tanto problema para aparcar en Carballo como din, a non ser que queiras aparcar mesmo diante da porta. ¿É tan necesario agora gastar os cartos nun aparcamento subterraneo na praza?

Evencio Ferrero:

Durante o actual mandato incrementamos en máis de 1500 prazas o aparcamento de balde en zona céntrica (detrás da antiga estación de autobuses). Os avances urbanos determinarán si no futuro é preciso ese aparcamento soterrado de pago que só se construirá no caso de existir empresas interesadas na súa xestión e sin investimento público para a súa construcción.

6 Anónimo 08/07/2015 15:30

A Xunta bipartita no deixou nada en Carballo e ZP dous edificios: o gaiás-forum e o arranxo do mercado. Agora marcharon e temos un goberno do PP ¿Non sería millor que aquí gobernara o PP de Sueiro?

Evencio Ferrero:

A anterior Xunta de Galicia executou a ampliación do polígono industrial que significou o maior investimento da historia do noso concello con 35 millóns de euros. Tamén puxo en marcha novas rede de saneamento e depuradoras en Razo (2 millóns), Rebordelos (2,7) e Ardaña con 2,8 millóns en investimento. Ademais diso teremos que engadir o centro de día ou colaboracións para a Casa dos Oficios para resaltar os máis cuantiosos. Seguiremos a traballar para que Carballo sexa merecedor de atención e mesmo sería necesario un pacto de Vilardefrancos para que todos reivindiquemos novas melloras.

7 Anónimo 08/07/2015 15:30

Primeiro moitas gracias polo carril bici da avenida de Malpica, todos os veciños estamos encantados. Segundo ¿Podería vostede explicarme se a rotonda da gasolinera de mingacho na mesma avenida ten algunha función ademáis de dar servizo a citata gasolinera?

Evencio Ferrero:

A travesía de Malpica era unha vella demanda dos veciños da zona. A entrada de Carballo dignificouse de xeito importante e a rotonda á que fai referencia está deseñada para recoller as conexións que o novo viario ten previsto no planeamento

8 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿ Para cuando los estudiantes podremos utilizar la nueva Biblioteca?

Evencio Ferrero:

A nova biblioteca está en proceso de contratación e agardamos que este mesmo verán inicien as súas obras. Estará financiada na súa totalidade polo Ministerio de Cultura polo que penso que se da solución a unha vella demanda de Carballo sin que teña costes económicos para o concello

9 Anónimo 08/07/2015 15:30

Señor Evencio non cree que debia ser mais agradecido co señor Andrade. Pois si vostede chegou a ser alcalde foi gracias o seu apoio

Evencio Ferrero:

manteño unhas boas relacións con todos os membros da corporación procurando que en Carballo se debata en términos políticos sen entrar en descualificacións personais. Politicamente é evidente que me sinto tremendamente distante do Sr. Andrade como seguro que tamén se sinte así el con respesto ao proxecto do BNG

10 Anónimo 08/07/2015 15:30

Si revalida a alcaldía que políticas realizará para promocionar o polígono industrial de Bertoa?

Evencio Ferrero:

Foi importante dispoñer de novas plataformas que permitan dar novo impulso a Carballo e sen dúbida o polígono industrial será elemento dinamizador da economía local tan necesitada de estímulos. O empresariado carballés coñece que desde o goberno puxemos en marcha medidas de apoio e impulso que terán que ser reforzada no ´próximo mandato no que o emprego e o apoio empresarial serán eixos prioritarios na acción de goberno.

11 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿Cual considera usted que es el mayor acierto de este mandato?, ¿que mejoraría?

Evencio Ferrero:

O propio polígono, as obras do Forum para as que conseguimos por vez primeira financiación de fondos FEDER, a reforma do mercado e a transformación urbana, tamén a rede de locais sociais e a importante ampliación dos saneamentos no rural. Se tivese que escoller unha decisión sen dúbida volvería a referirme a que ASPABER realice a limpeza das rúas.

12 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿Los que buscamos el primer empleo cuando tendremos la posibilidade de formarnos en el Forum?

Evencio Ferrero:

O Forum Carballo é o maior exemplo do compromiso municipal coa formación e o emprego. As obras están a piques de rematar polo que este mesmo ano programaremos actividade de formación en ese espacio que agardamos sirva ademais para dinamizar o barrio da Milagrosa.

13 Anónimo 08/07/2015 15:30

Sr alcalde, polo que sae na prensa as contas de case tódolo concellos están bastante mal polo tema da crise. ¿É o caso tamén do Concello de Carballo, como di o PP?

Evencio Ferrero:

A crise afecta a todas as administración de todos xeitos a situación económica do concello está reflectida nos seguintes datos: O resultado presupostario de 2010 foi positivo en 2.199.465 euros e a tesourería a 31 de decembro pasado chegaba até os 5.132.735.

14 Anónimo 08/07/2015 15:30

Sueiro xa dixo que non ía pactar con Andrade, e que goberne o máis votado, ¿comprométese vostede ao mesmo, a non pactar con Andrade e deixar que goberne o PP se é o máis votado?

Evencio Ferrero:

Nas pasadas municipais o BNG obtivo 7500 votos e o PP 4500, tres mil votos de diferencia. Traballaremos para mellorar eses resultados porque Carballo precisa un goberno forte e estable como xa temos demostrado. Alá cada quen coas súas fantasías pero vostede sabe que un pacto co Sr. Andrade é imposible na actualidade pero sí me parece creíble que os Sres. Andrade e Sueiro se entender de darse as circunstancias

15 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿Ha sido el presupuesto destinado a inversiones tan bajo como dice la oposición?. Una tiene la sensación contraria viendo lo realizado en estos cuatro años. ¿Que tiene que decir sobre esto?.

Evencio Ferrero:

Terei que recurrir novamente aos números e cada quen que tire consecuencias. Os investimentos nos últimos catro anos do Sr. Varela totalizaron 8.063.772,91 os investimentos no último ano chegaron aos 9.695.274.52 e si sumamos os datos desde o 2007 serían 25.550.617,91

16 Anónimo 08/07/2015 15:30

Candidato Evencio tantos anos criticando a Varela polo seu sueldazo e agora nada lle escoitamos sobre as nove dedicacions deste goberno.

Evencio Ferrero:

Carballo non se pode gobernar a base de tempos mortos. É preciso un compromiso con Carballo e os salarios sempre os fixemos públicos. a miña declaración de renda figura íntegra na páxina web do concello. Na miña nómina figuran como ingresos 2042.27 euros mensuais. Ningún outro concelleiro do BNG con adicación chega aos 2000 euros. En Carballo temos seis adicacións exclusivas e de ser certos os datos que un medio de comunicación publicou en 2007 somos o concello que menos diñeiro adica en ese concepto 6.78 euros, moi inferior aos outros concellos da comarca.

17 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿Considera vostede que a Xunta pretende chantaxear á xente de Carballo negándolle a escola infantil, o obradoiro de emprego e retrasando cuestións como o polígono de Bértoa ou o centro de día?

Evencio Ferrero:

Nós sempre manteremos o principio de lealdade institucional porque gobernamos para todos os carballeses. Espero que a Xunta de Galicia corrixa comportamentos que o único que provocan é perxudicar aos nosos veciños. De todos xeitos a xestión municipal permitiu que se iniciasen as obras da escola infantil porque conseguimos financiación da deputación.

18 Anónimo 08/07/2015 15:30

Sr Evencio, polo meu traballo móvome moito pola comarca e todos me comentan o moi que cambiou Carballo para ben. ¿Cales son agora os principais proxectos de futuro?

Evencio Ferrero:

Os principais obxectivos serán o emprego coa posta en marcha do polígono, a dinamización do Forum, os plans de apoio ás empresas e o Centro de Promoción Económica. Tamén debemos avanzar na transformación urbana coa contorna do mercado, o novo parque do muíño da pintura e inmediacións de centro comercial Haley ou o bosque animado. como o noso concello son 18 parroquias procuraremos continuar con saneamentos no rural, mellorar os adros das igrexas e ampliando a rede de locais sociais. A escola infantil e a nova biblioteca sérán novos edificios que se porán en servizo

19 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿Considera que puede llegar a la mayoría en estas elecciones? Al desmarcarse el PSOE de un posible pacto de gobierno, ¿es el BNG la única alternativa a la derecha en Carballo?

Evencio Ferrero:

O BNG preséntase a este novo proceso electoral procurando representar a todos os carballeses e co compromiso de gobernar para todos. Somos unha alterntiva que aspira a seguir avanzando para dar resposta ás demandas dos veciños e veciñas.

20 Anónimo 08/07/2015 15:30

Cuantas dedicaciones exclusivas nombrara si sale reelegido alcalde?

Evencio Ferrero:

Reitero que Carballo non se pode gobernar a base de tempos mortos. Hai que ter un compromiso con Carballo porque un concello con máis de 22 millóns de euros de orzamentos precisa de personas que estén dispostas a traballar por Carballo pero non podo precisar o número de adicacións porque, como é lóxico, dependerá da composición do goberno.

21 Anónimo 08/07/2015 15:30

Sr. Evencio: ¿ En que se quedó el carril-bici de Carballo-Razo ?

Evencio Ferrero:

En unha primeira fase feita e agardemos que se poida dar continuidade para dar resposta a unha necesidade para moverse en ese medio que temos que potenciar

22 Anónimo 08/07/2015 15:30

que tienes pensado para promocionar el comercio del pueblo, que es el motor economico de carballo

Evencio Ferrero:

Xa demos algunha mostra para dinamizar o comercio de Carballo e penso que o propio edificio do mercado municipal tamén servirá como locomotora en esa dinamización. As últimas actividades realizadas na praza do concello tamén permitiron disfrutar dun comercio vivo e dinámico

23 Anónimo 08/07/2015 15:32

Eu creo que ninguén dubida de que Carballo mellorou moito nos últimos 8 anos, pero, ¿en que centrará os seus esforzos na próxima lexislatura para seguir mellorando aínda máis?

Evencio Ferrero:

Eu tamén comparto esa percepción nos esforzos do próximo mandato entendo que están contestados anteriormente

24 Anónimo 08/07/2015 15:30

Levamos os veciños da avenida das Flores agardando meses e inclusive anos a que dunha vez se adecente a nosa rúa. Despois de ler que xa estaba todo aprobado e as máquinas comezarían a final de ano pasado a traballar así seguimos como sempre. Sr Ferrero teremos que agardar para as eleccións do 2015? Para cando podemos ter os mesmos servizos que o resto de Carballo? Grazas

Evencio Ferrero:

A avenida das Flores é unha vía da deputación provincial. Ese organismo ten contratada a primeira fase á empresa Oviga e desde o concello demandamos unhas melloras para que a obra tivese a calidade final que merece ese barrio. Na actualidade estamos a facer xestións para que a Deputación contrate a segunda fase que chega a áltura da escola unitaria de Sísamo

25 Anónimo 08/07/2015 15:30

¿Qué vai facer para fomentar o empleo en Carballo?

Evencio Ferrero:

Impulsar o Forum como a grande plataforma para optimizar os servizos de emprego do concello de Carballo porque dispoñemos dun centro de formación con alta cualificación profesional para obter os mellores rendementos.

26 Anónimo 08/07/2015 15:30

Por favor, sexa claro: Se on obtén maioría absoluta, descarta vostede absolutamente e en todo caso o pacto postelectoral con Terra Galega, SÍ ou NON? (por favor, no se escaquee da pregunta, que é ben fácil de respostar)

Evencio Ferrero:

Si se descarta absolutamente

27 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Que opina vostede do centro de emprego que promete Andrade??

Evencio Ferrero:

Traballamos para que o BNG teña responsabilidades de goberno e serán os cidadáns o papel que teñan que desenvolver os diferentes grupos. Si o Sr. andrade presenta desde a oposición alternativas o goberno valorará si se corresponden co interese xeral dos carballeses.

28 Anónimo 08/07/2015 15:32

Penso que non foi un bo alcalde para Carballo ¿está satisfeito do seu traballo ou pensa que podería ter feito moito máis?

Evencio Ferrero:

Sempre se podería ter feito algo máis de todos xeitos serán os electores quen valoren o traballo de cada quen

29 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿ Cual es su valoración de la rehabilitación del Mercado municipal?

Evencio Ferrero:

Convertimos o mercado nun edificio moderno con capacidade para dar valor ao propio edifico e ao entorno do xardín. conseguimos que o Ministerio de Vivenda financiara a obra co que estamos altamente satisfeitos co resultado.

30 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Cómo cree que está respondiendo la Xunta desde el cambio de gobierno? Polígono parado, escula infantil negada, centro de día cerrado.

Evencio Ferrero:

Penso que está contestada esta pregunta pero reitero que o concello de Carballo terá sempre un comportamento de lealde con todas as administracións agardamos que os demais manteñan esa lealdade con Carballo, de non ser así todos os grupos deberían acordar un pacto que nós denominamos de Vilar de Francos para que os interses de Carballo prevalezan sobre outros posibles intereses

31 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Educación y sanidad le preocupan algo? Si la respuesta es sí, conteste también la segunda pregunta: ¿Por qué no ha sido capaz de solucionar ninguno de los graves problemas que tenemos en esas materias?

Evencio Ferrero:

Temos demostrado que o goberno municipal ten considerado a educación pública como unha prioridade. Asumimos multitude de obras que non serían de competencia municipal. Colaboramos coa Xunta na busca de solucións pero os graves problemas de educación e sanidade son de responsabilidade de outras administracións e non precisamente do concello de Carballo

32 Anónimo 08/07/2015 15:32

Teño clarísimo que eres o mellor con moita diferencia.Pero como volvas sacar entre nove e dez,e pactes con alguén,eu non te voto nunca máis.Espero que haxa maioría absoluta para que non caias nese pozo.Aínda que tamén recoñezo que ,en realidade,gobernou o BNGsó,xa que ao PSOE non se lle viu...Pactarás...

Evencio Ferrero:

Nós traballamos para ter os mellores resultados posibles e por suposto que a maioría absoluta daría resposta a esa necesidade de contar con un goberno forte e estable que tanto precisa Carballo.

33 Anónimo 08/07/2015 15:32

Do Regulamento de Participación Cidadán, que incluía a elección democrática dos alcaldes de barrio, moita leria pero nunca máis se soubo. ¿Por qué incumpliron vostedes esa promesa?

Evencio Ferrero:

Suprimimos a figura dos alcaldes de barrio porque en unha democracia os representantes tiñan que ser escollidos polos veciños e non polo alcalde. Incumplimos en parte esa promesa pola dificultade en poñer en marcha todo o procedemento pero a xestión dos centros sociais das parroquias é un magnífico exemplo de participación democrática de todo o movemento asociativo de cada lugar

34 Anónimo 08/07/2015 15:32

Cuales son las posibilidades de gobierno después del 22 de mayo

Evencio Ferrero:

Se ninguén ten maioría absoluta é creíble que o Sr. Andrade o Sr. Sueiro se entendan porque tamén é creíble que o BNG e o PSOE temos demostrado a nosa capacidade de entendemento. Gobernar en minoría penso que sería unha mala solución para Carballo

35 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Cuando terminará la construcción de la nueva guardería municipal y entrará en funcionamiento?

Evencio Ferrero:

As obras están avanzadas e estase traballando para que esté funcionando o vindeiro curso.

36 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿Cuando se tiene previsto que los empresarios podamos iniciar nuestros proyectos empresariales en el polígono industrial de Bertoa?

Evencio Ferrero:

Xestur retrasou varios meses o seu informe sobre as alegacións de unha empresa. Desde o concello estamos a axilizar o plan sectorial para que de inmediato podamos dar licencias de construcción.

37 Anónimo 08/07/2015 15:32

Bos días Sr. Ferrero. Son nai dunha nena autista, gustaríame saber si dentro do seu programa se contempla esta problemática, a discapacidade sobre todo en nenos, e qué servicios propón para ofrecerlle unha mellor calidade de Vida.Grazas.

Evencio Ferrero:

O goberno municipal ten demostrado sensibilidade con todas as personas en especial cos máis necesitados seguiremos mellorando Carballo para facelo un bo lugar para vivir para todos.

38 Anónimo 08/07/2015 15:32

Se non lle chegaran os votos para pactar co PSOE, pero con TEGA si, ¿ pactaría vostede con Andrade como xa fixo anteriormente?

Evencio Ferrero:

Xa contestei con rotundidade a preguntas anteriores NON sería posible un pacto co Sr. Andrade

39 Anónimo 08/07/2015 15:32

¿ Que opinión lle merece a presentación nas listas municipais de candidatos imputados por irregularidades na xestión dos seus concellos ? ¿ Cres que os políticos son demasiado condescendientes con estos comportamentos ?

Evencio Ferrero:

A candidatura do bng de Carballo foi aprobada por unanimidade da militancia e está preparada para dar resposta ás demandas dos veciños. Todos temos demostrado a nosa honestidade non me corresponde a min valorar outras candidaturas porque serán os electores quen o fagan e espero que teñan presente que é necesario dignificar a representación municipal.

40 Anónimo 08/07/2015 15:32

Buen trabajo alcalde ¿eres tú muy bueno o el resto de los alcaldes de la comarca son tan malos?

Evencio Ferrero:

Sempre procuramos o mellor para Carballo

41 Anónimo 08/07/2015 15:32

Además de los cambios que Carballo sufrió gracias a la iniciativa privada y la bonanza propia de los tiempos ¿puede usted decirnos si hizo algo más que el parque de hormigón no rego da balsa, las rotondas, las aceras del "derroche Ñ", varias rotondas y el arreglo del mercado de abastos?¿Eso es humanizar? ¿Cree que con eso sienten los caballeses que Carballo mejoró ?

Evencio Ferrero:

Penso que a pregunta está contestada pero non estaría de máis que se coñecesen as moitas melloras que viviu o noso concello nestes anos

42 Evencio Ferrero 08/07/2015 15:32

Foi un pracer dar resposta ás preguntas e lamento non dispoñer de máis tempo para completar o cuestionario.