Open uri20150704 3 1i55au7?1436043603

El ex director xeral para o deporte de la Xunta
vuelve a la política viguesa -fue concejal entre 1999 y
2003- para intentar devolver al BNG una alcaldía que
perdió hace cuatro años.

1 Santiago Domínguez 13/07/2015 13:56

Boas tardes a tod@s! Xa estou aquí, disposto a respostar as vosas preguntas. Agardo que as miñas respostas satisfagan as vosas inquietudes. Cando queirades comenzamos...

2 Anónimo 13/07/2015 13:56

no piensa que en campaña se promete mucho que luego no se puede cumplir cuando uno se ve en el poder? usted como afrontara el no cumplir todo lo que esta prometiendo ahora?

3 Anónimo 13/07/2015 13:56

no piensa que en campaña se promete mucho que luego no se puede cumplir cuando uno se ve en el poder? usted como afrontara el no cumplir todo lo que esta prometiendo ahora?

4 Anónimo 13/07/2015 13:56

con que si e con que non pactaria para ter o poder?

Santiago Domínguez:

Pactarei sempre con Vigo. O poder é algo que ten que servir para poñer ao servizo da cidadanía e polo tanto nunca sería alcalde a calquera prezo. A cidadanía é a que ten que dicicir que maioría de goberno quere para esta cidade e eu sempre acatarei o seu veredicto. Gostaríame recuperar un goberno nacionalista, progresista e de esquerda para esta cidade e sei que iso será posible conmigo a cabeza, xa que os que me coñecen saben que conmigo é moi fácil entenderse.

5 Anónimo 13/07/2015 13:56

digame 4 cousas malas que fixo o alcalde actual?

Santiago Domínguez:

Diría unha sola, que é fundamental, a ausencia total de proxectos novos para esta cidade.

6 Anónimo 13/07/2015 13:56

Será Teis algún dia un barrio al mismo nivel que cualquier otro de Vigo?

Santiago Domínguez:

Coñezo moi ben a realidade de Teis, barrio no que traballei durante 16 anos, e é certo que a xenerosidade e o sacrificio que Teis ten aportado á cidade de Vigo non foi nunca debidamente recompensado. Xa dixen publicamente nesta campaña que esta lexislatura ten que ser a lexislatura dos barrios e parroquias, pero ten que ser sen lugar a dúbidas a lexislatura na que transformemos Teis. Ese vai ser o meu claro compromiso se son alcalde.

7 Anónimo 13/07/2015 13:56

vostede que chegou á dirección xeral para o deporte ó seu fin, canto nos costou ós galegos a volvo ocean race?

Santiago Domínguez:

Aos galegos a Volvo non nos costou, xa que os gastos foron na seu meirande parte asumidas polas millonarias esponsorizacións. Agora ben, o grave erro do anterior goberno do Partido Popular foi utilizar eses ingresos para a parafernalia, a propaganda, sen deixar detrás de si ningunha infraestrutura cara ao mundo dos deportes de mar. Foi unha oportunidade perdida.

8 Anónimo 13/07/2015 13:56

Valoración respecto da Folga Desproporcionada dos traballadores do naval (que non metal)

Santiago Domínguez:

O primeiro que teño que dicir é que me alegro que finalmente se chegara a un acordo. Sempre defenderei os dereitos d@s traballador@s e máis nun caso coma esta no que unicamente se estaba a reivindicar o cumplimento duns acordos xa anteriormente asinados. Outra cuestión diferente son os actos violentos, cos que nunca estarei dacordo.

9 Anónimo 13/07/2015 13:56

Os opositores estudamos todo o ano, vai abrir algunha biblioteca en horario nocturno todo o ano?

Santiago Domínguez:

Por suposto que si. Foi na miña etapa de concelleiro de Mocidade cando iniciamos a ampliación de horario das bibliotecas. No noso programa incluimos poñer en marcha salas de estudo no centro e nas parroquias para os estudantes, que cunha pequena infraestrutura e pouco persoal poderían estar abertas as 24 horas do día.

10 Anónimo 13/07/2015 13:56

esplicalle a corina o que eh a revolucion, que anda un pouco confundida

Santiago Domínguez:

A revolución que nós propugnamos é unha revolución tranquila, das cousas pequenas, esas cousas que afectan ao día a día dos nosos veciños e veciñas e que ben atendidas lles fan máis felices. É lógixo que Corina Porro non entenda a palabra revolución porque foma parte dunha formación política que segue anquilosada no pasado e que non en a máis mínima visión de futuro.

11 Anónimo 13/07/2015 13:56

Porqué descarta vostede con tanta rotundidade un hipotético pacto BNG-PP si no máis trascendental documento, o que define o futuro modelo de cidade, como foi o PXOM, os seus partidos, teóricamente antagónicos, mostráronse dacordo?

Santiago Domínguez:

Aclarar primeiro que non houbo ningún pacto BNG-PP en canto ao PXOM. O BNG puxo en marcha ese documento e non foi só o PP, senón todas as forzas políticas as que nun principio consensuaron a súa aprobación. Non pactaremos nunca coa dereita para un goberno municipal e menos cunha dereita como a que representa o señor Rajoy, o señor Acebes e o señor Zaplana.

12 Anónimo 13/07/2015 13:56

Os medios publicitarios da súa campaña viguesa son impresionantes (carpas xigantes, webs, videoxogos, globo etc). Podería decirme exactamente cantos euros invirten nesta campaña?

Santiago Domínguez:

Nin moito menos tantos como os que están investindo o Partido Popular e o PSOE. Os nosos gastos en campaña son aportados pola cuota extra que teñen que pagar os nos@s militantes que ascende a 90 euros. Se vostede multiplica esa cifra por uns 600 militantes máis ou menos, pois xa ten vostede a cifra. O que ocurre é que a falta de medios económicos no BNG a sumplimos con imaxinación, creatividade e boa xestión.

13 Anónimo 13/07/2015 13:56

Quero votarlle pero necesito que me responda a esta pregunta sendo claro, por favor: vostedes gobernarían co PSOE pero os plans para a ría de ambos son incompatibles, entón ¿até que punto cederían neste tema coa finalidade de manter a alianza co PSOE?

Santiago Domínguez:

Estou convencido de que é posible chegar a un acordo sobre o tratamento futuro da nosa ría. O BNG e o PSOE xa gobernaron nesta cidade, durante catro anos, cun goberno presidido por un nacionalista e estivemos dacordo na paralización do recheo do Areal. Que lle quede moi claro que cando digo nin un centímetro máis de recheo na ría é un compromiso persoal e ineludíbel para min.

14 Anónimo 13/07/2015 13:56

É vostede católico practicante? cal é a súa postura respecto ó apoio institucional á igrexa católica?

Santiago Domínguez:

Como ben di son católico e practicamente, pero tamén teño claro que vivimos nunha sociedade absolutamente secularizada e laica. Penso que a igresa católica ten que camiñar dunha vez por todas cara ao seu autofinanciamento a través dos seus propios membros e nunca polo achegamento de subvencións das institucións.

15 Anónimo 13/07/2015 13:56

Hola Santi! Son un votante do "bipartito" na última lexislatura. Sentínme estafado cando o BNG e o PSOE lle regalaron a alcaldía a Porro. ¿Teño garantías de que esto non se vai a repetir? Un saúdo.

Santiago Domínguez:

Se eu son alcalde tes todas as garantías de que formaremos un goberno estábel que durará toda a lexislatura igual que xa o fixemos cando tivemos nós a Alcaldía. Ademáis, sempre que se poña por riba os intereses de Vigo é moi fácil entenderse conmigo e creo, con toda a humildade, que teño demostrado a miña capacidade de liderar consensos.

16 Anónimo 13/07/2015 13:56

¿va a aplanar la ciudad de las cuestas?

Santiago Domínguez:

Quero ser un alcalde que goberne para a xente, pero de momento milagres aínda non podo facer. Agora ben, o non aplanar a cidade non significa que non podamos mellorar a súa accesibilidade e a mobilidade en xeral.

17 Anónimo 13/07/2015 13:56

eres de ourense?

Santiago Domínguez:

Non. Son o único candidato que naceu en Vigo, concretamente na rúa Couto Piñeiro.

18 Anónimo 13/07/2015 13:56

Como pensa combatir á corruzón na construzón?

Santiago Domínguez:

Coas armas que sempre utilizou o BNG: honestidade, honradez e traballo transparente.

19 Anónimo 13/07/2015 13:56

Hola, boas tardes, be vostede factible un pacto con Manoel Soto?

Santiago Domínguez:

A Manuel Soto hai tempo que a cidadanía lle manifestou que non quere que volte a gobernar esta cidade.

20 Anónimo 13/07/2015 13:56

Desde o 2000 que estou en Vigo xa pasaron 3 partidos e Tomás Alonso segue a ser terceiromundista e ninguén dí nada ¿que futuro lle agarda a esa zona?

Santiago Domínguez:

Nos tres últimos anos é certo que esta cidade sufríu un goberno que tivo absolutamente abandonada aos barrios e parroquias. Nós temos propostas claras e concretas para que isto non ocurra e para que os servizos básicos sexan atendidos como merecen os veciños e veciñas. Intítoche a que consultes o noso programa, onde atoparás medidas como as patrullas de mantemento vecinal, coidadores de barrio... que van facer realidade este desexo.

21 Anónimo 13/07/2015 13:56

Xa lle preguntei a Lores neste mesmo foro e pasou: que ten pactado o bng aceptando á Coruña como "sede" das autopistas do mar. Queda marxe para o remendo?

Santiago Domínguez:

En ningún organismo do BNG se ten aprobado a defensa única da Coruña como sede da Autopista do Mar. E aínda que así fora, como alcalde defenderei sempre que Vigo sexa unha desas sedes, porque ademais estou convencido de que nos corresponde.

22 Anónimo 13/07/2015 13:56

que opina del plan director de peinador?presionara para su ampliacion?

Santiago Domínguez:

En primeiro lugar temos que elaborar un novo plan director, xa que o actual quedou absolutamente desfasado, sobre todo nos prazos, que non se cumpliron. É fundamental que dentro da planificación desta cidade que nos demandados estea incluído tamén o futuro do noso aeroporto. Necesitamos terminais de carga, necesitamos a apertura as 24 horas e necesitamos unha política de atracción de novas liña para poñernos na órbita da modernidade e da competitividade.

23 Anónimo 13/07/2015 13:57

Cual será su compromiso con el medio ambiente? que hará para paliar la alta contaminación Viguesa? la depuradora se ampliará donde está actualmente? gracias.

Santiago Domínguez:

O medio natural é unha das nosas prioridades na futura acción de goberno. Un gobernante que se precie ten que saber prever os problemas antes de que acontezan. Por iso, é fundamental que toda a sociedade viguesa se conciencie do importante que é garantir a pervivencia de todos os nosos recursos naturais e de reducir a contaminación. No noso programa apostamos claramente por medidas como a transformación do transporte colectivo, a creación da rede "Vigo escola verde", a recuperación das nosas praias, a potenciación da nosa masa forestal.. En canto á depuradora, explicarlle que non se trata dunha ampliación, senon da construción dunha nova. O BNG apostará porque se garantan todas as medidas técnicas para evitar que se repitan os problemas que vén arrastrando a actual depuradora.

24 Anónimo 13/07/2015 13:57

Non cree que o BNG se está a institucionalizar demasiado? Por exemplo, no caso da abolición das asambleas, ou no caso no compañeiro de amigos de Israel. Un saúdo, e contas co meu apoio.

Santiago Domínguez:

Creo que non é un problema de institucionalización, senon de adaptarse aos novos tempos que tamén chegan ao BNG. Eu sempre defendín o carácter asambleario, pero nestes momentos con case 10.000 militantes en toda Galiza, organizativamente é bastante inviábel manter este carácter. Non vexo ningunha relación en canto á institucionalización co tema dese compañeiro.

25 Anónimo 13/07/2015 13:57

¿Síntese ás veces máis preto do PP, que do PSOE? ¿É primeiramente nacionalista, ou de esquerdas?

Santiago Domínguez:

Non me sinto máis cerca de ninguén. Síntome moi cerca do proxecto que defende o BNG. E primeiro son nacionalista.

26 Anónimo 13/07/2015 13:57

Penso que a movilidade é un dos principais problemas de Vigo. Agora a Xunta está a estudiar a posibilidade de construir un metro. Apoiaría e daría impulso a este medio de transporte? Vai no seu programa?

Santiago Domínguez:

Cremos que a construción dun metro tal e como se propón non é viábel na nosa cidade. Agora ben estudaremos a proposta cando a teñamos. Nós somos máis partidarios dun transporte en superficie, ecolóxico e rápido, que se desenvolva nun eixo central da cidade, complementado con liñas transversais dende os barrios e as parroquias. Un medio de transporte que se priorice diante dos vehículos privados e que pase moi a miúdo.

27 Anónimo 13/07/2015 13:57

que porcentaje de promesas piensa cumplir?

Santiago Domínguez:

O BNG está realizando unha campaña na que oferta proxectos para esta cidad e non simples accións. Esta cidade necesita planificar o seu futuro e non improvisacións. Outros están actuando como auténticos magos: 40 escolas infantís, 13 centros de día, 7 piscinas, viaxes para estudar en Inglaterra... e outras 18 millóns de euros en humanizacións, 1.000 euros para cada nen@, rebaixas de impostos... O BNG tense caracterizado por ser unha forza política que goberna coa xente e non dende realidade virtual.

28 Anónimo 13/07/2015 13:57

Qué opina sobre a remodelación de Praza de Independencia

Santiago Domínguez:

Se vostede se refire á última remodelación que fixo Corina Porro, teño que dicirlle que hai uns días cando fun a visitar a zona, achegáronse uns nenos para protestarme porque agora non pode xogar ao balón, nin andar en bicicleta. ¿Lémbrase vostade de que a señora Porro votou nun pleno da corporación a favor de que voltara a pasar o tráfico rodado pola Praza da Independencia? Agora a señora Porro é unha auténtica defensora das humanizacións. Queda claro que o BNG é nesta cidade a única forza que ten visión de futuro e un modelo claro para esta cidade.

29 Anónimo 13/07/2015 13:57

Ante todo, moita sorte nas eleccións... ¿que opina do mal estado de certas beiraruas da zona de bouzas?¿Non cree que hai moita difrencia entre o centro de Vigo e outras ruas? Un saudo e grazas pola sua resposta

Santiago Domínguez:

Claro que si. Como xa dixen nun comentario anterior houbo un absoluto abandono dos barrios e parroquias e nós queremos que toda a cidade sexa tratada de xeito igualitario.

30 Anónimo 13/07/2015 13:57

VIGO A QUINTA PROVINCIA DE GALICIA?

Santiago Domínguez:

Non. Vigo a capital da futura eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. A estrutura provincial está desfasada e é un debate do pasado.

31 Santiago Domínguez 13/07/2015 13:57

Moitísimas grazas a tod@s polas vosas preguntas. Agardo ter satisfeito as vosas inquedanzas. Para min foi un pracer compartir con tod@s vós esta hora de conversa. Un saúdo.