Data?1436043292

Veterano de la política en la ciudad de la muralla,
el cabeza de lista del BNG, Xosé Anxo Lage, emprende en
estas elecciones su primer asalto a la alcaldía de Lugo.
Estará con los internautas de La Voz el viernes 4 a las
18 horas.

1 Xosé Anxo Lage 13/07/2015 13:37

Boa tarde a todos, é un pracer estar estar esta tarde á vosa disposición e tentarei respostar dentro da hora e 10 que temos ao maior número de preguntas que poida. Moitas grazas polo voso interese. Disparade cando queirades ...

2 Anónimo 13/07/2015 13:37

¿Cal cré vostede que sería a aportación máis determinante que podería facer o BNG ó goberna da cidade de Lugo, por contra do que sucedeu nestes últimos catro anos?

Xosé Anxo Lage:

Sen dúbida traballo, honestidade e seriedade. O BNG demostrou no anterior mandato a súa capacidade para Gobernar, Lugo avanzou de xeito notable co BNG no Goberno pero ese avance ralentizouse ou mesmo se detivo nestes catro anos de maioría absoluta. É bo para Lugo que o BNG sexa Goberno.

3 Anónimo 13/07/2015 13:37

Cree vostede posible facer a ronda da muralla peatonal?

Xosé Anxo Lage:

O Bloque Nacionalista Galego vai convertir en peonal o recinto histórico nos vindeiros catro anos e ao mesmo tempo elaboraremos un Plan Director de Tráfico que estude o impacto sobre a circulación rodada do peche da Ronda da Muralla. O actual Goberno tomou unha medida (a de peonalizar un tramo da ronda da Muralla, que se está a acometer neste momento) sen contrastar a eficacia nin as consecuencias desta decisión, sen ningún rigor. O sistema "científico" adoptado consiste en pechar a ronda a ver que pasa, típico sistema ensaio-erro.

4 Anónimo 13/07/2015 13:37

Sobre a polémica da ubicación do Auditorio, e senón é no cuartel de San Fernando, e logo onde?

Xosé Anxo Lage:

Nós no BNG seguimos apostando decididamente que o auditorio se faga en San Fernando e defendemos o proxecto inicial. Non entendemos a modificación feita a posteriori polo Goberno municipal en contra do dictame do Colexio Oficial de Arquitectos, en contra do dictame da Dirección Xeral de Patrimonio e por se fora pouco, non avalado polo Consello Asesor da Unesco. Tedes máis información sobre este asunto na nosa páxina web www.xoseanxolaxe.com no enderezo http://xoseanxolaxe.com/index.php?option=com_con...

5 Anónimo 13/07/2015 13:37

¿É Orozco o Paco Vazquez de Lugo??

Xosé Anxo Lage:

Van polo mesmo camiño, efectivamente. Teño escrito algo xa no meu blog sobre este asunto. Convídote a botarlle un vistazo. (http://www.xoseanxolaxe.org/bng/lugo/?p=25)

6 Anónimo 13/07/2015 13:37

sr Lage soy castellaparlente, filojudío y me gustan los toros yo nunca podría votar al BNG.gracias

Xosé Anxo Lage:

Pois mire vostede, eu son galegofalante, non son filoxudeu, non me gustan os touros e penso votar ao Bloque. En todo caso, podemos convivir perfectamente e eu respecto a súa opinión e pensamento. Sempre estará vostede a tempo de cambiar de opinión e votar ao Bloque.

7 Anónimo 13/07/2015 13:37

¿Considera vostede que unha maioría absoluta do candidato socialista sería bo para a cidade de Lugo?

Xosé Anxo Lage:

En absoluto. Non o foi esta que está a piques de rematar e non o será unha nova maioría absoluta. Todas as grandes promesas electorais reflectidas no Programa de Goberno do PSOE de hai catro anos foron incumpridas (Plan Xeral de Ordenación Municipal, Auditorio, Nova Ponte, Cetal, aeroporto de Rozas, planta de compostaxe, saneamento da zona rural, Gran Praza da estación de autobuses, Polígono das Gándaras). Cando o BNG estivo no Goberno foi diferente o asunto: daquela houbo REALIDADES (saneamento da economía municipal, tres novos centros sociais e un centro de día municipal, unha nova política medioambiental que levou aos lugueses a desfrutar dos parques e xardíns que hoxe teñen, unha profunda reforma do transporte público e unha aposta cultural innovadora).

8 Anónimo 13/07/2015 13:37

Si el PSOE pierde la mayoría absoluta ¿a qui´wn preferiría usted como socio de gobierno , A Joaquín García o a Orozco?

Xosé Anxo Lage:

Primeiro que falen os cidadáns e no BNG aspiramos a GOBERNAR, non a cogobernar. Polo tanto, xa o dicía aquela canción do Xosé Afonso ("O povo é quen máis ordea"), e a partir de ahí, os partidos políticos deben actuar con sentido da responsabilidade e en defensa do interese xeral dos veciños. Evidentemente, o BNG está hoxe gobernando na Xunta de Galicia co PSOE (quizais co PP sería máis difícil), pero tamén é evidente que Orozco ten que mudar moitas cousas da súa política para que o BNG entre nun hipotético Goberno de coalición. Para facer o mesmo que se fixo estes catro anos no Concello de Lugo, que ninguén conte co BNG.

9 Anónimo 13/07/2015 13:37

Rehabilitará y dignificará el parque de Rosalia?

Xosé Anxo Lage:

Si, e xa vai sendo hora. Catro anos para decidirse a rehabilitar unha pérgola paréceme excesivo tempo. Non é máis que a mostra da incapacidade de xestión do concelleiro delegado de Medio Ambiente, que non foi quen de poñer en marcha a planta de compostaxe, nin unha mellora da limpeza viaria na cidade, nin a Axenda 21 Local. Ao fío da túa pregunta, diría tamén que o Parque Rosalía, a zona verde máis emblemática de Lugo, está hoxe amenazada por un proxecto urbanístico que o Goberno municipal do PSOE aprobou en solitario. Nós temos tamén unha proposta para limitar os efectos desta construción sobre o Parque (http://xoseanxolaxe.com/index.php?option=com_con...)

10 Anónimo 13/07/2015 13:37

Por onde levaría a Pontenova o BNG?

Xosé Anxo Lage:

Se o BNG tén responsabilidades de Goberno o que non imos permitir é que se destrúa o Parque Marcos Cela con este novo vial previsto. Esta é a proposta de Fomento (http://xoseanxolaxe.com/index.php?option=com_con...) e esta é a nosa proposta alternativa (http://xoseanxolaxe.com/index.php?option=com_con...)

11 Anónimo 13/07/2015 13:37

En poucas palabras que me ofrece vostede na práctica diferente dos demais? Estou un pouco indecisa.

Xosé Anxo Lage:

O primeiro, a miña declaración de patrimonio. Que podes consultar porque a fixen pública co compromiso de que a volverei amosar ao final do vindeiro mandato. Podes consultala aquí (http://xoseanxolaxe.com/index.php?option=com_con...). En segundo lugar, un proxecto político diferente, pensado para os cidadáns e algo que considero moi importante e que nos diferencia doutras forzas políticas: PARA CUMPRIR

12 Anónimo 13/07/2015 13:37

¿Cre que a xuventude foi ben tratada no último goberno Orozco?

Xosé Anxo Lage:

Evidentemente que non. Déuselle exclusivamente ocio (moitas veces equivocado e mal entendido) pero as cuestións fundamentais que preocupan á mocidade, como o emprego ou a vivenda, seguen sen atenderse. Ahí temos o retraso no Polígono Industrial das Gándaras, inherente á incapacidade de xestión deste Goberno municipal, que propicia que moitos mozos e mozas teñan que marchar da cidade a traballar fóra. En canto á vivenda, non foi capaz este Goberno de poñer nin unha soa vivenda (nin a primeira) a disposición do colectivo de mozos e mozas, o que ten un calificativo: DESOLADOR. Nós, por contra, si temos unha proposta e un compromiso firme cos mozos e mozas de Lugo para que poidan ter unha vivenda digna: adicar o 25% dos aproveitamentos urbanísticos que corresponden ao Concello en toda nova construción para crear unha bolsa municipal de vivenda en aluguer para mozos.

13 Anónimo 13/07/2015 13:37

Que opinión ten o respeto de que as antigas vivendas da Frigsa, sexan catalogadas no PXOU, co conseguinte perxuicio para os seus propietarios, xente humilde e con poucos recursos? E que faría vostede o respeto?

Xosé Anxo Lage:

O BNG non concorda co Plan Xeral presentado polo Goberno de Orozco. No que respecta ás vivendas de Frigsa, non ten sentido abrir unha nova rúa atravesando unha zona que hoxe é privada (propiedade dos veciños das vivendas de Frigsa). Nós temos escoitado aos veciños (reunímonos con algúns dos que viven nesas vivendas) e, polo tanto, entendemos a súa situación e a alegación que presentaron. O BNG presentou tamén máis de 100 alegacións ao PXOM e se temos responsabilidades de Goberno modificaremos substancialmente o Plan Xeral. Bota un vistazo á nosa proposta:(http://xoseanxolaxe.com/index.php?option=com_con...)

14 Anónimo 13/07/2015 13:37

Como afronta o BNG de Lugo o descenso previsto por algunhas enquisas do partido, en favor, como non, do PSOE de Orozco?

Xosé Anxo Lage:

Con total tranquilidade e eu diría que como na canción aquela: "La vida te da sorpresas, sorpresas te da la vida". Se alguén se cre as enquisas pode que se leve un bo susto o día 27. O BNG cre máis no esforzo, no traballo e no contacto diario coa xente. A verdadeira enquisa será o 27 de maio.

15 Anónimo 13/07/2015 13:37

Cosidera vostede que se terían producido os incumprimentos do señor Orozco, por exemplo en infraestructuras, medio ambiente, etc, de estar o BNG no goberno de Lugo?

Xosé Anxo Lage:

Non.

16 Anónimo 13/07/2015 13:37

Non considera vostede que se está caendo nun excesivo personalismo na política municipal? A participación do BNG no goberno da cidade axudaría á democratización do concello?

Xosé Anxo Lage:

O saída do Goberno por parte do BNG propiciou un retroceso na participación cidadá. No Goberno de maioría absoluta de Orozco sobra prepotencia e falta transparencia, sobran promesas e vanidades e faltan realidades. Só se elexiron pedáneos democraticamente no Concello de Lugo cando o BNG Gobernou. Foi tamén o BNG quen aprobou o actual Regulamento Municipal de Participación Cidadá. Así que, nesta aspecto, polos seus feitos os coñecereces, como decía a Biblia.

17 Anónimo 13/07/2015 13:37

Para cando carris bici en Lugo?

Xosé Anxo Lage:

Para cando Goberne o Bloque. Orozco non fixo ningún, nin creo que teña intención de facelo, porque ten neste momento unha fantástica oportunidade de facer un na Avenida de Madrid, que se vai desdobrar, pero o carril bici non está contemplado no proxecto.

18 Anónimo 13/07/2015 13:37

Pódese saber por qué fixreron tantas críticas o goberno de Orozco disfrazando ós concelleiros no entroido?, iso chámase MALA EDUCACIÓN

Xosé Anxo Lage:

Non é mala educación, é sentido do humor. Moitas gracias.

19 Anónimo 13/07/2015 13:37

¿Non cree que vostede que a imaxe populista do alcalde actual vai ser un contratempo para acadar mellores resultados independentemente do seu mellor ou peor programa electoral?

Xosé Anxo Lage:

Confío na madurez dos veciños e veciñas de Lugo para que non se deixen seducir simplemente por bicos, abrazos e promesas e vexan que DE VERDADE presenta un programa dirixido a mellorar a calidade de vida dos lugueses. So de abrazos non se vive.

20 Anónimo 13/07/2015 13:37

¿Considera que a xestión do goberno Orozco nos últimos catro anos, por exemplo en materia de infraestructuras, daria como resultado un aprobado?

Xosé Anxo Lage:

Non. A que infraestruturas se refire? Non coñecemos ningunha deste mandato. Supoño que se referirá vostede á nova ponte ou ás autovías a Santiago e a Ourense, todo por facer.

21 Anónimo 13/07/2015 13:37

Cales serían as tres propostas principais que vostede poría enrriba da mesa no suposto de entrar a formar parte do próximo goberno da cidade de Lugo?

Xosé Anxo Lage:

A primeira, a modificación substancial do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Lugo non precisa un PXOM especulativo, agresivo e irreal, que deseña unha cidade de 350.000 habitantes que non os ten nin toda a provincia de Lugo xunta. A segunda, a posta a disposición inmediatamente dos terreos das Gándaras para que a Consellería de Vivenda e Solo poida comezar as obras do polígono Industrial das Gándaras. E a terceira, o incremento do 25% dos Orzamentos para Servizos Sociais (non para ocio, senón para atender as necesidades reais)

22 Anónimo 13/07/2015 13:37

O BnG traballou moito por Lugo cando estivo no Goberno municipal, pero os votos foron para o PsoE, que solo se limitou en promocionar a Orozco. Non teme que esto non mude e se siga votando a un alcalde que o único que fai e dar a mau e boas palabras

Xosé Anxo Lage:

Home, algo aprenderiamos do anterior Goberno de coalición. Hai que recoñecer que posiblemente non souberamos vender o noso traballo. En todo caso, unha parte moi importante da cidadanía garda moi bo recordo do paso do BNG polo Goberno. Penso que unha boa parte nos bota de menos no Goberno. No BNG entendemos a política como diálogo, cooperación, participación e, sobre todo, compromiso.

23 Anónimo 13/07/2015 13:37

Ve vostede á dereita Popular con posibilidades de gobernar na cidade lucense?

Xosé Anxo Lage:

Sinceramente, non. O PP representa o PASADO, Orozco o presente ESGOTADO e o BNG o FUTURO.

24 Anónimo 13/07/2015 13:37

Non vos entendo. Dicides que ides gobernar en Lugo. Pero como? Pensades que vai gañar Joaquín ou pendades que Orozco perde a maioría e así pactades co ¿PP??

Xosé Anxo Lage:

Non, pensamos que Orozco necesita dunha "tutela", que nós estamos dispostos a darlle, xustamente en beneficio da cidadanía. Non máis propaganda, non máis promesas incumpridas. FEITOS. O Bloque é o voto útil nestas eleccións e a única garantía de bo Goberno, de xestión, de eficacia, é o voto ao BNG.

25 Anónimo 13/07/2015 13:37

Podería vostede facilitar datos sobre a actividade empresarial na cidade de Lugo: empresas de novo asentamento, empresas que marcharon, etc.?

Xosé Anxo Lage:

Sí, nos últimos tres meses marcháronse do Polígono do Ceao por non dispoñer de un só metro cadrado de solo industrial onde medrar sete empresas, con 200 traballadores. Tes todos os datos neste enderezo: http://xoseanxolaxe.com/index.php?option=com_con...

26 Anónimo 13/07/2015 13:37

No caso de salir elexido, sería vostede un bo alcalde, entendendo o de "bo alcalde", para os ciudadadans de a pé, e non para os construtores e os seus amigos?

Xosé Anxo Lage:

Tentaría ser un bo alcalde, unha persoa xusta. Con toda a cidadanía. Os constructores deben respectar escrupulosamente a lexislación e asegúrolle que, de ser alcalde, así o farán. Ademais, quen planifica é o Concello, e debe facelo mirando polo conxunto da cidadanía. O urbanismo non ten por que ser unha arma de destrución masiva, pode ser un utensilio ao servizo dos cidadáns.

27 Anónimo 13/07/2015 13:37

A pregunta do millón, realmente cree que pode gañar?

Xosé Anxo Lage:

A miña afección ao deporte (fun xogador de fútbol máis de 30 anos) faime ter confianza nas miñas posibilidades. Os partidos duran 90 minutos, gañei uns e perdín outros no último minuto. Agardo que este o gañe non no último minuto senón por todo o traballo que estamos facendo, polo equipo que me acompaña e polo programa (http://xoseanxolaxe.com/images/stories/File/arqu...) que sen dúbida é o máis atrevido de cantos se presentan en Lugo. Co compromiso e a garantía de que o Bloque Nacionalista Galego o vai cumprir.

28 Xosé Anxo Lage 13/07/2015 13:37

Foi un pracer ter pasado esta hora e 20 con todos vós. Agardo non ter molestado a ninguén cos meus comentarios ou as miñas respostas e convido a todos aqueles que enviaron preguntas que non puideron ser respostadas neste tempo a enviarmas á miña páxina web (www.xoseanxolaxe.com) ou ao meu blog (xoseanxolaxe.org), onde tentarei respostarvos. Agradezo tamén á Voz de Galicia terme convidado a este espazo de contacto cos cidadáns. Unha forte aperta a todos. Xosé Anxo Laxe