Data?1436043538

Henrique Tello es el sempiterno rostro del BNG en la
ciudad herculina. Concejal desde 1995, es el único
candidato de todos los partidos coruñeses que repite
como cabeza de cartel en los actuales comicios.

1 Henrique Tello 13/07/2015 13:53

Boa tarde: aquí estou disposto a que me fagades as preguntas que estimedes oportuno. Tratarei de respostar a todas. Grazas

2 Anónimo 13/07/2015 13:53

Que opina do transporte público da cidade?

Henrique Tello:

Representa un dos grandes fracasos do goberno municipal. Priimouse o coche sobre o transporte público e cada día existe mais dependencia do coche. É importante potenciar o transporte público, e aproveitar todas as infraestruturas existentes: tren, ría, bicicleta, etc...

3 Anónimo 13/07/2015 13:53

Despois de tanta crítica ao goberno socialista da Coruña, estaría vostede disposto a pactar co PSdeG? E co PP?

Henrique Tello:

En política os pactos fannos os cidadáns cos seus votos. Vos sodes quen decide a quen queredes. Eu só pactarei con quen estexa disposto a mellorar a situación dos coruñeses e as coruñesas. Entende que a crítica é un elemento fundamental para combatér os desmans das maiorías.

4 Anónimo 13/07/2015 13:53

Cree que la ciudad hasta ahora se ha estructurado demasiado hacia el turismo y poco hacia los propios ciudadanos??? en otras palabras. cree que Coruña está muy bien de fachada, pero floja de puertas hacia adentro(los barrios)???

Henrique Tello:

Nen siquer para os turistas, porque desgrazadamente nen o tranvía, nen o ascensor van atraer moito turismo á Coruña. Pero efectivamente, eu penso que un goberno municipal debep preocuparse ante todo das persoas que vivimos na cidade durante 365 dias ao ano. Penso que os barrios son os grandes esquecidos da política municipal. Se miras o programa do candidato actual, repite máis de 200 propostas de Vázquez hai 8 anos.

5 Anónimo 13/07/2015 13:53

¿Dígame la principal razón por la cual yo (estudiante universitaria que estudia en salamanca)le debo votar?

Henrique Tello:

Para que poidas desenolver a tua actividade profesional na Coruña a nivel absolutamente punteiro. Eu penso adicar 12 millóns de euros a desenovlver proxectos empresarias ou profesionais por parte de xoves coruñeses. A desgraza actual é que a mocidade coruñesa, con excelente formación, debe emigrar para desenvolver a sua actividade.

6 Anónimo 13/07/2015 13:53

¿cuáles son sus principales propuestas para A Coruña?

Henrique Tello:

A criación dunha grande area metropolitana que nos permita desenvolver todo o noso potencial económico e social. Crear unha empresa municipal de rehabilitación para pór no mercado mais de 1000 vivendas para xoves. Adicar mais de 12 millóns de euros a criación e potenciación de proxectos empresariais e profisionais. Abaratar o transporte público para reducir drásticamente o número de coches. Pero sobre todo, ordenar o espazo urbano para facer da Coruña unha cidade de execelencia na calidade de vida para contribuir á felicidade dos seus habitantes.

7 Anónimo 13/07/2015 13:53

Vivo en una calle tomada por los escrementos de los perros ( Javier Fonte) ¿Piensa el BNG hacer cumplir las ordenanzas municipales o pasas olimpicamente como el actual gobierno municipal?

Henrique Tello:

Farei cumplir as ordenanzas de forma estricta. Ademais solucionarei este problema creando na cidade areas caninas para que cada quen poida disfrutar coa sua forma de vida e cos seus animais de compañía.

8 Anónimo 13/07/2015 13:53

¿seria vostede capaz de acabar ca doble fila nas calles da Coruña? ¿seria capaz de ordear a policia a que cumpra a ley e multe a todo aquel que use o claxon so por molestar os demais?

Henrique Tello:

Remataría de forma drástica coa doble fila, porque reducirei o número de coches mediante a potenciación do transporte público. Implantaremos o carril-bus-taxi en toda a cidade (isto vai afectar de forma directa á supresión da doble fila). Despois disto, e de dar alternativas, a policía local cumplira estrictamente co seu cometido de facer cumplir as ordenanzas, nestas e noutras materias, como o caso dos cans.

9 Anónimo 13/07/2015 13:53

Como buen aficionaddo del depor que es usted¿tomaria alguna decision respecto a las peticiones de lendoiro respecto al estadio y demas ayudas por parte del ayuntamiento?

Henrique Tello:

Con independencia do meu recoñecido deportivismo, o depor é a primeira institución da Coruña en núymero de socios. Como tal merece apoio, atención e colaboración do alcalde e da corporación. Creo que Deportivo e Concello poden colaborar para axudarse mutuamente en beneficio da cidade. Non entendo como o actual alcalde pode falar mal do equipo da sua cidade e criticar a esta institución, que está por riba das persoas que ocupen a presidencia.

10 Anónimo 13/07/2015 13:53

coa redacción de un novo pxom ¿cal va a ser o seu modelo urbanistico?

Henrique Tello:

Un urbanismo racional ao servizo das persoas: reducir as densidades de edificación; ampliar as zonas verdes en cada polígono e os equipamentos públicos; Non vender o solo municipal dos aproveitamentos urbanísticos e poñelo a disposición da cidade para vivendas de protección e para equipamentos públicos; Facer convivir nos polígonos actuacións en vivenda con espazos tecnolóxicos; etc...

11 Anónimo 13/07/2015 13:53

¿que ideas ten para mellorar a relación da cidade ca universidade?

Henrique Tello:

Apoiar urbanisticamente os desenvolmenetos previstos en materia de investigación (Centro de Investigación da Universidade) e na construcción de vivendas para estudantes. Pero sobre todo, aproveitar o coñecimento que a Universidade xenera mediante adicación de diñeiro a desenolver proxectos de investigación que redunden en beneficio da Coruña.

12 Anónimo 13/07/2015 13:53

non é mellor ficar na oposición que investir alcalde ao máis rancio do nacionalismo español?

Henrique Tello:

O mellor é formar goberno sendo a lista mais votada. Iso depende de persoas coma tí, e iso espero.

13 Anónimo 13/07/2015 13:53

¿que balance hace de la coalición psoe- bng en el gobierno autonómico?

Henrique Tello:

Moi positivo, porque a diferenza é grande respecto do goberno anterior de maioría absoluta do PP. Esta coalición obriga aos políticos a consensuar os grande sproxectos, o que implica unha maior estabilidade e apoio aos mesmos. Por certo, que para Coruña foi estupendo porque as areas gobernadas polo BNG levan investido aquí un monton de diñeiro: Recinto Feiral, vivendas para estudantes, areas de rehabilitación, parque ofimático, etc...

14 Anónimo 13/07/2015 13:53

¿Qué tiene pensado para la Zapateira?

Henrique Tello:

Solucionar urxentemente os problemas de saneamento e de transporte, dous dos graves asuntos que o goberno actual non quixo solucionar antes de dar luz verde ás construccións. Igualmente, necesita un equipamento social do que carece, mediante a creación dun centro cívico.

15 Anónimo 13/07/2015 13:53

e longa a sombra de paco vazquez como para aseguras o triunfo do psoe?

Henrique Tello:

É curioso! Se te fixas, agora ninguén quere a Vázquez como "amigo". A Losada e aos memebros da corporación pésalles a figura de Vázquez e non o queren ver nen en pintura, porque saben que eles son complices de todas as suas falcatruadas. Vázquez tivo que fuxir correndo, pero moitos tiñan que tér fuxido con él, porque son cómplices de todo o que é fixo. Non haberá triunfo de Vázquez, nen do PSOE, porque despois de 24 anos, a xente está farta de prepotencia.

16 Anónimo 13/07/2015 13:53

¿Siguen Vds Sr. Tello, con su idea, de convertir en nudista la playa de las lapas en A Coruña ?

Henrique Tello:

Sigo coa idea de permitir na Coruña unha praia nudista, porque hai moitas persoas que así o solicitan e teñen dereito a practicálo.

17 Anónimo 13/07/2015 13:53

¿va a quitar el tranvia?

Henrique Tello:

Vou impedir que o tranvía siga a ser unha sangría económica para os cidadáns.

18 Anónimo 13/07/2015 13:53

Como e que sendo o mellor candidato que ten A Coruña, non e capaz de trasladar iso ao electorado ?

Henrique Tello:

Afortunadamente en cada proceso electoral, O BNG incrementa de forma espectacular os seus apoios. Fíxese, nas últimas eleccións pasamos de 3 a 6 Concelleiros. Esta vez agardo aínda mellores resultados. O electorado é sabio e libre, vota en base a moitos criterios. Por iso penso que esta véz vai votar pensando no cambio que A Coruña merece e necesita.

19 Anónimo 13/07/2015 13:53

¿Por qué nadie asume la responsabilidad en la barbaridad del centro de ocio y Palexco?

Henrique Tello:

Porque os autores saben que se equivocaron e agoran non asumen a sua responsabilidade. Esta decisión foi directamente tomada polo goberno municipal e agora non se atreven a decílo polo desencanto popular con esta actuación. É imperdonabel que nos "taparan" máis a cidade.

20 Anónimo 13/07/2015 13:53

Cal sería a túa valoración de os líderes e partidos que se van a presentar ás eleccións??

Henrique Tello:

Que todos teñen dereito a presentarse a unhas eleccións e que todos deberiamos tér detrás algúen que nos pida responsabilidades polas nosas actuacións.

21 Anónimo 13/07/2015 13:53

diputacions si? diputacions non?

Henrique Tello:

Penso que as Deputacións deberían ser sustituidas por unha Consellería de Administración Local que dese aos Concellos os servizos que necesitan e que negociase o desenvolvemento dun Pacto Local. Actualmente, agás asuntos moi pontuais, as Deputacións son reductos de estrutura caciquil.

22 Anónimo 13/07/2015 13:53

O unico modelo que funciona do BNG nos concellos de Galiza, e o de Pontevedra. Na miña opinion, polo o seu discurso real sen templanzas, nen sumions. Non pensa que o BNG coruñes deberia facer o mesmo, desenmascarando unha cidade ficticia ?

Henrique Tello:

Afortunadamente funcionan máis modelos de Concellos Gobernados polo BNG: Allariz, Carballo, Fene, Vilar de Santos, etc..cada un cun modelo diferente, por certo. Sí coincido totalmente en que Pontevedra é un exemplo urbanístico de recupración monumental extraordinario, e que ese é un modelo a seguir. Por iso presentamos onte un Proxecto de recuperación da Pescadería que podes observar no noso local r/ Estrela´12. Esta cidade, como decía aquel programa, necesita "un repaso", sobre todo en rehabilitación patrimonial. Ese será un dos grandes obxectivos nosos.

23 Anónimo 13/07/2015 13:53

Cre que se debería buscar unha nova ubicación para a refinería máis afastada da cidade?

Henrique Tello:

Penso que se deben facer cumplir á Refinería todos os protocolos en materia medioambiental, de seguridade, etc...para reducir todos os inconvenientes que pode causar. Ubicála noutro lugar paréceme, en principio, complicado.

24 Anónimo 13/07/2015 13:53

Por que ese odio manifiesto a toda inversión o innovación propuesta por el Ayto., ¿No se ha hecho nada positivo en 25 años?, a mi me parece que pesa mas lo positivo que lo negativo.

Henrique Tello:

En primer lugar, e con toda cordialidade, direille que nunca me deixo levar por ese "sentimento" nas miñas actuacións. É máis, nen na vida política , nen na persoal, nen siquer na deportiva (fíxese!) Claro que se fixeron cousas boas en tantos anos, pero a miña responsabilidade política é denunciar o que se prometeu e non se fixo; é defender aos que se ven marxinados da actuación municipal; é solicitar que o diñeiro se gaste en prioridades sociais e non en caprichos como o tranvía e o ascensor...

25 Anónimo 13/07/2015 13:53

no piensa que en campaña se promete mucho que luego no se puede cumplir cuando uno se ve en el poder? usted como afrontara el no cumplir todo lo que esta prometiendo ahora?

Henrique Tello:

Todo o Programa do BNG está previsto cumplílo nos catro anos de lexislatura. Este é o compromiso que adquirimos coa cidadanía. Os outros programas creo que carecen deste valor, porque algúns tiveron 24 anos para cumplir cousas que agora prometen por terceira, segunda ou cuarta vez. Pídolle por favor que lea con atención as nosas propostas e analice a sua viabilidade: todas teñen unha temporalización.

26 Anónimo 13/07/2015 13:53

Boas tardes Sr.Tello.Que pensa do multimillonario investimento na nova NAT de Lavacolla tendo as graves deficiencias que ten Alvedro?

Henrique Tello:

Penso que Alvedro foi un gran esquecido dos investimentos do Estado en materia de infraestruturas. Dixenno e repito: Hai que defender as estruturas con unllas e dentes, Alvedro tamén...pero moi, moi importante, o Ferrocarril, que nos pode salvar de tanto "abandono".

27 Henrique Tello 13/07/2015 13:53

Moitas grazas pola vosa participación. Quedo á vosa disposición na miña páxina web (www.quiquetello-bng.org), por se queredes algunha aclaración máis. Foi un pracer compartir convosco e coa Voz de Galicia esta sesión. Unha aperta moi forte.