Data?1436006887

Henrique Tello, candidato del BNG a la Alcaldía de A
Coruña, reivindicou un modelo de cidade diferente
"menos centrada en obras de 'consumo interno'
e máis centrada en incrementar a calidade de vidadas
persoas". Entre as súas prioridades para A Coruña,
Tello salientou o abaratamento do prezo da vivenda, a
solución do 'gravísimo' problema do tráfico, e a
aplicación dun Plano de Promoción económica para a cidade.
Respecto do polémico topónimo da Coruña, explicou que se
acada a Alcaldía restaurará a legalidade vixente. No tocante
a posibles pactos postelectorais, o candidato nacionalista
apuntou que o BNG decidirá despois das eleccións a solución
"que resulte máis positiva para o país".

1 Henrique Tello 09/07/2015 13:25

boas tardes. Son Henrique Tello, candidato do BNG á Alcaldia da Coruña. Estou aquí para respostar ás cousas que consideres do voso interese e que eu poida respostar. Gracias.

2 Anónimo 09/07/2015 13:25

erradicaremos a L ?

Henrique Tello:

Restauraremos a legalidade vixente. A Coruña é sen "L", polo tanto trata-se xa -como mínimo, de restablecer a legalidade.

3 Anónimo 09/07/2015 13:25

Cal é a súa aspiración nestas eleccións, firma obter 5 concelleiros?

Henrique Tello:

De entrada non. Penso que o BNG fixo un traballo excelente durante estes anos e que "merecemos" máis. De aí que son moi optimista cos resultados do dia 25.

4 Anónimo 09/07/2015 13:28

Boas. ¿Cal cree que debe ser a actitude da oposición política en Galicia se volve a perder ante o Partido Popular, autocrítica ou seguir na misma liña de sempre?. Gracias e sorte.

Henrique Tello:

Penso que non imos perder. Asi e todo a autocrítica sempre é boa se serve para avanzar.

5 Anónimo 09/07/2015 13:28

Que plans ten vostede para o conxunto arqueolóxico do Castro de Elviña?

Henrique Tello:

Non pode ser unha cousa "morta", nen tampouco un centro de actividade meramente turístico. Faria unha recuperación gardando a historia do que foi ese Castro, pero fundamentalmente debería ser un centro de actividade e de participación cultural tanto para artistas como para a sociedade en xeral.

6 Anónimo 09/07/2015 13:28

¿Qué puede usted ofrecer a nuestra ciudad? Realmente se creen usted y sus compañeros que existe posibilidad de desbancar a Paco Vázquez?

Henrique Tello:

Ofreceremos un modelo de cidade diferente. Menos centrada en obras de "consumo interno" e máis centrada en incrtemenar a calidade de vida e as posibilidades economicas e sociais das persoas. Por exemplo, sen vivenda e traballo, é moi difícil disfrutar de casi nada. Sobre o segundo, toda posibilidade pode se converter en real. Nós vimos traballando paso a paso nelo, e penso que seremos recompensados nesta ocasión.

7 Anónimo 09/07/2015 13:28

Cal é a sua proposta patrimonial para o Castro de Elviña, ou ben vai a seguer a ser unha toza de lixo como o é hoxe?

Henrique Tello:

Veño de respostar esta curestión. O fundamental é criar un centro de vida e actividade cultural, no que a xente poida participar en lugar de ser mera espectadora.

8 Anónimo 09/07/2015 13:28

Por que a xente vota a Vázquez? Acaso non analizan o que di?

Henrique Tello:

Entendo que calquer Alcalde sempre sae con vantaxe nas eleccións, máxime se temos en conta que o BNG estivo 12 anos fora da Corporación. Penso que a xente á hora de votar non reflexiona ás veces sobre a importáncia e consecuéncia do seu voto. As veces ocorre que a xentre "despotrica" contra quen goberna, pero da-lle o seu voto igual. Eu só pido ás persoas que antes de tomar unha decisión, reflexionen uns segundos sobre o que queren e o que teñen. Se isto fose asi, tal vez os resultados serian diferentes.

9 Anónimo 09/07/2015 13:28

Lleva bastantes años como candidato de su partido y sabe que nunca ganará a Vázquez ¿Cuál es su techo?

Henrique Tello:

O que vosté afirma é unha opinión. Eu, evidentemente, teño outra bastante distinta.

10 Anónimo 09/07/2015 13:28

¿Qué solución propone a la movida nocturna en la Plaza del Humor que no deja descansar a los vecinos?

Henrique Tello:

Penso que se deberian facer duas cousas, como mínimo. A primeira e facer cumplir estrictamente a ordenanza en matéria de ruidos.A segunda, realizar unha campaña de concienciación séria entre os mozos e mozas desta cidade para que se respeten os horários e ás persoas que viven nesa zona. Paralelamente entendo que o goberno municipal deberia incrementar a función da policia local como policia de proximidade, en lugar de te-la "maltratada" como axentes da recaudación poñendo multas.

11 Anónimo 09/07/2015 13:28

Cales son as suas prioridades?

Henrique Tello:

Abaratar o prezo da vivenda, feito que en vinte anos, o goberno municipal non foi quen de conquerir. En segundo lugar, solucionar o gravísimo problema de tráfico que temos na cidade, mediante unha política de impulso do transporte público e abaratamento do mesmo. (Pense que perdimos 14 millóns de viaxeiros nos últimos 15 anos) En terceiro lugar, aplicar un Plano de Promoción económica da Coruña, dado o declive industrial, do Porto, e da economia coruñesa durante os últimos anos.Debemos aproveitar o potencial extraordinária da nosa Universidade e do ámbito das novas tecnoloxias como factores decisivos para o progreso económico da Coruña.

12 Anónimo 09/07/2015 13:28

A Coruña debe ser una ciudad de servicios o debe retomar el camino industrial?

Henrique Tello:

Debe retomar o camiño industrial. Pero cando falamos hoxe de industrial non falamos das indústrias do XIX, senón de actividades relacionadas fundamentalmente coa Investigación e o Desenvolvemento Tecnolóxico.

13 Anónimo 09/07/2015 13:28

¿Non estiveron sós facendo oposición na Coruña? ¿Cre que o PP menosprecia a cidade cun candidato como Corcova?

Henrique Tello:

Penso que si fomos a única forza política que durante os últimos catro anos fixo oposición política ao goberno municipal. A segunda pregunta deberia facer-lla vosté ao PP.

14 Anónimo 09/07/2015 13:28

Usted es forofo del Dépor, ¿cree que la ciudad necesita otro estadio?

Henrique Tello:

Realmente non o sei. Esa unha decisión que deberá tomar a próxima corporación municipal con moitisima reflexión, porque se trata de terreos públicos e tamén do equipo máis representativo da cidade.

15 Anónimo 09/07/2015 13:28

¿que opina del voto por internet? ¿porqué no respeta a la mayoría que nos gusta más "La" Coruña?

Henrique Tello:

Se existen todas as garantias democráticas, parece-me moi ben. Penso que son unha persoa que sempre respetou escrupulosamente o que neste asunto opinan os demais. Pero a nivel oficial (legal neste caso)a Lei é inequívoca. Isto significa que unha cousa é o uso particular e outro o legal. Eu son partidário de que a xente utilice legalmente e familiarmente, e sempre, o topónimo correcto e válido. O resto, non é o topónimo oficial da cidade da Coruña.

16 Anónimo 09/07/2015 13:28

abaratarán el acceso a la vivivenda?

Henrique Tello:

Si, mdiante a criación dunha Empresa Municipal da Vivenda que promoveria vivendas de promoción pública fundamentalmente para aluguer. Paralelamente abriria-se a Oficina Municipal de Reabilitación para reabilitar as vivendas do casco histórico e contruír un património municipal de vivendas para aluguer. Penso que é a mellor opción para os propietários, inquilinos actuais e potenciais inquilinos. Noutro caso estamos abocados á ruina de moitos edifícios da cidade e á destrucción do seu património.

17 Anónimo 09/07/2015 13:28

¿Por qué o governo local abandonou a cidade vella? A está deixando morrer pouco a pouco

Henrique Tello:

Porque non se quixo asinar un Convénio para a súa reabilitación, nen se quixo investir na súa recuperación. Temo-me que a Cidade Vella está destinada progresivamente a operacións especulativas para vivendas de luxo no centro da cidade. É unha mágoa que se desnaturalice esta zona emblemática da Coruña, expulsando aos antigos inquilinos en benefício das clases sociais economicamente máis poderosas.

18 Anónimo 09/07/2015 13:28

¿A Coruña é crave para o control da deputación, ¿pactarán co PSOE? ¿E con Vázquez?

Henrique Tello:

O BNG decidirá despois das elecións os Pactos Locais e das Deputacións. A miña opinión particular é que non deberia gobernar o PP nas Deputación, se iso dependese do BNG. ¿Pactar con Vázquez? Iso hai que preguntar-llo a él. O BNG cando fala de Pactos pensa no máis positivo para Galiza, por enriba das persoas. As persoas pasamos moi axiña, pero as nosas decisións poden permanecer durante séculos. É dicir, penso que fariamos o que resulte máis positivo para o Pais. Eu, claramente entendo que -se podemos- a Deputación non deberia quedar nas mans do PP. E penso que asi vai ser.

19 Anónimo 09/07/2015 13:28

¿qué opina del tranvía?

Henrique Tello:

Non é unha obra prioritária. É un despilfarro económico porque non cobre nengún servizo público. É unha actuación ilegal, porque no seu último tramo incumple a normativa vixente en matéria urbanística.Impide outras actuacións absolutamente necesárias. Mire os dados: Máis de 3500 millóns gastados; 700 millóns de deficit acumulado e 80 millóns de deficit anual (en pesetas das de antes)

20 Anónimo 09/07/2015 13:28

Boas tardes Sr. Tello. ¿Cómo ve o futuro das empresas adicadas a novas tecnoloxías?. ¿Qué politicas seguiría o respecto de creación de novas empresas por xóvenes emprendedores?

Henrique Tello:

Lamentabelmente hai moi poucas empresas destas características. O ideal é colaborar coa Universidade para criar na Coruña (nós o fariamos como opción absilutamente prioritária) un Centro de Investigación Tecnolóxica para investigación e desenvolvemento relacionados con proxectos empresariais. Para xoves emprendedores/as, é imprescindíbel solucionar os seus problemas iniciais: local, material e avalar os cretos. Para iso:Criariamos un espazo de uso múltiple para empresas en réxime de aluguer. Dotariamos por "leasing" o material imprescindíbel e teriamos unha parte do orzamento (3 millóns de euros) como capital risco para avalar proxectos empresariais. Penso que o resultado sería excelente.

21 Anónimo 09/07/2015 13:28

si fora posible, pactaria co PP para botar a Vázquez ??

Henrique Tello:

Esta é unha decisión que corresponde ao BNG despois das eleccións, tal e como acordamos no Consello Nacional no seu dia, para todos os casos. Nós apresentámo-nos para gañar as eleccións e para tér os mellores resultados posibeis.

22 Anónimo 09/07/2015 13:28

¿qUE OPINA DE LAS OBRAS QUE SE ESTÁN REALIZANDO EN LA EXPLANADA DE SALVADOR DE MADARIAGA?CREE NECESARIO ESE PARKING,DEJÁNDONOS A VECINOS Y COMERCIANTES SIN PLAZAS GRATUITAS?

Henrique Tello:

Nunca entendin a teima do goberno local por facer esta obra. Penso que non resolve un problema de aparcamento e que carece de utilidade pública. Penso que unha vez estamos diante dun desacerto e dun "negócio" sen utilidade pública.

23 Anónimo 09/07/2015 13:28

¿Cree que el gobierno local se equivoca al tratar de erradicar la movida coruñesa? Los horarios de cierre son abusivos. A partir de las cinco no hay donde tomar una copa

Henrique Tello:

Penso que neste momento non está "erradicada" en absoluto. Coido que este tema se deberia regulamentar seriamente de acordo co sector hosteleiro e de acordo coas normas de convivéncia.

24 Anónimo 09/07/2015 13:28

Si me asegura que quitaría los yates pijos de la dársena le doy mi voto

Henrique Tello:

Non estou en condicións de "asegurá-lo" porque non depende só do Concello. O que si lle aseguro é que connosco o Porto seria fundamentalmente Porto de todas e todos os coruñeses e a súa actividade seria fundamentalmente portuária. En todo caso, todas as actuacións arredor do Porto serían para uso e disfrute de todas as persoas e nunca de uns poucos. O malo do actual goberno é que foí directamente culpábel da transformación do Porto da Coruña e do seu declive, por permitir un Plano urbanístico que desnaturaliza completamente o sentido do Porto da Coruña.

25 Anónimo 09/07/2015 13:28

el deficit de guarderias publicas en A Coruña es clamoroso. ¿Que dice su programa al respecto?

Henrique Tello:

Como mínimo, construiriamos nestes catro anos duas Escolas Infantís con capacidade para 200 rapaces e contribuiriamos a adaptar os actuais Centros Públicos para Escolas Infantis de 0 a 3 anos. Asi haberia garderias en todos os barrios da cidade. É lamentábel que a Xunta de Galiza tamén teña tan abandonado este asunto e que o Goberno municipal non sexa máis exixente.

26 Anónimo 09/07/2015 13:28

Por que non recolle votos nas Conchiñas no Ventorrillo, zonas olvidadas polo Concello? Que facer con barrios coma estes?

Henrique Tello:

Resulta óbvio que "recollo" votos nas Conchiñas e no Ventorrillo, e nestas eleccións penso que recollerei bastantes máis. Coincido plenamente en que son barrios "abandonados" polo goberno local. ¿Que facer? Só vou citar algunhas actuacións: Reparar e construír unha nova rede de alcantarillado; Construír unha escola infantil; ampliar as zonas verdes, fundamentalmente no Agra; Un plano de actuación directo para mellorar o tráfico; Remodelar o Mercado das Conchiñas; Solucionar os problemas de convivéncia e integración social das familias e persoas marxinadas; etc.

27 Anónimo 09/07/2015 13:28

Pensa que son boas as privatizacións de servicios públicos?, Municipalizaría os servic

Henrique Tello:

Moitas delas si. Outras poden perfectamente ter o réxime de concesión administrativa. Por exemplo, a recollida de lixo pode ser unha Concesión;Penso que neste caso se debe mirar non só a eficiéncia, senón a capacidade de planificar. Os servizos non se poden avaliar exclusivamente pola súa rendabilidade económica, senón pola sua función política e social. O pior problema das Concesións administrativas é a falla de control sobre o funcionamento das mesas que encarece moito o prezo final da concesión.

28 Anónimo 09/07/2015 13:28

Boas tardes. ¿Qué tipo de actuacións ten pensado o seu partido con respecto as vivendas sociais?¿Pensan vender os inquilinos as casa do grupo "Nuestra Sra del Carmen", como se ven reclamando dende hai moito tempo?

Henrique Tello:

Criar un Parque de vivendas de promoción pública a través da criación da empresa municipal da vivenda. Actuar en todos os novos polígonos con esta iniciativa aproveitando o solo público, en lugar de vendé-lo a promotores privados. Falaria-se cos veciños inquilinos das vivendas do Carme, e veriamos cal é realmente a mellor solución tanto para eles como para o património municipal. Pero en nengún caso, nengún dos actuais veciños nen os seus descendentes directos, terían que abandonar estas vivendas.

29 Anónimo 09/07/2015 13:28

que opina da prometida obra do porto exterior?verémola algun dia?

Henrique Tello:

Lamentabelmente é moi difícil que esta obra se realice, penso que actualmente non pasou da fase de "demagóxia" á que nos teñen tan acostumados o goberno central, a Xunta e o Alcalde. Eu son partidário da súa construcción porque suporía unha importante fonte de riqueza presente e futura para a cidade da Coruña.

30 Anónimo 09/07/2015 13:28

deixará que o parrote se convirta nunha zona de residencia VIP ou se vostedes gobernan seguirá mantendo o seu caracter tradicional

Henrique Tello:

Trataria por todos os medios que os veciños da Cidade Vella e do Parrote poidesen permanecer nas súas vivendas, axudando decididamente á sua reabilitación. Pero moitas casas xa foron mercadas por "novos veciños" que son propietários VIP desta zona (como vosté aponta). En todo caso, hai que conservar e realzar o máis posíbel o que queda da Cidade Vella e do Parrote.

31 Anónimo 09/07/2015 13:28

¿como éeso do orzamento participativo?

Henrique Tello:

Que unha parte do orzamento do orzamento municipal -como mínimo- sexa distribuida en función das prioridades dos veciños e veciñas da Coruña, a través de asembleas participativas nos barrios e dos diferentes sectores da cidade. Por exemplo, se imos investir 1 millóns de euros no Agra do Orzán, decidan os veciños cais son as necesidades prioritárias que este barrio ten e non o deixemos ao capricho e discrecionalidade de quen manda, porque seguramente que se "monta" un Millenium ou algo semellante. En fin, isto evitaria que se despilfarre o orzamento municipal en actuacións tan carentes de valor e interese como se está a facer en moitas ocasións.O Concello da Coruña ten de orzamento nada menos que 159 millóns de euros, e iso poderia dar para moito máis do que se está a facer.

32 Henrique Tello 09/07/2015 13:28

Boas tardes e moitas grácias pola atención prestada durante esta hora, que resultou unha experiéncia completamente nova para mín e extraordinariamente interesante.