Open uri20150703 3 rd4g6d?1435925119

Tras gobernar la pasada legislatura, el actual alcalde
vuelve a competir por el bastón de mando

1 Manuel Regos 08/07/2015 16:35

Bos días aos veciños e veciñas. É unha honra estar aquí na Voz de Galicia para respostar todas as preguntas que me fagades.

2 Anónimo 08/07/2015 16:35

Despois da publicación das listas de candidatos, e vistas a repercusións que tivo, Cree que se equivocou poñendo de número tres a Ramón Vázquez?

Manuel Regos:

Ramón Vázquez é un gran compañeiro e un gran concelleiro de Cultura e Deportes, e espero que así siga sendo.

3 Anónimo 08/07/2015 16:35

Está disposto a facer público o seu patrimonio? E a comparalo co patrimonio que tiña cando comezou en política?

Manuel Regos:

Si, sen ningún problema. Antes de tomar posesión de concelleiro, hai que facer unha declaración de bens, e están a disposición en secretaría para todas as persoas que a queiran ver. E senón, mesmo nos rexistros da propiedade, aos que ten acceso calquera.

4 Anónimo 08/07/2015 16:35

¿Por qu´ñe utilizou unha zona VIP para seguir o concetrto da Panorama da pasada fin de semana? Non me diga que non foi certo porque o viu todo o pobo

Manuel Regos:

Había unha zona habilitada para invitados de espectáculos Lito, que é quen organizou o evento. Era unha zona pagada íntegramente por el, é dicir, non polo concello, e senón, poden preguntar ao cátering que o serviu.

5 Anónimo 08/07/2015 16:35

Buenos dias regos son do pp pero malloria non hai penso q vas quitar oito concegales ti q opinas ou pensas quitar malloria?

Manuel Regos:

Nós imos loitar por sacar a maioría como é normal, pero a decisión está nas vosas mans o vindeiro 22 de maio.

6 Anónimo 08/07/2015 16:35

porque as pistas de concentracion de Beán, despois de ser entregadas ó concello no 2008, están tan deterioradas?

Manuel Regos:

Foron feitas as reclamacións pertinentes despois de ser entregadas de novo porque a construción das mesmas desexaba moito que desexar.

7 Anónimo 08/07/2015 16:35

Se o seu partido non fose o máis votado (eso espero). Sería capaz de estar na oposición? Pactaría con outro partido sen ser alcalde? Porque a vostede gústalle a alcaldía....

Manuel Regos:

Como veciño de Ordes foi unha honra ser concelleiro e alcalde do meu pobo. Intentaremos alcanzar a maioría.

8 Anónimo 08/07/2015 16:35

¿Cree vosede que coa que está caendo, a prioridade de Ordes pasa por construir un novo Concello e pagar o cuartel da Garda Civil?

Manuel Regos:

O novo concello é unha subvención da Consellería de Presidencia para casas consistoriais. O cuartel da Garda Civil é moi importante para o noso pobo. Sería un préstamo ponte entre a Administración central e o concello para a construción do mesmo, revertindo o diñeiro ao finalizar a obra.

9 Anónimo 08/07/2015 16:35

En caso de non acadar maioría absoluta a que pactos está disposto a chegar? Contésteme por favor, non me diga que quere acadar maioría absoluta, vostede e máis eu sabemos que iso é moi difícil por non dicir imposible.

Manuel Regos:

Non opinarei ata o 22 de maio.

10 Anónimo 08/07/2015 16:35

Se rumorea que el PP quiere recuperarle para sus filas. Qué opina sobre eso?

Manuel Regos:

De momento me presento polas siglas de Unión por Ordes (UXO).

11 Anónimo 08/07/2015 16:35

Vanse reformar os panteóns do Balado?

Manuel Regos:

Están encargados os proxectos para a reforma dos mesmos.

12 Anónimo 08/07/2015 16:35

¿Qué siente al verse apoyado en su presentación por más de 2000 personas?

Manuel Regos:

Onte cando subín ao escenario para dar unhas palabras, quedei emocionado entre a cantidade de veciños e veciñas que nos estaban arroupando na nosa presentación. Doulles grazas e mil grazas por asistir a este acto.

13 Anónimo 08/07/2015 16:35

¿Cando pensa pagar as facturas pendentes? Hai algunha esperando desde hai máis de dous anos, e non me diga que iso é unha falacia da oposición.

Manuel Regos:

Se vostede ten coñecemento dalgunha factura que se deba de fai máis de dous anos, pase polo concello que xa miraremos se é certo ou mentira.

14 Anónimo 08/07/2015 16:35

Vanse facer as dúas rotondas na N-550?

Manuel Regos:

Fomento prometeu que se ía a facer a rotonda do polígono e a da zona do instituto. Esperamos que así sexa e cumpran co seu compromiso, porque son moi necesarias para a seguridade dos noso veciños e veciñas.

15 Anónimo 08/07/2015 16:35

No caso deque vostede seguira de alcalde ¿que fará coa debeda que ten contida o concello?

Manuel Regos:

Neste momento a débeda viva do concello ronda o 66%, cando a lei permite endebedarse ata un 110%. Teño que dicir que a débeda do noso concello é inversión. Tivemos que comprar terreos para a cidade deportiva, para o paseo fluvial e para a ronda leste e outros enseres que crean patrimonio e que serán amortizados segundo os préstamos pertinentes de cada entidade bancaria.

16 Anónimo 08/07/2015 16:35

Qué opinión lle merece que en Ordes, un concello tan pequeno, se presentasen máis de 5 candidaturas distintas? Considera normal que en Ordes tantos concellais se teñan xa presentado por tantos grupos políticos distintos?

Manuel Regos:

A lei electoral permite presentarse a calquera grupo político e a calquera persoa. Así está recollido na normativa vixente.

17 Anónimo 08/07/2015 16:35

Tiene pensado usted hacer peatonal el campo de la feria? Sería buena idea

Manuel Regos:

Personalmente son partidario de zonas peatonales. Redundará sempre no ben dos veciños e tamén dos comercios. Temos as mostras en cidades como Santiago ou A Coruña, onde costou moito implantarse pero ao final os veciños quedaron satisfeitos. Na nova lexislatura estudaremos a implantación de novas zonas peatonales.

18 Anónimo 08/07/2015 16:35

Planteose algunha vez deixar a politica se nestas eleccións non logra sair Alcalde

Manuel Regos:

Toda persoa ten un ciclo, sobre todo na vida política. Por iso deberían estar regulados por lei os mandatos ás alcaldías.

19 Anónimo 08/07/2015 16:35

Porqué non se anima a participar nos debates que propoñía o BNG? Ten medo? Pensa que no debate non daría a talla?

Manuel Regos:

Non teño ningún problema en debater con calquera candidato ás eleccións, porque detrás deste goberno hai un gran traballo e é moi sinxelo debater contra a demagoxia.

20 Anónimo 08/07/2015 16:35

Cando se fara a concentración parcelaria da parroquia de Ordes

Manuel Regos:

Ordes está en fase de concentración en tódalas parroquias excepto Poulo e Ordes. penso que é preciso rematar as que están comezadas, porque algunha leva máis de vinte anos, e despois, como non, facer as tan desexadas concentracións de Poulo e Ordes.

21 Anónimo 08/07/2015 16:35

Bos dias. Pa cando se podera facer unha radiografia no PAC sin ter que ir a urgencias de Santiago. Un saludo e desexoche o mellor pa mayo.

Manuel Regos:

Nesta lexislatura conseguíronse moitas cousas para o noso centro médico, desde sintrom, outro fisioterapeuta, telemedicina... Nos queda pendente raios x, agardo que a Consellería de Sanidade implante raios en Ordes ou senón intentaremos facer un convenio cunha empresa privada para que os nosos veciños e veciñas non se teñan que desprazar a hospitais limítrofes.

22 Anónimo 08/07/2015 16:35

Por que o concello de Ordes non comprou unha carpa? Non cree que a estas alturas xa estaría amortizada, despois de tantos pagos de alquiler que se fixo nesta lexislatura?

Manuel Regos:

Estudamos a idea de comprar unha carpa, pero nos atopamos con moitas dúbidas. Como colaboramos con todas as festas parroquiais do noso concello, e ás veces coinciden en datas, era imposible tendo unha comparada decidir a onde levala, e por tanto, preferimos alugalas para dar resposta a toddas as demandas.

23 Anónimo 08/07/2015 16:35

Ë conciente de que o señor Gonzalez que vai na sua lista sae citado na operación Orquesta,¿Pon a man no lume por el?

Manuel Regos:

Descoñezo a vida persoal de cada compoñente da corporación.

24 Anónimo 08/07/2015 16:35

Como ha conseguido traer a artistas tan importantes a Ordenes?

Manuel Regos:

É a base das boas relacións persoais que temos tanto coa Asociación contra o Cancro como con espectáculos Lito.

25 Anónimo 08/07/2015 16:35

Porque a parroquia de ardemil sendo mais grande do concello leva os seu candidatos tan abaixo sinon valen porque non pon outros ?

Manuel Regos:

Os candidatos de UXO contan todos, independentemente do número que leven.

26 Anónimo 08/07/2015 16:35

cree vostede que os dous millos de euros da alameda serven pra algo

Manuel Regos:

Gustaríame que un día que tivese tempo, viñese polo concello para poder ver as obras e o que se fixo nelas. Era necesaria unha nova biblioteca adaptada aos tempos que corren; unha nova sala de conferencias para que todos poidan contar con ela, e que por certo está moi solicitada; era necesario un novo museo porque foi cedido por un artista de Ordes; e eran necesarios locais de ensaio para a xuventude, por tanto cremos que é unha obra necesaria para a nosa vila

27 Anónimo 08/07/2015 16:35

podes dar mais emplego a ordenes

Manuel Regos:

Estamos intentando, e así vai suceder, que dúas novas empresas se van ubicar en Ordes no novo polígono e van crear polo tanto postos de traballo. Agardamos que a través dos novos cursos de formación que van permitir que a xente se forme e teña acceso a traballo, e intentaremos tamén que cando o novo polígono esté rematado se instalen novas empresas para crear traballo e riqueza para o noso pobo.

28 Anónimo 08/07/2015 16:35

Porque ha desaparecido de la página web del concello la página de asociaciones?

Manuel Regos:

Está inhabilitada temporalmente xa que houbo un problema co dominio.

29 Anónimo 08/07/2015 16:35

Vostede estaba con Gonzalez no PP, despois vostede foise con Martino, despois creou UxO, despois pactou con González e agora volven a ir xuntos nunha candidatura. Non cree que esto lle resta credibilidade?

Manuel Regos:

En política temos que intentar facer o mellor en beneficio dos nosos veciños e veciñas. Independentemente das siglas, as persoas están por enriba dos partidos.

30 Anónimo 08/07/2015 16:35

Considra vostede a posibilidade de solicitar unha Escola Obradoiro para intentar finalizar as obras da estación de A Pontraga

Manuel Regos:

En primeiro lugar os obradoiros dan traballo e formación á xente desempregada, e sería moi importante para rematar esta fermosa obra que fixeron eles mesmos, e que poderá ser disfrutada polos veciños e veciñas cando esté rematada

31 Anónimo 08/07/2015 16:35

todo o que vostede fixo por Ordes nestes catro anos non hai ningún partido que o faga, por iso lle deseo moita sorte o 22M e espero que siga gobernando porque se existen as débedas é porque se fan obras e é porque Ordes medra. Enhoraboa. Un saúdo

Manuel Regos:

Moitas grazas. Todo o que se fixo foi en beneficio de todos vós e do progreso do noso concello, porque eu nacín en Ordes e quérolle ao pobo.

32 Anónimo 08/07/2015 16:35

Porqué intenta esquivar á xente de Ordes cando se dirixe ó Concello? cóstalle saúdar os veciños/as....

Manuel Regos:

Xa non como alcalde, como veciño de Ordes gústame andar polas rúas e falar con todo o mundo.

33 Anónimo 08/07/2015 16:35

Ten algún interés en que desapareza á Banda Amigos da música de Ordes? Cree normal o trato que está a recibir por parte deste governo? Menos Futbol e máis Cultura e outras cousas Sr. Regos!!!

Manuel Regos:

Neste mandato a nivel cultural quixemos poñer a Ordes no sitio que lle corresponde. Axudamos a todas as asociacións e neste caso a banda municipal non é discriminada polo concello, e de feito onte mesmo acordamos facer un novo convenio nestes momentos de crise, que entre todos intentaremos superar pero non deixando de axudar ás asociacións culturais.

34 Anónimo 08/07/2015 16:35

Vivo nunha aldea e enestas catro anos non arranxaron os baches da pista, pero tiveron cartos para pagar dúas veces as festas patronais ¿Cómo o explica?

Manuel Regos:

Son un coñecedor nato de todas as parroquias e lugares do concello de Ordes. Creo que está nun estado aceptable, estamos a invertir moito diñeiro nas mesmas. As festas patronais, como vostede sabe, están no xulgado e ao mellor ten que pagalas algunha persoa física.

35 Anónimo 08/07/2015 16:35

El señor Carlos Negreira dice en petit comité que usted es el futuro del PP de Ordes. ¿Es verdad? ¿Porque no sé presenta con el PP en estas elecciones?

Manuel Regos:

Estamos nun gran equipo representando a un gran grupo independente como é Unión por Ordes.

36 Anónimo 08/07/2015 16:35

Ten medo de que a operación ogando o salpique

Manuel Regos:

Non, non me interesa a operación Ogando, Orquesta e demais, se estivese salpicado por algunha cousa, xa procuraría estar máis informado.

37 Anónimo 08/07/2015 16:35

¿Por qué motivo considera vostede que as empresas elixen concellos como o de Oroso ou Cerceda para instalarse e non o noso?

Manuel Regos:

Posiblemente houbese antes unha falta de programación para a implantación de empresas no noso polígono, a ao mesmo tempo a falta de información dos empresarios sabendo que se poden acoller a programas tan importantes como o Miner. Estamos traballando a reo para que veñan novas empresas para Ordes e den traballo aos veciños.

38 Anónimo 08/07/2015 16:35

non cree que oseu eslogan o di todo

Manuel Regos:

Efectivamente, nós seguimos cumprindo.

39 Anónimo 08/07/2015 16:35

por que semejante gasto na cidade deportiva cando temos corredoiras nas parroquias

Manuel Regos:

Nós estamos investindo diñeiro en estradas e infraestruturas tanto a nivel deportivo como cultural. Neste caso pensamos que era necesario, con fondos adicados para instalacións deportivas, facer uns novos equipamentos dacordo aos tempos que corren, onde gran cantidade de xente acudie diariamente a practicar deporte

40 Anónimo 08/07/2015 16:35

cando lle van pagar os de vilar polo desvio da carretera

Manuel Regos:

Faltan algúns veciños sen presentar os documentos, pasarán ao notario para a firma e o cobro das fincas.

41 Anónimo 08/07/2015 16:35

con dous millos de euros non se poderia facer algo mais que un trozo dunha placa, non se poderia facer un edificio como de fernanducho de enfrente do concello

Manuel Regos:

No noso planeamento non está permitido facer esas edificacións, e cremos que é un espazo necesario para uso e disfrute de todos os veciños de Ordes.

42 Anónimo 08/07/2015 16:35

¿Porqué se fixeron máis cousas en Ordes en 4 anos que nos últimos 20? Non ten moito sentido porque estamos en crisis

Manuel Regos:

Tivemos a sorte de que nos abriron as portas en todas as administracións e en base a moito traballo conseguíronse moitas infraestruturas importantes para o noso concello.

43 Anónimo 08/07/2015 16:35

¿Se volve ser alcalde visitará e terá reunións cos veciños das parroquias durante a lexislatura, ou fará coma estes catro anos e so acudirá ás parroquias en época de eleccións?

Manuel Regos:

A verdade estaba intentando, es así o dixen cando me presentei, ir unha vez ao ano polas parroquias. Coñezo todos os lugares de Ordes, asisto ás grandes obras que se fixeron en todas as parroquias, pero posiblemente debido ao gran traballo que tivemos nestes catro anos, onde se fixeron grandes obras, non puiden acudir como me gustaría ter feito.

44 Anónimo 08/07/2015 16:35

¿Se volve ser alcalde visitará e terá reunións cos veciños das parroquias durante a lexislatura, ou fará coma estes catro anos e so acudirá ás parroquias en época de eleccións?

Manuel Regos:

A verdade estaba intentando, es así o dixen cando me presentei, ir unha vez ao ano polas parroquias. Coñezo todos os lugares de Ordes, asisto ás grandes obras que se fixeron en todas as parroquias, pero posiblemente debido ao gran traballo que tivemos nestes catro anos, onde se fixeron grandes obras, non puiden acudir como me gustaría ter feito.

45 Anónimo 08/07/2015 16:35

¿Por qué constru´ñiron un novo depósito da auga sen prever a súa conexión á rede? Esta rodeado de fincas privadas e non poden instalar as tuberías ¿quen é o responsable?

Manuel Regos:

Este depósito era necesario para Ordes. Tivemos que comprar a finca para a súa ubicación, pero un veciño de Ordes non accedeu a vender os seus terreos para o paso das tuberías, e estamos polo tanto en fase de expropiación.

46 Anónimo 08/07/2015 16:35

Todo o mundo se equivoca (é algo natural). Dígame tres cousas nas que se equivoco durante a lexislatura? Por favor contésteme.

Manuel Regos:

Gustariame ter posto en funcionamento o novo polígono, un aparcadoiro subterráneo tan necesario, e unha casa da xuventude e centro de día xa solicitada á Xunta de Galicia, e o remate do centro de discapacidade, que xa hai unha subvención aprobada para o mesmo.

47 Manuel Regos 08/07/2015 16:35

Moitas grazas a todos pola cantidade de preguntas que me enviastes. Agardo que as respostas fosen do voso agrado. Bos días a todos e todas.