Open uri20150703 3 11ejxkc?1435924370

El líder de Terra Galega en Carballo aspira a la alcaldía
tras haber estado en la oposición durante cuatro años.

1 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Cales son os puntos máis importantes do proxecto de Terra Galega para Carballo en materia deportiva?

Manuel Andrade:

A construción da cidade deportiva no polígono A Lagoa-Bosque, en vez das casas baratas que pretendía o BNG.

2 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Qué proyecto tiene pensado realizar sobre un futuro aparcamiento, tan necesario para Carballo?

Manuel Andrade:

Realizarlo tal y como estaba en el proyecto primitivo, sacando a concurso su concesión para conseguir que no le cueste ni un euro al Ayuntamiento, y la proyección del comercio, ferias y mercados.

3 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Que opinión lle merece o goberno do BNG nestes catro anos?

Manuel Andrade:

Pois un fracaso para o pobo de Carballo e unha ocasión económica desaproveitada polo despilfarro de cartos do Plan E, que non axudaron a paliar nada o paro nin o logro do equilibrio territorial nos investimentos.

4 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Que vai facer co TDT e co HOSPITAL COMARCAL?

Manuel Andrade:

Por suposto, en canto ao TDT, cubrir de sinal todo o territorio do Concello, porque son coñecedor de moitas zonas escuras. En canto ao hospital comarcal, é unha vella demanda dos centristas de Carballo e cando se iniciou, fai dous anos, a reforma do local do antigo ambulatorio xa Terra Galega propuxo un proxecto para paliar servizos de medicina e futuro aparcamento, con menos custe do que se empregou nas dúas fases de restauración do edificio vello. En canto ao hospital, demandaremos da Xunta de Galicia que a cabeceira da comarca de Bergantiños conte xa dunha vez con hospital comarcal e ambulancia medicalizada.

5 Anónimo 08/07/2015 14:35

Oye, Andrade, ¿por qué cuando van los politicos por él igual y tú y Sueiro no os saluda nadie ni vosotros a nadie? ¿Teneis tan poco carisma o que o es que mirais por encima del hombro?

Manuel Andrade:

Mi carácter, afable para todo el mundo, se traduce en saludar también a todo el mundo y no es verdad eso de que mire para otro lado.

6 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Que pensa do feito de que o número dous e o número tres do Partido Popular de Carballo digan que non van ter dedicación exclusiva en caso de que consigan gobernar?

Manuel Andrade:

É respectable a opinión de cada un dos concelleiros que se presenta a estas eleccións. Como opinión personal, o que non me parece tan ben é que digan que non van traballar por Carballo, pero todo iso é un problema do Partido Popular e dos votantes, que xa saben quen é cada quen.

7 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Que perspectivas de futuro nos daría ós máis novos?

Manuel Andrade:

En canto aos más novos, Terra Galega está compoñendo unha lista na que precisamente a maioría son novos, aínda que tamén continuamos algúns veteranos por esa necesidade de ir preparando aos máis novos. Pero en canto ó futuro dos máis novos, Terra Galega aposta eminentemente no noso programa por eles, co plan do pleno emprego, onde garantizamos que ao cabo de catro anos toda a xente de Carballo, especialmente os novos parados, terán traballo. En segundo lugar, tamén no noso programa van propostas importantes en canto á cultura, a educación e deportes.

8 Anónimo 08/07/2015 14:35

En Carballo hai unha empresa que fai moitas obras e que precisamente non é deste pobo nin deixa moi ben as obras, ¿qué faría sobre este tema?

Manuel Andrade:

Pois todo o contrario que está a facer o goberno. Terra Galega quere que as empresas de Carballo fagan a maior parte das obras do Concello (sempre respectando a legalidade). Eu coñezo algo da empresa á que vostede se refire. Dende logo o responsable de obras ten que estar máis encima delas e evitar, precisamente, ese fraude que vostede denuncia. Todos coñecemos casos como a mala calidade de algunhas beirarrúas, de asfaltos que se levantan ó dereito, de bacheo inservible, a limpeza inservible de cunetas que se está facendo, etc, etc

9 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Cal cre que foi o maior erro do seu goberno con Evencio Ferrero e Viña?

Manuel Andrade:

O maior erro foi confiar nas persoas sen facer un documento notarial onde se aceptaba todo o contido do noso programa.

10 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Por qué no te vas y dejas que este pueblo sea gobernado por personas más jóvenes y con nuevas ideas? ¿No crees que ya ha habido suficiente Andrade?

Manuel Andrade:

Las buenas ideas no tienen edad. El paso a los jóvenes se lo tienen que ganar ellos mismos, participando como los que participan en Terra Galega para ir haciendo el cambio político. En cuanto a si hubo suficiente Andrade, personalmente considero que Andrade aún no fue capaz de realizar su proyecto, el proyecto de despegue económico de Carballo, por no haber alcanzado esa mayoría de gobierno necesaria para abordar los grandes retos de Carballo: ciudad deportiva, aparcamiento, campo de golf, puerto deportivo, desarrollo de todos los núcleos y un PXOM de acuerdo con las demandas de todos los vecinos. Deseo tener esa oportunidad, y mientras tenga ánimos y salud seguiré proponiendo estas ideas para Carballo.

11 Anónimo 08/07/2015 14:35

Cre que vai gañar estas eleccións?

Manuel Andrade:

Efectivamente, se a xente se dá conta de que os proxectos de esquerdas e de dereitas están gastados e non solucionan ningún dos grandes problemas de Carballo, é hora de pensar nunha alternativa nova. Alternativa de centro, moderada, dialogante e capaz de negociar coas Administracións para sacar réditos importantes para Carballo.

12 Anónimo 08/07/2015 14:35

Cal sería a razón pola que unha rapaza que vai votar por primeira vez debería facelo ó seu partido?

Manuel Andrade:

Porque o que vemos ata agora en política, tanto de BNG, PSOE ou PP, non ten ningún interese para os mozos. Os grandes partidos olvidáronse desta xente. Polo tanto, Terra Galega mira precisamente para o futuro de Carballo, porque en Carballo vai haber traballo e por ende benestar para formar unha familia e criar aos seus fillos.

13 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Pensa retirarse se non goberna?

Manuel Andrade:

Pois non. Iso vai depender, como dixen antes, da miña saúde, que ata agora é de ferro.

14 Anónimo 08/07/2015 14:35

Señor Andrade, Sueiro ya ha dejado claro que no va a pactar con usted. Por tanto su única posibilidad será pactar con Evencio, como ya hizo en dos ocasiones anteriores. ¿Cree que esta única alternativa dificulta o mejora sus expectativas?

Manuel Andrade:

Terra Galega quiere, como todos, gobernar en solitario. Si así fuera, daría, como novedad, oportunidad a todos los partidos para trabajar en los grandes consensos y el ofrecimiento de participación en el gobierno. En cuanto a pactos, Terra Galega pactará con su programa, como fueron las negociaciones anteriores con el BNG. El programa de Terra Galega será el principal pacto que haremos, y se lo ofreceremos al PP, al BNG y a quien obtenga resultados para garantizar un gobierno estable.

15 Anónimo 08/07/2015 14:35

Por qué se levou a cabo a obra do mercado estando todos en contra, ata os mesmos placeiros, que agora parecen sardiñas en lata?

Manuel Andrade:

Pola terquedade deste goberno, e a pouca seriedade do alcalde. Porque, recordarán todos, que o proxecto que fixemos na primeira opción para a concesión de empresas, o señor alcalde estaba plenamente dacordo. Despois fixo outro acordo con nós en que se ía invitar a unha serie de empresas facendo unha nova oferta, e non foi así. Máis tarde gastáronse cartos en facer o informe de Mercasa, que tamén era un informe que coincidía co proxecto xeral, pero tampouco se fixo. E despois, caprichosamente, se decidiu facer unha reforma. E agora vemos estes problemas, pero quedan sen resolver a futura promoción comercial pola falta de aparcamento e accesibilidade a esta reforma. Terra Galega, en canto teña responsabilidades de goberno, fará, tal como vai no programa, a reforma da reforma do mercado, consistente, principalmente, en facer un enlace ao aparcamento futuro, facer unha accesibilidade mecánica e, por suposto, a ampliación dos postos actuais coa súa reubicación máis acorde ás necesidades. E tamén os espazos baleiros, tanto primeira planta como sótano, serán renegociados coa participación de todos os sectores (placeiros, comercio do entorno e representantes políticos) para elevar a proxección comercial das nosas feiras e comercios.

16 Anónimo 08/07/2015 14:35

Estou indeciso de cara a quen votar, gustariame que me dixera ós moitos que están coma min, porque deberíamos votar á súa candidatura. Moitas gracias

Manuel Andrade:

Porque xa dei probas da eficacia e da boa administración dos cartos cando tiven responsabilidades de goberno. Quero dicirlle que nas miñas mans os presupostos que agora se estiveron manexando permitiríanme moitas máis obras, porque ninguén entende como se gastaron o dobre do que valen as obras nalgunhas delas. Porque vou aforrar moitos cartos do gasto corrente para permitir outras inversións en todo o territorio. Porque non vou cobrar soldo ningún, e os cartos que aforraremos na nova corporación servirán para aumentar as partidas de benestar social, entre elas as das familias necesitadas. Porque vou facer de Carballo un bo lugar para vivir, porque vou traer industria, á cal lle vou dar terreo case gratuíto a cambio de postos de traballo. E todo un largo etcétera que figura no programa, o cal lle invito a ler.

17 Anónimo 08/07/2015 14:35

Trala súa recoñecida xestión ó frente da Federación española e europea de caza, ¿que nos podería aportar a nivel local?

Manuel Andrade:

Podo aportar experiencia de xestión administrativa. Podo aportar moitos contactos con distintas Administracións autonómicas, deportivas e, en especial, coas Administracións das directivas europeas, das cales tamén fun representante da comisión informativa de Medio Ambiente. Aportarei os coñecementos que fun adquirindo en todos os concellos que visitei ao longo deses 12 anos que faltei de Carballo. Vin casos moi chamativos da loita contra o paro. Recordo especialmente o caso de Australia, onde todos os rapaces que terminaban unha carreira tiñan traballo, pois todas as empresas tiñan un cupo de postos de traballo para xente que remataba a carreira, que eran compartidos entre todos os mozos sen traballo. Vin casos de xestión e de señoras voluntarias de tráfico, vin casos de consellos de veciños por barrios e parroquias, os cales aportaban nesas sesións de sanedrín unha eficaz participación na política local. E moitas outras iniciativas, que tamén xa figuran no programa, que veñen dadas da experiencia administrativa e a visíón de futuro que teño de Carballo.

18 Anónimo 08/07/2015 14:35

Puede decirnos una palabra que defina su programa electoral? Cree que realmente puede cumplirlo?

Manuel Andrade:

Andrade fue siempre hombre de palabra. No hay vecino en Carballo que viniera a visitarme al despacho exponiéndome un problema solucionable al que no le buscara solución. Por lo tanto, tanto en programas pasados como en este actual nos comprometemos a cumplirlo íntegramente. Y pruebas hemos dado.

19 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Se chega a gañar...cómo cree que pode evitar roubos, por exemplo a poucos metros da Policia Local? Pregúntollo porque entre outras cousas, NUNCA vin un policia local a pé despois de medianoite.

Manuel Andrade:

O que si lle podo garantizar é que haberá unha revisión e un estímulo para que os policías sexan máis eficaces en Carballo. Todos sabemos o malestar que hai no corpo contra esta corporación, e iso non é bo. Pelexaremos para que volva a Policía Nacional. Carballo creo que está dentro dos concellos que teñen esa necesidade. Polo tanto, nesa área a persoa responsable que aí estea vai seguir estas pautas, e esperamos reducir os roubos e garantizar ao máximo a seguridade cidadá.

20 Anónimo 08/07/2015 14:35

Señor Andrade, expliquenos como vai a conseguir o pleno empleo

Manuel Andrade:

Pois é moi sinxelo, porque o vin noutras latitudes. Pode verse algún exemplo cerca de aquí, especialmente en Narón. Pero explícome: Primeiro, crearemos unha partida inmediata de cartos importantes para a creación do centro de pleno emprego, que consiste na creación dunha fundación, á cal van ir parar estes fondos máis os que procuremos doutras Administracións que tamén teñen vías abertas para estes plans. Dentro desta fundación haberá tres liñas de traballo: escolas taller, obradoiros e a principal medida será a creación do centro de produción. Neste centro haberá varias ramas de especialización (carpintería, cantería, chapa, albañilería, fontanería, informática, etc, etc) na que permanentemente se irán especializando, con cursos e traballo, os parados de Carballo. Terán soldo e Seguridade Social. Dende este centro e dende as escolas taller e obradoiros sairán permanentemente as persoas preparadas para entrar nas empresas concertadas co centro de emprego. Segundo. A creación doutra partida para subvencionar a compra de terreos por parte das empresas no polígono de Carballo. Esta subvención estará condicionada no seu importe polo número de postos de traballo que ofrezan ao centro de emprego, que terá que manter a súa amortización con postos de traballo un mínimo de dez anos..

21 Anónimo 08/07/2015 14:35

Me gustaría saber, cuál es su plan de peatonalizar futuras calles de carballo

Manuel Andrade:

Siempre estoy abierto a la peatonalización de calles, pero siempre sin detrimento de los servicios necesarios que hay que efectuar en automóvil.

22 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Estaría dispuesto a apoyar la lista más votada sin pactar o solo la apoyaría con un pacto por medio?

Manuel Andrade:

Ya contesté anteriormente que Terra Galega pactará con el programa.

23 Anónimo 08/07/2015 14:35

As parroquias de Rus, Entrecruces e Ardaña sempre foron as grandes olvidadas do Concello, entre os seus déficit está a falta de infraestructuras deportivas. O Clube Deportivo Rus reinvindicou en varias ocasión un lugar axeitado para poder xogar o fútbol sen sen ter que pagar un aluguer ou desprazarse varios quilómetros para facelo. Que solución proporía vostede?

Manuel Andrade:

Estou dacordo coa primeira parte da súa exposición en cando ó olvido de todo o territorio. En canto ao campo de fútbol de Rus, tiven ocasión de facerlle saber ó presidente do clube que se nós estamos no goberno compraremos un terreo para facer ese campo de fútbol. Só fai falta que nós gañemos e que eles vaian preparando un terreo para comprar.

24 Anónimo 08/07/2015 14:35

Que se vai a facer no bosque?

Manuel Andrade:

No Bosque vaise facer, por unha banda, esa gran cidade deportiva e zona residencial e unha franxa moi ancha ao longo do río vaise converter no pulmón de recreo de Carballo. Aproveito a ocasión para decirlle que Terra Galega ten previsto facer un carril bici ao longo do río separado do actual peatonal, onde os ciclistas están causando moitos problemas ós peóns.

25 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Como tentaría solucionar a gran cantidade de mozos e mozas que non atopan traballo en Carballo?

Manuel Andrade:

Pois que se apunten en Terra Galega para esa futura relación de demandantes a entrar no centro de emprego.

26 Anónimo 08/07/2015 14:35

sr, andrade está claro que Carballo necesita un cambio urxente en canto a xestión do noso concello,en que basaría usted ese cambio

Manuel Andrade:

Aforro do gasto corrente, maior planificación das súas inversións, busca de fondos doutras Administracións e unha Administración eficaz.

27 Anónimo 08/07/2015 14:35

Que puede decirle a los vecinos de Sísamo sobre el estado de la carretera, la falta de aceras y el falso proyecto que parece nunca llegará, una verguenza. Tito.

Manuel Andrade:

Sobre la carretera de Sísamo, el proyecto está hecho, aprobado por pleno, aprobado por Diputación y solo falta su ejecución. Su paralización es consecuencia de las gestiones de este gobierno. Uno de nuestros compromisos es iniciar de inmediato las obras correspondientes con todos los servicios.

28 Anónimo 08/07/2015 14:35

¿Volverá a pactar con Evencio, si le ofrece lo que usted quiere?

Manuel Andrade:

No. Pactaré con el programa.

29 Anónimo 08/07/2015 14:35

Con qué sector de Carballo se identifica máis e sobre o cal vai ter máis atención? Cos empresarios, cos traballadores, cos parados, coa xuventude, cos marxinados. Un saudo

Manuel Andrade:

Con todos eles. A nosa lista está feita, precisamente, por todos eses sectores. E todos deben ser tratados con equilibrio e con sentimento. A actual corporación, e outras anteriores, non tiveron esa sensibilidade cara estes sectores, sobre todo o do comercio, industria e xuventude.

30 Anónimo 08/07/2015 14:35

Ca que está caendo, ¿por que lle damos as obras as empresas de afora?, os cartos en vez de quedar no pobo marchan para outros lados. É incríble

Manuel Andrade:

Estou dacordo con vostede. Xa contestei anteriormente que vou primar ás empresas de Carballo para que a roda da economía local se nutra desas inxeccións que poderían ser as obras públicas.

31 Anónimo 08/07/2015 14:35

Médranlle os ananos a Evencio, praceiros, policia local, telefonía movil, desinformación absoluta ó pobo, ¿ cal é a súa receita?, moitas gracias

Manuel Andrade:

Pois solucionar todos, porque teñen solución fácil e satisfactoria para todos.