Data?1436006835

El político del PROVI explicó que Vigo necesita 'Un
alcalde capaz de pactar coas forzas políticas e sociais de
Vigo os investimentos que Vigo precisa e que logo teña a
capacidade de xestión, a tenacidade, e mesmo a firmeza pra
defendelas en Santiago e en Madrid ata conseguir o que
necesitamos'.

1 Manoel Soto 09/07/2015 13:22

Un agarimoso saudo para todolos cibernautas. Quedo ó voso dispor. Unha aperta.

2 Anónimo 09/07/2015 13:22

escoitei que non lle interesa a lingua galega, e non pensa utiliza-la.É certo?

Manoel Soto:

Debe vostede estar confundido de político, porque eu son galeguista e sempre emprego o galego.

3 Anónimo 09/07/2015 13:22

Boas. ¿Como ve vostede a esquerda política e a social en Galicia?. Gracias e sorte nas eleccións.

Manoel Soto:

Non me gusta nada o governo do PP de Galicia, pero lamentablemente a alternativa que ata agora propoñen BNG e PSOE non resulta crible para o electorado. Por eso estamos a formar o partido Democracia Progresista Galega.

4 Anónimo 09/07/2015 13:22

Abrir Vigo al Mar ¿cuando se finalizará?

Manoel Soto:

Na miña opinión aínda non empezou. Comezará cando fagamos o parque marítimo de Vigo, a nova praia de Teis, un paseo marítimo de 7 kilómetros entre Bouzas e Canido, e o acrecentamento de todas as praias de Vigo, incluida a de Samil, que pasará dos 25 o 30 metros de fondo de area seca en preamar ata 125, 130 metros.

5 Anónimo 09/07/2015 13:22

¿Tiene alguna solución al caos de trafico?

Manoel Soto:

A aplicación do noso plan integral de tráfico que conten 36 medidas, algunhas tan importantes como a construcción dunha estación de transferencia de mercadorias, aparcadoiros disuasoiros nas entradas de Vigo, a nova autovía Vigo-Porriño e a máis importante de todas: o metrotren (liñas ferreas de uso polivalente para trens de cercanías, de medio recorrido, de longo recorrido, alta velocidade e transportes urbanos).

6 Anónimo 09/07/2015 13:22

Se aliaría con PSOE o BNG para que uno de los dos candidatos fuera alcalde?

Manoel Soto:

Estamos dispostos a pactar coas forzas políticas que mellor nos axuden a garantir a aplicación dun gran programa de governo para Vigo. Nós presentamos o programa máis importante que se teña presentado na historia de Vigo nunhas eleccións municipais, e estaremos encantados de sumarlle outras ideas positivas das demáis forzas políticas. Despois deses pactos, falaremos da composición do governo.

7 Anónimo 09/07/2015 13:22

¿Qué necesita esta ciudad para que se invierta en ella lo que merece por población y nivel económico?

Manoel Soto:

Un alcalde capaz de pactar coas forzas políticas e sociais de Vigo os investimentos que Vigo precisa e que logo teña a capacidade de xestión, a tenacidade, e mesmo a firmeza pra defendelas en Santiago e en Madrid ata conseguir o que necesitamos.

8 Anónimo 09/07/2015 13:22

Estaria você disposto a um pacto post-eleitoral com o Partido Poupular?

Manoel Soto:

Se está a falar do Partido Poupular portugués, non, porque non toca.

9 Anónimo 09/07/2015 13:22

Lo primero que hará si llega al concello de vigo

Manoel Soto:

Pactar un programa de governo, en base ó noso, de xeito que Vigo dea o maior salto cara adiante de toda a súa historia.

10 Anónimo 09/07/2015 13:22

quien va a pagar todo lo que usted pretende conseguir

Manoel Soto:

Temos estudios financeiros feitos dos proxectos que pretendemos facer, e doulle algúns exemplos: O metrotren, que será realizado nun prazo de oito anos) será fundamentalmente pagado con fondos europeos (xa fixen pescudas ó respecto, pois non en vano fun 10 anos membro do Consello de Europa). O parque marítimo de Vigo (cun custo de máis de 5.000 millóns de pesetas) será pagado polo porto e a zoa franca (como publicamente xa admitiron) e será realizado na próxima lexislatura. A nova praia de Teis, cun custo de máis 2.000 millóns de pesetas, co seu paseo e o seu parque, serán pagadas polo ministerio de Medio Ambiente e polo porto e realizadas dentro da próxima lexislatura. E o gran paseo marítimo de Vigo e o acrecentamento de Samil serán pagados polo ministerio de Medio Ambiente e realizado no prazo de seis anos.

11 Anónimo 09/07/2015 13:22

Leyendo una noticia de la voz, he redescubierto a este hombre, la verdad, es que hay mucha gente que lo añora, lo me gustaría saber es pq fue expulsado de su partido? gracias

Manoel Soto:

Non fun expulsado do PSOE. Deixeino eu voluntariamente, porque como dixo Winston Churchill, "a veces compre mudar de lugar para non ter que mudar de ideas". O Partido Socialista en Vigo está roto en cen anacos, leva moitos anos así, e namentres así siga a estar, non é o instrumento que precisa a sociedade viguesa para xerenciar o cambio que necesitamos.

12 Anónimo 09/07/2015 13:22

por qué sendo vostede progresista e de esquerdas, hay publicamente plantexada a posibilidade de que poida se-la esperanza para que goberne o pp ? non cree que eso é o que fai que estea baixando nas enquisas? Eu xa non penso votarlle por eso

Manoel Soto:

O máis progresista é traballar para resolverlle os problemas a sociedade en xeral e ós que menos teñen en particular. Nesta lexislatura pasada, nen o PP (cousa normal), máis tampouco o BNG nen o PSOE se teñen comportado como progresistas. O meu traballo político dende sempre é claramente progresista. O programa que presentamos as eleccións é progresista, e non pactaremos con ninguén senón é en base ó mesmo.

13 Anónimo 09/07/2015 13:22

Como Ventura Pérez Mariño non quixo responder, agardo que vostede o faga: cales son os puntos do programa de PROVI con respecto á normalización lingüística na cidade

Manoel Soto:

Nesta corporación, vinme obrigado a presentar unha moción para recuperar o nivel de emprego e uso do galego que tiñamos cando eu era alcalde. E no noso programa de cultura, o primeiro parágrafo di "o galego connosco agromará e florecerá por todas partes".

14 Anónimo 09/07/2015 13:22

Camarada Soto, poder ser Vigo a ponta de lanza que rompa o bipartidismo en Galicia

Manoel Soto:

Non sei. En Vigo imos a pactar o mellor programa de governo posible. E con quen máis e mellor nos garanta a súa execución, que é o que lle interesa e convén ós vigueses.

15 Anónimo 09/07/2015 13:25

su opinion sobre la valoracion de puestos de trabajo del Concello de Vigo aprovada por el BNG y declarada ilegal por el Delegado del Gobierno

Manoel Soto:

Que, lamentablemente, o Delegado do Governo tiña razón, porque o acordo do pleno era ilegal.

16 Anónimo 09/07/2015 13:22

son un cidadán de Lugo, por que non haberá alguén coma vostede que se presente a alcadía que represente o galeguismo progresista, será acaso de que vostede é unha persoa rara e os galeguistas somos unha especie a exitinguir

Manoel Soto:

Amigo lugués, coido que os galeguistas somos unha especie en aumento, porque Galicia, obxectivamente, precisa de nós. Sumemonos todos para conformar un gran proxecto galeguista, moderado e progresista, que sexa capaz de axudar, entre outras cousas, a conformar unha alternativa de governo crible e eficaz.

17 Anónimo 09/07/2015 13:22

Es cierto que manifiesta en público que lleva la mejor candidatura para gobernar Vigo, no le parece que el Sr. Arca ya está mayor, que el Sr. Alonso es un advenedizo, etc, etc.

Manoel Soto:

Primeiro, o señor Arca ten unha capacidade vital absolutamente envidiable. Traballa desde as 7 da mañá ata as 12 da noite (coma sempre) e ten sido o concelleiro máis eficaz da historia de Vigo, sobre todo, para os veciños do rural. O señor Alonso leva anos loitando dende a confraría de pescadores de Vigo para que teñamos unha ría saneada e limpa. Antes diso, ten salvado vidas humanas con risco da súa, e recentemente, foi a persoa que dirixiu ós nosos mariñeiros de xeito que impediron que o chapapote estragara a ría de Vigo. Sobranlle moitos méritos para ser concelleiro, e amáis, será o primeiro mariñeiro que chega a concelleiro na democracia en Vigo.

18 Anónimo 09/07/2015 13:25

Sr. Soto, qué alternativa nos trae vostede os máis pequenos, os que nos gusta pasear, ir a praia, xogar, e non ver tanto e tanto coche. Xavier de Coia

Manoel Soto:

Primeiro, arranxar os xardíns e os parques do teu barrio; segundo, acrecentar todas as praias de Vigo; terceiro, construir o maior paseo marítimo de Galicia; cuarto, crear unha nova praia en Teis, e facer en seis anos o equivalente a seis Castrelos.

19 Anónimo 09/07/2015 13:25

no considera que Vigo es una ciudad muy poco solidaria internacionalmente? No hay una partida destinada a proyectos de cooperación de ongs en países del sur

Manoel Soto:

Nesta corporación pasada, teño proposto sen éxito un importante aumento das partidas orzamentarias dedicadas á cooperación internacional. Na próxima corporación, amais de aumentar esas partidas orzamentarias, crearemos a fundación municipal dos servicios sociais, con sede e orzamento propios, onde, entre outras cousas, acubillaremos ás ONG's de xeito que o voluntariado poida multiplicar as súas posibilidades de actuación en Vigo.

20 Anónimo 09/07/2015 13:22

Sr.Soto, que piensa hacer en el rural, sé que siendo alcalde se preocupo mucho por el y ahora?

Manoel Soto:

Comigo de alcalde, o rural tivo o crecemento maior e mellor da súa historia. Coa axuda de Agustín Arca e doutros concelleiros faremos que o rural se coloque en materia de servicios e de calidade de vida ó nivel dos cidadáns do casco urbano.

21 Anónimo 09/07/2015 13:22

soy, el que ha realizado la primera pregunta, me gustaría saber las tendencias ideologícas que tiene su partido, gracias

Manoel Soto:

Eu son un socialdemócrata e un galeguista que é o que fun toda a vida. E o meu partido declarase como moderado e progresista, con vocación de servir a Galicia ata situala ó pe dos povos máis desenvolvidos.

22 Anónimo 09/07/2015 13:22

¿Pensa que poderiase explotar mellor ter as Cíes non só turisticamente, senon didacticamente?¿Que opina do transporte VITRASA ao CUVI?GRacias.(Juampapita)

Manoel Soto:

O metrotren terá unha parada en Sárdoma (aproximadamente na mitade do camiño entre Vigo e a universidade). Dende esa parada, partirá unha lanzadeira continua pra ir e vir da universidade.

23 Anónimo 09/07/2015 13:22

Más cultura y menos fútbol, hay apoyo a otro tipo de deporte o actos culturales en su proyecto?

Manoel Soto:

Na nosa páxina web (www.provigueses.com) pode ver que o noso programa de cultura é o máis ambicioso dos que se presentan para a próxima lexislatura, pondo acento mais na cultura participativa que na contemplativa. Iso non empece para que tamén teñamos un excelente programa de deportes no que incluimos a creación de varios campos de fútbol.

24 Anónimo 09/07/2015 13:22

¿Pensa impulsar proxectos coas localidades do outro lado da ría?(Transporte, lixo, escolas, etc)

Manoel Soto:

A nosa concepción da área metropolitana correspondese coa realidade económica e social do noso entorno, e dicir, coa delimitación da antiga provincia de Vigo, na que estaría incluida, naturalmente, a outra beira da ría, pra traballarmos xuntos a prol de todos os servicios públicos que se consideren convenientes.

25 Anónimo 09/07/2015 13:22

¿Que me dice de ese rumor popular que afirma que durante su mandato se contrato como policias locales al lumpen vigues?

Manoel Soto:

Vigo conta cunha excelente plantilla de policías locales. Eso sí, pesimamente dirixidos polos políticos. Cambiaremos a organización da policía coa creación de duas novas comisarías: unha no Calvario para atender ó Vigo do leste, e outra en Coia, para atender o Vigo do oeste. Xa que logo, a nosa organización e a dirección que lle daremos a policía, fará que se rebaixen drasticamente os delictos en Vigo, como sucedeu cando fun alcalde.

26 Anónimo 09/07/2015 13:22

Los líos del gobierno PSOE-BNG favorecen a alguien?

Manoel Soto:

So teñen perxudicado a Vigo.

27 Anónimo 09/07/2015 13:22

¿Que pensa de Felipe González? ¿É un modelo para vostede?

Manoel Soto:

Na miña opinión, foi un dos mellores presidentes de governo da historia de España.

28 Anónimo 09/07/2015 13:22

Haciendo política-ficción, imaginese un resultado de PP-12, BNG-7. PSOE-6 y PROVI 2. ¿Con quién ser´çia más fácil el pacto?, y de no poder ser Vd. ¿cuál sería su alcalde preferido?

Manoel Soto:

O primeiro que quero facer ó chegar ó concello é cambiar a cultura de conseguir poder pola de conseguir cousas pros vigueses. E dicir, non pactarei con ninguén sen que previamente se pacto un programa de governo que obrigue a todo ó governo. O noso programa é, con moita diferencia, o mellor, e polo tanto, deberá ser a base principal dese pacto. O outro viría despois. De todolos xeitos, permitame dicirlle que o seu suposto infravalora grandemente os resultados que PROVI vai obter nas próximas eleccións.

29 Anónimo 09/07/2015 13:22

¿pensa facer algo para impulsa-lo casco vello?

Manoel Soto:

No noso programa está previsto a rehabilitación integral do casco vello de Bouzas e do casco vello central, coa axuda de fondos europeos, nun prazo de entre catro e seis anos.

30 Anónimo 09/07/2015 13:22

En materia deportiva, fomenta a sua proposta o deporte xuvenil?

Manoel Soto:

Na nosa páxina web (www.provigueses.com) atopará vostede o noso programa de deportes, que é, con diferencia, o mellor que se presenta a estas eleccións. Boa parte dese programa está dedicado á mocidade.

31 Anónimo 09/07/2015 13:22

Suprimirá el recibo de la basura?

Manoel Soto:

Nós temos o compromiso de que os cidadáns do rural paguen menos ca os do casco urbano (como se facía cando eu era alcalde) porque teñen peor servicio. Mais en modo algún pensamos suprimir unha taxa que é necesaria pra podermos realizar un servicio eficaz.

32 Anónimo 09/07/2015 13:22

¿Non debería haber apoio municipal ós artistas novos para que poida xurdir unha nova "movida"?

Manoel Soto:

Os governos que eu presidín axudaron a que artistas novos, deseñadores de moda, etcétera acadaran un nivel equiparable ó de calquera outra cidade de España (lembrese aquel eslogán co que empapelamos Madrid que dicía: "Madrid se escribe con V de Vigo". Connosco volverán momentos semellantes na nosa cultura en xeral.

33 Anónimo 09/07/2015 13:22

É positivo para Vigo as axudas do ayuntamiento o R.C.Celta coma empresa privada da que viven uns privilexiados?

Manoel Soto:

O Celta non produce dividendos ós seus accionistas. Cada domingo que xoga o Celta hai mais de 20.000 persoas en Balaídos. E moitisimos mais que sinten o Celta como algo seu. Eu axudei e axudarei ó Celta sempre que non prexudique a intereses superiores (Citroen, solución ó estadio de atletismo, colexio público de Balaídos).

34 Manoel Soto 09/07/2015 13:22

Moitas gracias de todo corazón ós habitantes do ciberespacio por facerme pasar un tempo ameno reflexionando sobre as vosas preocupacións. Se queredes saber mais cousas do noso programa electoral, atoparédelo na nosa páxina web: www.provigueses.com. Despidome. Ata cando queirades. Unha forte aperta.