Candidato de EU en A Coruña
Compite en estas elecciones municipales con el objetivo
de conseguir representación en la corporación.
Bo día, aqui me tedes disposto a repostar todo o que indiquedes, xa sabedes que dentro duns días serei o voso novo concelleiro ;-)
En Santiago, en Vigo y en Coruña parece ser posible la entrada de EU en la corporación, ¿porque solo EU en las urbes?
Principalmente porque non temos posibilidade de crear consellos locais en zonas de poca poboación, esperemos que agora, que a xente nos visualiza, consigamos incrementar a nosa presenza en toda a Galiza
Buenos días César, ¿Vas a tener algún plan de austeridad ? En caso afirmativo, ¿cuáles son tus las propuestas? Gracias.
Por suposto, un plan que consideramos condición indiepensábeis para comezar a dialogar con calqueira forza política. Básicamente consiste en: Redución dun 25% do salario de cargos públicos e persoal de confianza. Redución dun 50% de dotacións a grupos municipais e asesores. Redución dun 75% do orzamento en protocolo e relacións públicas, un Plan de Reorganización Administrativa Coruñesa (PRAC) para mellorar a eficiencia e cubrir máis servizos sen ter que investir máis...
Qué opinas de la Democracia Participativa?
Unha das nosas razóns de ser, para nos a democracia participativa cosnstitue un eixo transversal do noso programa municipal. Comezaremos con participación cidadá e orzamentos participativos para que a veciñanza de cada barrio poida decidir como investir no seu barrio unha partida orzamentaria. En definitiva queremos outorgar maior poder de decisión a cidadanía.
¿Qué se puede hacer desde los municipios para cambiar políticas tan globales como el poder del mundo financiero, el paro o la precariedad laboral?
Moito, apliquemos o vello axioma ecoloxista, pensa en global e actua en local. Para transformar a sociedade, temos que comezar polo máis próximo, os concellos. Podemos promocionar, e así o hacemos mediante o Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME), aos emprendedores que creen emprego estábel e de calidade, tamén aos que cambien o seu modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependente do petróleo. Obviamente non podemos atacar o problema dos mercados, e dicir dos especuladores, dende o local, pero si que podemos facer moito para mellorar a calidade de vida da veciñanza.
Sr. Santiso, creo que está claro que los que saldrán más perjudicados con este ambiente de "indignación" será el PSOE; díganos por qué debería este colectivo apostar por ustedes como alternativa. Saludos
Porque temos propostas realistas e pragmáticas para favorecer a maioría social, porque temos a valentía de promover un auténtico cambio do modelo produtivo cara a un máis sustentábel e menos dependente do petróleo, porque queremos empoderar a veciñanza mediante participación cidadá, porque queremos levar a ética e a transparencia ao concello, porque para nos o público e garante do social, porque non nos agachamos diante do capital e aceptamos o ditado dos mercados. Porque somos a forza da alternativa e defendemos outra política é posíbel. E sobre todo porque facemos o que dicimos. Darnos a oportunidade e volo demostraremos.
que te parecen las movilizaciones en la puerta del sol
Paréceme que a cidadanía por fin espertou do letargo no que estaba sumida, polo discurso do lobby neoliberal. Ese discurso TINA (Three Is Not Alternative) que durante tanto tempo difundiu o poder mediático en manos do capital. Agora a cidadanía crítica e activa está a dicir que así non, que basta xa, que queremos democarcia real, que o poder emana do pobo e non do capital. Penso que estamos diante dunha nova era, a era do empoderamento da cidadanía, a era do fin do actual sistema depredador e inhumano. Agora máis que nunca outro mundo, non so é posíbel, senón que é necesario.
¿e certo eso de que queredes montar un wikileaks municipal na coruña? Publicar en internet a docentación municipal sobre cintratos, etc, facéndoa pública en internet...
Efectivamente, a transparencia semella fundamental para que os poderes públicos e a clase política recuperen a dignidade perdida, logo de tantas irregularidade e sometemento aos mercados. Pretendemos poner a disposición de toda a veciñanza coruñesa os expedientes de contratación de obras e servizos, asemade dos expedientes de subvencións, para que todos o coruñeses e coruñesas podamos saber como administra o concello os nosos cartos. Toda esta información estará dispoñíbel a través dunha plataforma segura de internet para todos os empadronados no noso municipio.
Si IU consiguiese un concejal pactariais con el PSOE para formar parte del gobierno municipal?
Un, semella poco, a mediados de campaña estabamos pulando polo segundo, máis os últimos datos dannos posibilidade de acada incluso o terceiro. Todo depende do apoio que nos de a veciñanza crítica, si todos os veciños e veciñas de esquerdas desencantados coa política e o sistema, confian no noso proxecto alternativo e transformador e nos dan unha oportunidade, oportunidade que nunca tivemos. Podemos facer que A Coruña sexa titular en todos os medios o 22 de maio. Coa vosa forza, imos a por todo. So gobernaremos si temos un grande apoio, con 1 ou 2 concelleiros entendemos que a veciñanza quere exerzamos unha labor de intervención e control sobre a acción de goberno, e de seguro que o faremos. En todo caso podedes estar tranquilos, non nos venderemos por unhas concellerías, non defraudaremos a maioría social, como outros xa fixeron. Somos conscientes de que somos a última esperanza para aclase traballadora.
Por qué se lamentan tanto del sistema electoral. Con el mismo ustedes consiguieron en los 90 más de veinte diputados. No le parece acertado aquello de una constante nunca explica una variable
A lei electoral é inxusta e antidemocrática. Nos defendemos un cidadán un voto, máis a lei electoral castiga a Esquerda Unida coa necesidade de acadar 7 votos por cada 1 do PSOE, PP, BNG... A proba a temos que con case que 1.000.000 de apoios so temos dos parlamentarios en Madrid. En relación coas municipais tamén a consideramos inxusta, non entendemos porque necesítase ter un mínimo do 5% para poder achegarse ao concello. Si obtemos un 4,9%, a lei impide que uns 5.000 veciños teñan voz en María Pita, está claro que o que pretende a lei é cercenar os dereitos das minorías e favorecer as maiorías.
¿Coruña va a escuchar más al área metropolitana y sus problemas? Los habitantes del Área muchas veces sufrimos más que los coruñeses las decisiones de los alcaldes. ¿O no os importa porque no votamos en la ciudad?
A Coruña ten que ser o motor da nosa bisbarra e, xa que logo, debe liderar o proceso, nos defendemos a maioría social, seña da Coruña ou de Culleredo. As persoas por riba do capital.
¿Cre posible que os afiliados a comisións obreiras lle voten despois de que vostede secundara a folga contra a reforma das pensións?
Por suposto, moitos compañeiros estan en contra da sinatura do devandito acordo. Sexamos coherentes, a reforma das pensións constituiu un ataque frontal aos nosos dereitos, un recorte sen precedentes. Cumpre ter valentía e alzar a voz, incluso contra a túa organización, cando crees que non o fai ben.
No piensa que las guarderías municiaples son pocas y estan mal distribuidas.
Si, propoñemos cubrir progresivamente todas a demanda de prazas con garderías públicas, sabemos que é dificil de acadar pero traballaremos nelo, dende a seguridade que as políticas de conciliación da vida laboral, familiar e persoal, son fundamentais para mellorar a calidade de vida da veciñanza.
¿Qué opinión tiene de los colegios concertados?, ¿son necesarios?
Nos propoñemos a paulatina sustitución do colexios concertados, que son privados, por ensinanza pública, laica e de calidade. Temos que cubrir todas a demanda de escolarización con centros de ensinanza públicos, logo que cada cal decida si prefire a ensinanza pública gratuíta, ou o pagamento dun centro privado.
En Coruña el tráfico es caótico y cada vez hay menos aparcamaiento gratuito, ¿qué proponéis para resolver este problema? grave problema al que nos enfrentamos diariamente los coruñeses?
Temos desenvolvido de maneira participada con movementos veciñais e sociais, un Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostíbel (PIMUS) que pretende reducir a utilización do vehículo privado a motor, mediante a potenciación do transporte público colectivo (ampliando liñas e frecuencias, creando liñas circulares que permitan a mobilidade entre barrios sin pasar polo centro, ampliando de maenira consensuada os tramos de carril bus para asegurar exactitude e puntualidade...), asemade pretendemos que sexa competivo económicamente en relación co uso do vehículo privado (na actualidade non o é, pois temos un servizo insuficiente e caro), por iso propoñemos a tarífa única progresiva na que se paga o primeiro viaxe e logo en cada transvordo ao longo do día, tan só un 10% dese pagamento inicial. Por outra banda pretendemos fornecer a utilización da bicicleta como método de transporte individual alternativo (incrementaremos o servizo de aluguer de bicicletas até compretar un por barrio, ao que engadiremos unha zona de aparcamento seguro para bicicletas e outra para motos). Por último pretendemos recuperar o tren de proximidade, para o cal defendemos un diálogo sincero e aberto co resto das administracións implicadas.
hay posibilidade de que teñamos hortas urbanas na Coruña?
Si, temos moitas zonas desaproveitadas que se atopan cheas de maleza, tamén temos nos parques moitas zonas de céspede que non utiliza a veciñanza como espazo de lecer, propoñemos recuperar todos os espazos inutilizados da cidade para converter en zonas verdes, con hortas urbanas e verxeis de froiteiras, propoñemos que esas zonas sexan autoxestionadas pola veciñanza do barrio co apoio do concello.
Bos días. Gustaríame que expuxese brevemente cómo trataría de dinamizar a economía da cidade e, por extensión, a xeración de emprego. Gracias.
Cambiando o modelo produtivo cara un máis sustentábel e menos dependentes do petróleo (a través do SIAME, do que xa falei anteriormente), recuperando a tradicional vida de barrio coruñes, e con ela ao pequeno comerzo (propoñemos recuperación de espazos de lecer nos barrios, descentralizar e democratizar a cultura para que todos os barrios dispoñan de actividades culturais e espectáculos e así a xente non teña que "emigrar" cara o centro ou as grandes superficies. Asemade pretendemos recuperar a riqueza natural de Galiza, o agro galego, mediante a Empresa Municipal para Asegurar a Soberanía Alimentaria Coruñesa (EMASAC), que pretende reconverter a desempregados e desmpregadas cara actividades agrarias, xestionando un banco de terras comarcal, dando soporte técnico e formación para desenvolver unha agricultura ecolóxica menos dependente do petróleo e de alta calidade, fomentando cooperativas de traballadores e xerando unha canle de distribución alternativa (Mercados municipais, pequenas tendas de barrio, cooperativas de consumidores...) Esto permitiría un salario digno para os labregos e labregas ao eliminar a especulación dos intermediarios (na actualidade existen diferenzas do 1x1000 entre o prezo de orixe e destino), ao tempo que permitiría ser máis competivas as pequenas tenda de barrio e mercados municipais, debido a que poderían reducir os prezos e así, competir coas grandes superficies. Asemade, cos excedentes a empresa muncipial surtiría ao banco de alimentos en ONG que se dedique a distribución de alimentos, para que ningún coruñés pase fame.
Bos días. Cal é a súa postura frente as listas abertas?
A favor. Democracia real XA!!
acabara con los contratos a dedo
Non o dubide, queremos que todos os contratos sexan por concurso público aberto e publicitado. Asemade, pretendemos reducir a subcontratación dos servizos, pois non dexa de ser unha privatización en cuberta. Nós defendemos que o público é servizo e o privado beneficio (para o capital, claro).
por favor,no me hable de los otros partidos politicos,no los voy á votar,¡convenzame para que lo vote á vd! r
Transparencia, ética, austeridade, coherencia, pragmatismo e realismo nas nosas propostas, valentía para propoñer un necesario cambio no modelo produtivo, defensa da maioría social, o público como garante do social. E o máis importante compromiso de cumprir co que decimos, poderíamos seguir pero coido que xa é dabondo para comprobar que estamos construindo alternativa e que outra política é posíbel. Ao fin e ao cabo trátase de ter vontade política, e te podo asegurar que nos a temos.
Moito se fala de protexer ó pequeno comercio. A aposta de EU pro una cidade con menos coches dónde se ecupere que a xente se mova mediante transporte público, a pé, ou en transportes alternativos, bici... paréceme a mellor aposta. Se a xente toma a calle de novo pasa por diante dos escaparates do pequeno comercio...
Efectivamente esa e a nosa aposta, como comentei en anteriores post.
Ve normal que el actual partido lleve prometiendo 8 años la piscina en el castrillón y aun no han empezado las obras??
Esa é unha clara demostración de falta de diálogo coa veciñanza, da absoluta falta de interese do goberno municipal pola participación cidadá. A veciñanza quere unha piscina e o goberno local instala 8 pistas de padel. Un claro exemplo de despotismo ilustrado "todo para o pobo, pero sin o pobo". Podo asegurarvos que iso, con nós, rematou.
La calidad de los servicios públicos cada vez es peor o eso intentan hacernos creer; a este respecto, ¿qué opina Esquerda Unida sobre la subcontratación de servicios públicos?
Rexeitamos con rotundidade a privatización. Defendemos o público e afirmamos que é unha falacia que o privado sexa máis eficiente, con todo, propoñemos un Plan de Reorganización Administrativa Coruñesa (PRAC) para gañar en eficacia e eficiencia e recuperar a cidadanía todos os servizos entregados ao capital por uns gobernos locais que se din de esquerdas.
gobernarias en una coalicion de izquierdas
Si, si tivésemos partidos auténticamente de esquerdas para gobernar, algo que non sucede no noso concello. Non chega con decirse de esquerdas, hai que demostralo, hai que apoiar a maioría social, hai que defender ao público, hai que apostar por as persoas e non por o capital. Lamentábelmente isto nos pasa no noso concello. Así que para gobernar temos que ter maioría ou alomenos ser a organización con mais peso dentro desa posíbel coalición para desenvover políticas alternativas e transformar a sociedade coruñesa. Nos non estamos para ocupar cargos e despachos, nos estamos para loitar pola maioría social.
Contestei todas as preguntas segundo orde que chegaron e até que se rematou o tempo, sei que quedaron bastantes na cola, mais preferin contestar con claridade a cada unha das vosas inquedanzas. Esto tamé é transparencia. O vindeiro 22 de maio, xogámonos moito, coa vosa forza transformaremos, todos e todas, A Coruña. Darnos unha oportunidade para volo demostrar!!