Open uri20150703 3 11grpdm?1435922658

Esta avogada de 38 anos especialista en Dereito
Comunitario e Internacional ocupa a segunda posición na
lista da coalición Europa dos Pobos, na que comparten
candidatura o BNG, Esquerra Republicana de Catalunya, Eusko
Alkartasuna e outras forzas.

1 Ana Miranda 05/07/2015 12:51

Bo dia. Grazas a todas e todos polas vosas perguntas. Imos falar de Galiza en Europa....Adiante....

2 Anónimo 05/07/2015 12:51

¿No cree que igual que aquí en la UE se debe aceptar lo que deciden los grupos mayoritarios, que el sistema no sirve?

Ana Miranda:

Por suposto que non, a diversidade política e democrática é un valor e os grupos nacionalistas temos que ter voz, voto e representación.A pluralidade é a expresión máxima da democracia.

3 Anónimo 05/07/2015 12:51

Poderá unha soa voz defender Galiza en Europa?

Ana Miranda:

Boa pergunta...Cando o BNG estivo no Parlamento Europeo entre 1999 e 2004, unha soa voz, Camilo Nogueira, foi capaz de facelo. E nestes últimos 5 anos, moitas voces do PP e do PsdG non foron capaces de defendela. O BNG vai facelo novamente, porque ten a capacidade, a forza e o compromiso.

4 Anónimo 05/07/2015 12:51

En estos tiempos de tanto desánimo en los votantes, resúmame brevemente por qué mi voto debería ir al Bloque y no al PSOE ó al PP

Ana Miranda:

Doulle ánimo porque hai que crer na política para transformar a realidade, e mudar as cousas, e porque se o BNG non está no Parlamento Europeo, Galiza non vai estar. E evidente que asi foi nos pasados 5 anos. Ademais, de defender a Galiza, porque os valores que defende o BNG loitan por outra Europa, neste momento tan duro de crise, por unha Europa que cree emprego, que loite contra a pobreza, que teña valores solidarios entre ela e co resto do mundo, e que defenda os dereitos humanos, con valores de esquerda. Votar PP ou Psoe é votar por Durao Barroso, o Presidente da Comisión Europea, pois ate neso están dacordo, un presidente que promoveu políticas neoliberais, lémbrese da foto das Azores...

5 Anónimo 05/07/2015 12:51

Me gustaria saber de que hablaria usted en caso de que salga elegida, de la capacidad de diálogo del Bloque, de sus ideas, de trabajar o de que hay que hablar gallego?

Ana Miranda:

Cando sexa eurodeputada defenderei o programa eleitoral do BNG que está basado en dous eixos, a construcción dunha Europa máis xusta e solidaria, da cohesión territorial e social, e na defensa das políticas sociales que creen emprego, apostando e defendendo aos nosos sectores productivos, como o agro, o pesqueiro, o naval, a industria e os servizos en xeral do noso pais. Defendendo uns valores democráticos deféndese o valor da nosa lingua galega, lingua europea e universal. Todo é compatible, pois hai moitas ganas de traballar para todas as galegas e galegos e persoas que viven en Galiza doutros lugares, nunha visión aberta, solidaria, xusta, pois defendendo a nosa lingua, estamos tamén defendendo un xeito de ser no mundo.

6 Anónimo 05/07/2015 12:51

Pódese facer algo desde o Parlamento Europeo para que en Galicia o leite teña uns prezos rendibles?

Ana Miranda:

Por suposto, a Política Agraria Común vai ser reformada, e no 2010 revisada,e a Comisión de Agricultura e Desenvolvimento Rural do Parlamento Europeo, ten moito que decir. Levaremos a representantes do sector leiteiro a Bruxelas a defendelo directamente, coa Comisión Europea e no Consello. Defender un cambio de modelo e revisión na distribución da cota láctea, e presionando ao Estado para que demande axudas directas ao sector para compensar o baixo prezo do leite e un control das importacións. Tamén pediremos que se estableza un prezo mínimo para o leite, que cubra os custes de producción. O sector leiteiro galego está sofrendo inxustamente, e en Bruxelas vai ser o BNG quen o defenda, pois nen os Gobernos centrais, dunha cor ou doutra, fixeron nada por axudalo. A realidade é evidente; mentras se dan axudas para a banca, o aceite ou os coches, para o leite, non existe unha política de apoio.

7 Anónimo 05/07/2015 12:51

¿que pasará en Galicia cando rematen as axudas da CE?

Ana Miranda:

Teóricamente, o dia que rematen as axudas comunitarias, quereria decir que estariamos por riba da media de renda comunitaria. Na práctica, esto non acontece, porque temos un déficit estructural, de infraestructuras, de transporte e de falla de apoio aos nosos sectores productivos, que evidencia que non foron ben aproveitadas, nen existiu unha boa planificación das mesmas. Fíxose un reparto insolidario dos fondos estructurais e de cohesión, discriminando a Galiza e impedindo a xestión e distribución directa dos mesmos. Na revisión do ano 2010 no Parlamento Europeo pediremos un periodo de transición para achegarnos á converxencia comunitaria realmente, máis eso pasa porque o Goberno central revise os criterios, que se teña en conta a despoboación e eivas estructurais galegas, como o caso da falla de cumprimento dos compromisos como o AVE, a construcción das depuradoras de Vigo e A Coruña, etc...ou que o Goberno da Xunta controlo o uso dos fondos. O dia que rematen, se temos condicións e igualdade para producir e para que se levanten vetos a nosa industria, como o caso da industria naval, a situación non seria para nada perxudicial. Mentras, os responsables da aplicación das axudas foron os Gobernos do PP e demostraron un uso caciquil dos fundos, con malversación, como o caso do superdelegado da Xunta en Ourense....Como pode o Presidente da Xunta seguir reclamando fondos a Bruxelas, mentras mantén no cargo a unha persoa condenada por malversar fondos europeos?.

8 Anónimo 05/07/2015 12:51

Cal e a sua vision da Galiza exterior?, sobre todo dos fillos e netos de emigrantes.

Ana Miranda:

Formo parte da Galiza Global, a galiza exterior, pois Galiza non remata no noso territorio, senon que existe fóra grazas aos galegos e galegas do mundo. Ten un potencial enorme,e debe terse moi en conta aos descendentes galegos, para que se sintan implicados coa nosa lingua e cultura. O BNG sempre defendeu a nacionalidade dos netos e netas, e dende hai moitos anos, a equiparación dos dereitos sociais dos residentes no exterior. E que a poboación exterior conte....pois non conta nos orzamentos. Galiza Global como oportunidade, nun mundo globalizado, para que non sexa só a economia, senon a nosa lingua universal e cultura. Hai unha Galiza exterior que bule na rede, cada dia comunicámonos dende Bruxelas con Bos Aires, Montevideo, Suiza, Andorra...para moita xente de fóra, son a candidata galega da diáspora.

9 Anónimo 05/07/2015 12:51

Non lle parece que se está potenciando demasiado a figura do portavoz nacional en detrimento da candidata nesta campaña eleitoral?

Ana Miranda:

No BNG sumamos todos e todas, non teño afán de protagonismo senon de facer un traballo ben feito e que as galegas e galegos se vexan representados para defender con dignidade a Galiza no Parlamento Europeo, como espero facer a partires do dia 7 de xuño co voso apoio.

10 Anónimo 05/07/2015 12:51

Boa tarde Ana, tendo en conta que me gusta especialmente a Eurorexión que conformamos ¿Son as eurorexións a futura división administrativa da futura Europa? ¿Proporedes medidas para ilas afianzando e para irlle dando protagonismo ás Eurorexións, e en canto tempo poderemos ir vendo resultados palpables?

Ana Miranda:

A min tamén me gusta a Eurorrexión, pero non está vertebrada dende o ponto de vista social, de creación de emprego, territorial, de comunicacións, etc....foi máis ben un ente cosmético, e o BNG vai apostar por reforzar eses lazos e unha mellor vertebración, apostando polas comunicacións do tren por exemplo. Moitas promesas do PP e do Psoe, máis a eurorrexión só existe no papel. A futura Europa para o BNG ten que apostar pola europa dos pobos, e polo tanto, potenciaremos estas relacións. Ate o momento a Comisión Europea potenciou as eurorrexións pero o estado españo e o portugués, no caso de Galiza e Norte de Portugual, déronlle a espalda.

11 Anónimo 05/07/2015 12:51

Ana, que farás pra defender a lingua, o léite, a pesca e os astaleiros, diante do rodelo dos partidos grandes?

Ana Miranda:

Traballar arreo, de xeito incansable, buscando consensos con todas a forzas políticas, defendendo a estes sectores no Parlamento Europeo, e presionando á Comisión e ao Consello de Ministros da UE, para defender que Galiza teña peso político a través da defensa dos nosos sectores e o seu dereito a producir. Concretamente, no Parlamento, participar de todas as comisións parlamentares que teñan a ver con Galiza, que para min, son as 20 das 20 existentes!. Unha eurodeputada do BNG falará directamente cos Comisarios que sexan responsables das áreas que afecten a Galiza...competencia para o naval, pesca para o sector pesqueiro e marisqueiro, agricutura para o noso agro, etc. En Galiza, abriremos na sede nacional do BNG unha oficina europea que serva de canle para transmitir os problemas dos sectores, para traballar conxuntamente na súa defensa.

12 Anónimo 05/07/2015 12:51

Tes posibilidades de atopar unha silla no Parlamento? E si o chegas a facer, seguirías votando o tratado de lisboa? Entón para que imos votar unhas votacions que non existe unha "lexitimidade" da soberania popular?

Ana Miranda:

Van ser as urnas que decidan darnos voz e polo tanto, cadeiras. Coñezo moi ben o Parlamento por dentro, e ate sabemos o lugar onde estariamos, non sentados, coma outros, senon traballando arreo en ser a voz galega en Europa. O BNG defende unha Europa alternativa, á que dixo non ao tratado de Lisboa,que ìmpulsaba o dumping social, económico e ecolóxico, a que apoian PP e Psoe co voto a favor de Durao Barroso. O BNG dixo que non a ese modelo de Europa, igual que paises como Franza, Paises Baixos e Irlanda, e moitos outros paises nen foron consultados para expresar a súa opinión. Somos moitas e moitos que defendemos outro modelo europeo. Precisamente, hai que votar nestas eleccións, máis que nunca, porque se trata de defender outro modelo diferente, pois o actual fracasou. Hai que crer na Política con maiúscula, para transformar a realidade, e hai esta posibilidade de facelo dende o Parlamento Europeo, a única institución europea democrática, que podemos elixir.

13 Anónimo 05/07/2015 12:51

¿Cree usted de verdad que el gallego sobrevivirá en su pugna contra el inglés o el español en la era de la globalización?

Ana Miranda:

As linguas suman, non restan. O galego e unha lingua universal e ademais é a nosa lingua. Non se trata de facer unha guerra de linguas senon unha Europa de convivencia de pluralidade lingüística e que aposte polo multilingüismo.

14 Anónimo 05/07/2015 12:51

¿Sabe lo que es el Software Libre?¿Qué opinión le merece?

Ana Miranda:

O BNG defendeu en Bruxelas levando ás empresas do software libre galegas e grupos defensores do sofware libre cando foi a discusión da directiva de patentes, que o noso grupo parlamentar, Verdes-Alianza Libre Europea, conseguiu paralizar, por certo. Defenderei este tema, no que creo e polo que levamos moito tempo traballando.

15 Anónimo 05/07/2015 12:51

Ana, senón ando errada, levas 10 anos en Bruselas,...poderías indicar cal o aspecto de maior cambio nos europarlamentarios de antes a agora? o cambio a Europa dos 25? Noraboa polo teu bó traballo en estes anos e moita sorte nas túas futuras tarefas.

Ana Miranda:

Moitas grazas, levo 10 anos no Parlamento Europeo, cinco traballei con Camilo Nogueira como asistente parlamentar, e cinco en solitario para representar ao BNG en Bruxelas e na Alianza Libre Europea, pero xa levaba 2 anos en Bélxica. A Eurocámara mudou moito, e por eso compre un peso galego con urxencia, con forza, con ímpetu na defensa de Galiza, en darlle voz internacional e nos eidos mencionados anteriormente.

16 Ana Miranda 05/07/2015 12:51

Sinto non poder respostar a todas as preguntas, máis envio meu correo para as perguntas que consideredes, pois para eso debemos estar as e os políticos, ao servizo da xente: ana.miranda@europarl.europa.eu, e prometo respostar, a volta dos mitins, a volta a Bruxelas, na semana que ven, esperemos que como primeira eurodeputada do BNG. Moitas grazas e unha fonda aperta.