Open uri20150703 3 1bpf4v7?1435924307

Responderá a las preguntas de los internautas.

1 Pilar Candocia 08/07/2015 14:32

Ola, son Pilar Candocia e estou encantada de estar con vos neste encontro dixital e en disposición de responder ás vosas preguntas e inquedanzas.

2 Anónimo 08/07/2015 14:32

¿Que lle quedou por facer no Concello cando foi concelleira e gostaríalle retomar agora?

Pilar Candocia:

Desde o concello comezamos os servizos para as persoas, en oposición ás políticas do cemento que eran as que imperaban ata o momento por parte do PP. Conseguimos que Ames fose recoñecido en todo o país como un exemplo de servizos de conciliación e de atención aos nenos e ás nenas. Faltaron moitas cousas, en catro anos non se resolven esequecementos de trinta anos do goberno do PP. Queda avanzar nos servizos que se iniciaron e que estes catro anos paralizou o PSdeG, pero sobre todo queda pechar o círculo dos servizos de conciliación con emprego no concello, para que o propio emprego se convirta nun servizo de conciliación. A participación cidadá é sen dúbida a grande débeda que temos hoxe no concello de Ames. Conseguir un sistema de participación cidadá actica.

3 Anónimo 08/07/2015 14:32

Dende BNG, atacouse sen piedade ás coordinadoras de educación, poñendo en tela de xuizo a sua capacidade sobre os comedores escolares, cando Vd. alabou en especial a Sandra Dios, mentres estivo ó fronte das galescolas. é esta a revancha por ir Sandra Dios como candidata socialista? como é posible que quen era unha magnífica xestora sexa hoxe obxecto de duda e polémica?. Ddanse vds. conta do dano gratuito que fan?.. Vale todo Sra. Candocia?

Pilar Candocia:

É falso. O BNG e eu personalmente valoramos moi positivamente o traballo de Sandra Dios e Emilia Seara como profesionais cualificadas que puxeron as escolas infantís de Ames na cabeza do país e foron exemplo para a rede das escolas infantís da Xunta. A nosa liña de crítica é ao alcalde, que despois de que a concelleira de Educación dimitira, asumiu el unha competencia máis, sendo incapaz de confiar no seu equipo, e anunciando nos medios de comunicación a creación dun staff que son as dúas directoras das escolas infantís, pero que como se demostrou no pleno non están nomeadas como staff oficialmente en ninguha parte. Carlos Fernández é o único responsable desta situación e o único a quen o BNG lle pide contas, non a Sandra Dios nin Emilia Seara, a quen quero aproveitar para recoñecerlle o seu esforzo. É público que Sandra Dios é militante socialista e non cuestionamos que vaia nunha lista como non cuestionariamos a ningún traballador fose na lista que fose Sabemos diferenciar entre o plano técnico e as afinidades políticas. Non se pode utilizar diñeiro público para tapar as incapacidades políticas, nin enredar a profesionais en líos políticos.

4 Anónimo 08/07/2015 14:32

soy una vecina de milladoiro y siempre ví bien lo que hicisteis en cuanto a escuelas de verano y actividades lúdicas para niños pero por que´volviste después de desaparecer del milladoiro, cambiando de residencia y quitando a us hijos del colegio (al que dajaste colgado con muchos ideales)?

Pilar Candocia:

Eu nunca marchei de Ames. Resido no concello dende o ano 96. Primeiro no Milladoiro e despois en Bertamiráns. Como calquera veciño ou veciña o que fixa o meu punto de residencia son cuestións persoais, e os meus fillos se escolarizaron sempre en centros públicos de Ames. Coincido coa túa preocupación polas cuestións educativas do Milladoiro e tamén me pregunto por qué o PSOE non avanzou máis nestes catro anos.

5 Anónimo 08/07/2015 14:32

Hará pacto con Carlos Fernandez sabiendo que muchos la votarian si no lo hace?

Pilar Candocia:

O meu obxectivo político é acadar a Alcaldía. Se eu son alcaldesa, Carlos Fernández non será alcalde e ese é o meu obxectivo. Nós temos unha proposta de goberno, que estamos a facer aos veciños e veciñas, e estes posicionaránse sobre esa proposta de goberno. Hai que esperar ao 22 de maio para saber cál das propostas que se presenten é a que conta con máis apoios.

6 Anónimo 08/07/2015 14:32

Se comenta en la calle que después de las elecciones es muy posible un pacto entre BNG y PP, para excluir al PSOE del gobierno ¿Qué me pude decir de esta posibilidad?

Pilar Candocia:

Nós nos presentamos cunha alternativa que xa demostrou no goberno do 2003-2007 que traballou para derrocar a politica do cemento que sempre defendeu o PP. A proposta que se presenta hoxe non parece diferente polo que mantemos o obxectivo de derrocar as teses da dereita democraticamente o vindeiro 22 de maio.

7 Anónimo 08/07/2015 14:32

¿No mandato que está a piques de rematar, vostede tería feito a mesma oposición que o seu compañeiro de partido, Xosé Fernández, que deixou varias veces a Carlos Fernández en minoría?

Pilar Candocia:

Carlos Fernández está en minoría porque quixo. Se quería ter maioría os resultados electorais lle dixeron que tiña que reeditar o pacto co BNG. El optou por deixar ao BNG na oposición. E por tanto o BNG o que fixo foi actuar lealmente como oposición valorando cada proposta en si mesma, independentemente de quen a propuxera, e a apoiou cando era boa para o concello e rexeitouna cando non era boa. O que non é de recibo é que o alcalde queira corresponsabilizarnos dos seus erros. Para poder actuar como maioría hai que tela. Se consegue directamente das urnas ou se pacta con algunhas das dúas forzas que tiñan nese momento representación. Se se opta por gobernar en minoría xa se sabe que hai que tratar de buscar acordos e non se pode actuar coa prepotencia á que nos ten afeitos o noso rexedor.

8 Anónimo 08/07/2015 14:32

Nestes momentos o BNG está a atacar moito máis ao PSOE que ao PP ¿Cal é o motivo? ¿Considerades máis enimigo a Carlos Fernández que a Santiago Amor?

Pilar Candocia:

Xa dixen que nós queremos evitar un goberno da dereita, pero ao mesmo tempo quen está gobernando neste momento é o PSOE, e é o principal responsable da política que se está facendo no concello. A oposición critica ao goberno, e na oposición nos puxo Carlos Fernández. Tamén hai que dicir que o alcalde dos últimos catro anos non se parece moito ao que compartiu goberno con nós. A soberbia e o desprezo á veciñanza non son ben recibidos nin polos veciños nin polo BNG.

9 Anónimo 08/07/2015 14:32

Cómo me vai garantir a min, veciño do Milladoiro, que non vou seguir sendo un convidado de pedra nas decisións que tome o concello ?

Pilar Candocia:

Se eu son alcaldesa o meu goberno garantirá un sistema de participación activa para os veciños e veciñas. Comprométome a que nos plenos ordinarios cando menos haberá que meter tres iniciativas da cidadanía e artellaremos un sistema para dar voz ás entidades veciñais dende o público na sesión plenaria. A democracia non é soamente render contas cada catro anos senón permitir que a cidadanía teña algo que ver nas decisións que se toman dende o concello e moi especialmente en época de crise debemos tela moi en conta na orde de priorización das execucións. Se hai posibilidade de facer un equipamento deportivo debe de ser unha decisión que se tome entre o goberno e as entidades deportivas, priorizando cal vai en cada momento. Está claro que non se vai poder facer todo, o importante é que xeneremos unha visión conxunta como facemos nas nosas casas. Cando un fillo nos pide unha cousa non deixamos ao descuberto ao outro. Tratamos de chegar a acordos e de priorizar. O noso goberno quere ser un goberno da cidadanía e coa cidadanía.

10 Anónimo 08/07/2015 14:32

Vostede anunciou que a súa candidatura vai estar encabezada por tres mulleres, ¿que vai significar iso na súa acción de goberno?

Pilar Candocia:

O noso goberno quere con esta presenza exemplificar que poñemos en primeiro termo a necesidade de acadar a igualdade. O compromiso de que con políticas transvesais dende todas as áreas se traballe pola igualdade real. É necesario feminizar a política, e non se feminiza so poñendo mulleres, senón cambiando as formas e o fondo. As mulleres que encabezan esta lista exemplifican que estamos preparadas, que temos capacidades e que as mulleres podemos liderar, un liderazgo que enriquece ao conxunto do concello. É necesario romper os teitos de cristal para que as mulleres estean nos postos de responsabilidade na política e na empresa. Personalmente estou orgullosa de que nun momento como este de crise, no que sempre son as mulleres as que sofren os recortes en primeiro termo, sexa o BNG quen saia cunha política activa e clara en favor da igualdade.

11 Anónimo 08/07/2015 14:32

Que piensa de la denuncia del PP con respecto a los 4 pisos adquiridos por el alcalde en esta última legislatura a las empresas beneficiadas por Carlos Fernández, con las que el trabajaba aún siendo alcalde?

Pilar Candocia:

O PP tennos afeitos, especialmente dende 2009, a utilizar nas campañas electorais acusacións de todo tipo sen demostralas, co obxectivo de ensuciar o ambiente e que non se fale de propostas. Non será o BNG quen entre nunha campaña deste tipo. Imos falar de que é o que queremos facer para Ames. Imos a criticar ás outras forzas políticas cando discrepemos das propostas que fan. Decímoslle ao PP que se pode demostrar que o que está dicindo é certo ten a obriga de ir á Fiscalía. Neste sentido a nosa proposta é clara, ten que haber unha xestión absolutamente trasnparente, e os cargos públicos que saian do BNG nas eleccións comprométense a asinar un código ético facendo público o seu pattrimonio. Non é tolerable o enriquecemento persoal utilizando información obtida estando nun cargo público que non teñen os demais cidadáns.

12 Anónimo 08/07/2015 14:32

Ten o seu partido algún proxecto para habilitar unha zona na que se poidan cebar os cans, e dese xeito dar os propietarios de mascotas algunha alternativa para sociabilizalas de xeito responsable, que non sexa a de aturar as constantes multas que os axentes locais adoitan impoñer

Pilar Candocia:

O meu goberno fará política para as persoas, e isto inclúe ofrecer espazos para o esparcemento, nos que se poida disfrutar coas nosas familias e seres queridos. Temos claro que en seres queridos das persoas que viven en Ames se inclúen as súas mascotas. É necesario buscar formas para que os propietarios das mascotas e as que non o sexan poidan disfrutar da mesma maneira dos espazos de lecer. Comprometémonos a buscar coa plataforma creada en defensa dun espazo para as mascotas e o resto do asociacionismo do concello, unha solución consensuada. O bo trato aos animais ten que ver co coidado do medio natural, que é unha liña central dom noso programa.

13 Anónimo 08/07/2015 14:32

Vostede leva falando estos días de mellorar a xestión administrativa do Concello. A qué se refiere en concreto cando fala de facer unha boa xestión?

Pilar Candocia:

Unha xestión transparente tanto dende o punto de vista económico como de resolución das cuestións. Refírome concretamente a que haxa prazos razonables para contestar á cidadanía. As licencias de obras e de apertura deben resolverse como máximo entre un e tres meses. As preguntas prantexadas polos cidadáns ao goberno deben ter resposta de calquera membro do goberno nun prazo dunha semana. As facturas dos proveedores deben de pagarse entre trinta e noventa días. As pagas extra dos traballadores deben aboarse como máximo nun prazo de tres meses. En definitiva, un concello eficiente que escoite e responda con eficacia aos problemas dos cidadáns..

14 Pilar Candocia 08/07/2015 14:32

Moitas grazas a todos e a todas polo voso interese e as vosas cuestións. Lamento non poder ter contestado a todas, pero sigo á vosa disposición tanto personalmente como o equipo que me acompaña nas nosas oficinas do Milladoiro e Bertamiráns e na páxina web, así como nos perfís de Facebook e Twitter que poremos en breve á vosa disposición. Grazas de novo. Agardo que as vosas preguntas quedaran aclaradas. Apertas.