Potenciar el sector pesquero para favorecer así el
sistema económico global del municipio mediante la creación
de una concejalía específica es uno de los grandes
compromisos del BNG en Ribeira.

1 Anónimo 08/07/2015 16:26

Si chegase vostede a ser Alcade da nosa cidade, arrancharia a ruá que vai o faro de Corrubedo. Graciñas.

Dominga Brión:

O Faro de Corrubedo é un lugar moi visitado do noso concello. Todos os accesos a puntos de interese do noso concello terán o adecuado mantemento municipal ou facendo a xestión ante a Adminstración competente.

2 Anónimo 08/07/2015 16:26

Non lle parece descarado que o candidato do PP veña agora dicindo que non vai aplicar as leis que el defendeu no Parlamento?

Dominga Brión:

É unha práctica habitual do candidato do PP dicir unha cousa e facer outra. Despois de 19 anos como tenente de alcalde son ben coñecidas as súas mañas.

3 Anónimo 08/07/2015 16:26

O Bloque criticou moito o PLan de Odenación do Litoral. Que vai facer desde a alcaldía?

Dominga Brión:

O POL ao igual que a Lei de Augas, baixo o amparo da protección, son en realidade dardos envelenados que nos regalou o PP dende o goberno da Xunta, co respaldo do candidato do PP. A Lei de Augas pretende que paguemos polas traídas particulares e o POL lonxe de protexer o noso litoral deixa a porta aberta a implantación de macropiscifactorías, eólicos e talasos, mentras deixa moi afectados os intereses particulares de moitos veciños e veciñas. Dende a alcaldía, coa revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal, faremos todo o posible para minimizar os efectos do POL.

4 Anónimo 08/07/2015 16:26

Que teñen pensado facer cos grupos musicais locais e a casa da xuventude?

Dominga Brión:

A dinamización cultural será unha prioridade para o BNG. Nese sentido a Casa da Xuventude será o centro que servirá de soporte físico para as actividades e iniciativas da mocidade que trasladaremos a todas as parroquias. Os locais de ensaio melloraranse e dotaranse dos medios adecuados para que sexan útiles para os grupos musicais.

5 Anónimo 08/07/2015 16:26

Que competencias ten o Concello en Pesca???

Dominga Brión:

O Concello non ten competencias en pesca, como ben sabe. Con todo, consideramos que un sector tan importante para a nosa economía debe ter unha persoa pendente das problemáticas que lles afectan. As drasticas reducións nas cotas do lirio que se produciron deben ser unha boa razón para estar atentos. Nese sentido, esta persoa estaría pendente para evitar males maiores. Por outra banda, a situación do porto de Ribeira, o porto máis importante dependente da Xunta a moita distancia do resto, é penosa. A da lonxa, esa sí de xestión municipal, non ten nome. Creo que hai razóns máis que sobradas para crear a Concellería de Pesca.

6 Anónimo 08/07/2015 16:26

vai bng presentar o contencioso administrativo contra o pol agora que o concello non o vai facer

Dominga Brión:

O BNG, non é parte interesada en termos xurídicos e, polo tanto, non pode ir ao contencioso. Pero hai veciños que xa presentaron recurso.

7 Anónimo 08/07/2015 16:26

Fomentaredes a instalación de empresas con algún tipo de medidas?

Dominga Brión:

Potenciaremos a Axencia de Desenvolvemento Local para promover a creación de emprego. A creación de emprego será unha das nosas prioridades dende o goberno. Fixémolo dende a oposición, poñendo en marcha o proxecto de Polígono Empresarial da Barbanza. Dende o goberno faremos todo o posible para que ese polígono se constrúa.

8 Anónimo 08/07/2015 16:26

buenos dias, como fomentara el ocio y turismo de la zona?en los meses de vernao está bastante dejado.

Dominga Brión:

Poñeremos en marcha un Plan turístico que poña en valor os nosos recursos. A Illa de Salvora e o Parque Natural son duas xoias coas que temos a sorte de contar. Fomentaremos roteiros, actividades culturais, de ocio e lecer para que as máis de 300.000 persoas que xa visitan o Parque se queden a pasar o día ou mesmo o fin de semana. As actividades faranse ao longo de todo o ano para desestacionalizar o turismo.

9 Anónimo 08/07/2015 16:26

Que pensa facer co caos circulatorio do municipio

Dominga Brión:

Poñeremos en marcha un Plan que conleve a dotación dunha infraestrutura moi necesaria: a circunvalación que Ribeira necesita; a potenciación do transporte público e cambios que melloren o tráfico actual.

10 Anónimo 08/07/2015 16:26

Todos os que temos unha visión estratéxica de Galicia, e sobretodo da costa, estamos vendo que o PP fundamenta sempre o futuro no turismo, e o fomento da segunda residencia, o que é un erro. Teñen pensado facer algo para frenar ista tendencia ?

Dominga Brión:

O turísmo é unha das nosas potencialidades. É positivo diversificar a economía pero sen olvidarnos dos sectores principais. Nos somos mar, e hai que potencialo. Tamén a nosa industria coa construción do Polígono da Barbanza.

11 Anónimo 08/07/2015 16:26

Como vería la posibilidad de construir un ferrocarril rápido de cercanías Ribeira-Pobra-Boiro-Rianxo-Catoira, que permitiría ir a Santiago, Coruña o Vigo en transporte público sostenible, sin coger el automóvil

Dominga Brión:

Temos solicitado tanto no Concello como no Congreso que se estudie esta posibilidade.

12 Anónimo 08/07/2015 16:26

Si o PP perde a maioría en Ribeira, ata onde chegaría o BNG para formar goberno?

Dominga Brión:

O BNG, se a cidadanía o considera oportuno, está en condicións de liderar unha alternativa de goberno. Somos a alternativa que vaia a deseñar e construir, xunto coa veciñanza, a Ribeira de futuro.

13 Anónimo 08/07/2015 16:26

Moi boas....Coidas que os que agora gobernan teñen capacidade ou mesmo interés en potenciar a construcción do Macro-polígono ? e si é así, de que "ferramentas" dispoñen ?? pois da a sensación de que os de Arriba non lle fan moito caso ou mesmo teñen dito en mais dunha ocasión que non fixeran os deberes para co noso concello..;)

Dominga Brión:

Realmente, coido que non hai interese, nin polo goberno autonómico nin polo goberno local. Con todo, nós temos a forza da razón. Ribeira ten necesidade de chan. Polo tanto, presentando a demanda que hai, ningún conselleiro se vai a negar a facer un polígono que toda a comarca demanda.

14 Anónimo 08/07/2015 16:26

Cando chegues a Alcaldía, a cal dos compromisos que tedes co pobo vas poñer en prioridade ?? por que tedes moito que "arreglar",

Dominga Brión:

O primeiro que faremos é planificar as accións de goberno innovadoras e transformadoras que poremos en marcha. Temos un bo equipo que nos vai a permitir actuar nos tres frentes máis importantes: Planificar as políticas de creación de emprego (mar, polígono, turismo, comercio, hostelería). Impulsar as políticas sociais (mellorar a oferta municipal de servizos, mellora escolas, defensa sanidade pública). Iniciar as xestións para a dotación das infraestruturas necesarias: depuradora, lonxa, mercado, circunvalación, estación autobuses.

15 Anónimo 08/07/2015 16:26

Debe saber, como candidata, que o prezo das vivendas de Coroso foi o máis alto de Galicia, superando incluso á Coruña. Son prezos que non poden pagar os habitantes de Ribeira, que solo son alcanzables polos turistas. Non me parece unha política correcta. Teñen algunha medida para corrixir estos desaxustes, que o único que fan é fomentar o turismo especulativo. Teñen pensado un programa de construción de vivendas de promoción público a gran escala para que baixe o prezo da vivenda?. Debe saber que en Vitoria-Gasteiz, unha cidade modélica con 15 metros de zona verde por habitante o prezo da vivenda é inferior ao de Ribeira. Non debemos confundir A Ribeira con La Riviera. Os prezos teñen que estar ao alcance dos mileuristas.

Dominga Brión:

A Lei do Solo contempla un mínimo de vivenda protexida. O goberno do PP favoreceu a especulación urbanística. Coa revisión do PXOM daremos solución as necesidades de vivenda a prezo taxado que se demandan, especialmente para mozos e mozas e persoas con discapacidade.

16 Anónimo 08/07/2015 16:26

¿A política do BNG, nesta Cidade, básase na negativa ao que di o PP?

Dominga Brión:

Calquera persoas que coñeza o traballo do BNG sabe que temos feito unha oposición construtiva, defendendo os intereses da cidadanía. Hoxe falamos do Polígono da Barbanza, do Centro de día, do mercado de Palmeira, por poñer só uns exemplos, grazas ao traballo do BNG.

17 Anónimo 08/07/2015 16:26

¿Hai algún plan para a zona da Garita? Está chea de vertedoiros incontrolados.

Dominga Brión:

Ese fermoso paraxe, ao igual que moitos outros do noso concello están nunha situación lamentable. Faremos un Plan de Recuperación e de posta en valor de todo o territorio.

18 Anónimo 08/07/2015 16:26

para cando unha solucion definitiva para a zona dos areeiros?

Dominga Brión:

Dende a nosa posición de goberno na Xunta demos un paso importante. Mágoa que non chegara a bo porto. Dende o goberno de Ribeira traballaremos para que se recoñezan os núcleos de Areeiros e Palmeira Norte.

19 Anónimo 08/07/2015 16:26

Qué medidas tomaria respecto al feismo en Ribeira?

Dominga Brión:

Coa revisión do PXOM, e sobre todo coa súa aplicación dende os servizos técnicos do concello faremos un seguimento para erradicalas. Con programas de específicos promoveremos o seu acondicionamento cando sexa posible.

20 Anónimo 08/07/2015 16:26

wenos dias, tiene algun plan para la zona de la fabirca de castiñeiras y las playas de catia y castro?

Dominga Brión:

Todo ese é un entorno privilexiado que está neste momento moi deteriorado. O terreo da fábrica, despois de moitas iniciativas presentadas, xa é patrimonio público. Dende o goberno xestionaremos diante do Ministerio a recuperación de todo ese entorno para o lecer de toda a veciñanza.

21 Anónimo 08/07/2015 16:26

BOS DIAS. EU QUISERA SABER, SI NO SEU MANDATO, VAISE DOTAR Á FLOTA DE AUTOBUSES URBANOS CON RAMPAS DE ACCESO PARA PERSOAS EN CADEIRAS DE RODAS E MOVILIDADE REDUCIDA. GRACIAS

Dominga Brión:

A mellora do transporte público vai a ser unha prioridade para nós. O transporte ten que ser accesible a toda a cidadanía, polo tanto, dotaranse paulatinamente de rampas de acceso.

22 Anónimo 08/07/2015 16:26

Hola, qué propuestas tiene para los colegios de la zona y para las áreas de ocio para niños entre 8 y 16 años, gracias

Dominga Brión:

As partidas para mellora dos colexios públicos terán un importante incremento. Ao mantemento necesario, incrementaremoslle outros servizos como pode ser os patios cubertos, e xestionaremos o servizo de comedores onde sexan necesarios. Faremos convenios cos colexios para poder utilizar as instalacións fora do horario lectivo. Planificaremos actividades culturais en todas as parroquias para toda a poboación.

23 Anónimo 08/07/2015 16:26

hola, gostariame saber si gobernan vostedes, que medidas tomaran para traer a oficina da seguridade social e o INEM para ribeira??

Dominga Brión:

Son servizos aos que a cidadanía de Ribeira debería ter acceso. Faremos as xestións necesarias.

24 Anónimo 08/07/2015 16:26

Cóntenos o que vai facer co Campo de fútbol de Artes.

Dominga Brión:

O campo de fútbol de Artes ao igual que o de Olveira están no Parque Natural. Traballaremos para que tanto Artes como Olveira teñan unhas instalacións deportivas adecuadas.

25 Anónimo 08/07/2015 16:26

ola, cales son as súas propostas para a parroquia de oleiros

Dominga Brión:

Rematar a dotación do servizo da auga e saneamento, mellorar as instalacións deportivas, dotar dunha casa de cultura e mellorar a seguridade vial na estrada dende Salmón á Gandara.

26 Anónimo 08/07/2015 16:26

Está claro que en Ribeira só hai dúas opcións: o cambio (Dominga Brión) ou a continuidade do PP (Manolo Ruiz). Convénzame para votar cambio (BNG)...

Dominga Brión:

Bueno, é evidente que o PP é o responsabel do atraso que sofre Ribeira. Optar por máis do mesmo non é solución. Nos temos detras un traballo feito que nos avala, contamos cun programa de goberno solvente con políticas innovadoras, que teñen como piares básicos a creación de emprego e a potenciación dos servizos públicos, temos un equipo humano capacitado, experimentado e sobre todo comprometido con Ribeira, para levalo a cabo. Somos a alternativa de goberno que deseñará e construirá, contigo, se queres, a Ribeira de futuro.

27 Anónimo 08/07/2015 16:26

Si como Alcaldesa se entera de que el líder de la oposición, Sr. Ruíz, consigue desbloquear el Macropolígono ante la Xunta, ¿que le parecería?

Dominga Brión:

Despois de telo 2 anos bloqueado era o menos que podía facer.

28 Anónimo 08/07/2015 16:26

que vai pasar cos veciños que estamos afectados polo pol

Dominga Brión:

Moitos veciños e veciñas xa presentaron recurso do que se beneficiarán todos os demais. Con todo, coa revisión do PXOM faremos todo o posible para minimizar os problemas que lle ocasione á cidadanía.

29 Anónimo 08/07/2015 16:26

Dominga, ti crees que Manolo Ruíz é futuro para Riveira ou máis ben forma parte do pasado?

Dominga Brión:

Manolo ten responsabilidades de goberno dende 1987 que entrou como tenente de alcalde até o 2006. Pero sigueu vinculado a Ribeira na súa condición de deputado. É polo tanto doblemente responsable dos problemas de Ribeira, dende a súa responsabilidade local e amparando o desgoberno da Xunta na súa condición de portavoz. Tivo oportunidade de facer cousas por Ribeira que non fixo. Peso que agora é necesario un cambio que él non representa.

30 Anónimo 08/07/2015 16:26

O transporte público é pésimo e sobre todo non se pode permitir que para ir de Corrubedo á Aguiño, por exemplo teñas que pagar dous billetes! Que pensan facer? Poñerán liñas circulares?

Dominga Brión:

A mellora do transporte público é unha prioridade: Efectivamente a posta en marcha de liñas circulares é unha delas.

31 Anónimo 08/07/2015 16:26

O seu é un partido moi concienciado co medio ambiente, coma todos os demais partidos políticos coinciden en levar no seu programa a tan necesaria EDAR . A miña pregunta está relacionada coa súa ubicación, ¿ ten vostede varias opcións para a súa ubicación ou vai seguir co plan do PP . ¿ Estudiaron ben o impacto medioambiental no lugar onde se constrúa ? A nosa Ría necesita deixar de recibie a nosa " merda " .

Dominga Brión:

A necesidade de depurar é mediambiental e tamén económica, porque temos diante de nós a ría máis produtiva do mundo. Polo tanto, dende o goberno, traballaremos coa Xunta de Galiza para ter a mellor depuración posible. Dende logo os residuos urbanos e industriais deben depurarse separadamente. Cos informes técnicos na mán, consensuaremos coa veciñanza a mellor ou mellores ubicacións.

32 Anónimo 08/07/2015 16:26

Non cree vostede que os cidadans deberiamos ter conocementos públicos dos gastos protocolarios dos ediles pois os cidadans temos dereito a saber o que se destinan para eses fins ,,moviles ,tarxetas etc como poderiamos saber'

Dominga Brión:

A transparencia e a participación é a forma en que entendemos a política no BNG. Toda esa información debe ser pública.

33 Anónimo 08/07/2015 16:26

A xente desta Cidade, esta a notar que o asunto do Hospital é meramente interés político ¿pódeme dicir porque non ampliaron a diálise cando estaba o Bipartito?

Dominga Brión:

Como é sabido este Hospital naceu como Fundación. Na etapa do bipartito pasou ao Sergas, dotouse de heliporto, anchearonse as portas, e fixeronse outras actuacións para mellorar a atención da cidadanía da Barbanza. Neste momento plantexase a necesidade de ampliar o servizo de diálise. Facelo con xestión pública no propio hospital custa aproximadamente o mesmo que facelo por medio dunha Fundación privada (vinculada ao PP, por certo). Non se entende que se pretenda privatizar este servizo. A non ser que se agache detras unha intención clara de privatizar a sanidade. Seguro que vostede igual que nós non concorda con iso.

34 Anónimo 08/07/2015 16:26

Haberá polideportivo en Palmeira?

Dominga Brión:

Se nós gobernamos, si.

35 Anónimo 08/07/2015 16:26

que ten pesado para poñer orde a nivel urbanistico en ribeira?

Dominga Brión:

A revisión do Plan Xeral debería estar efectuada dende xaneiro do 2006. Non se fixo e consentironse verdadeiras barbaridades. Neste momento estase efectuando e poñeremos orden, como ven di, se temos esa responsabilidade.