Data?1436043467

La joven candidata, y actual concejal en el
Ayuntamiento departamental, ha mostrado su
convencimiento de que Esquerda Unida será la llave del
gobierno ferrolano. Las encuestas apuntan que la
formación aumentaría su representación en la
corporación.

1 Yolanda Díaz 13/07/2015 13:48

Ola son Yolanda e estou encantada de compartir este espazo con vós.

2 Anónimo 13/07/2015 13:45

que plans ten para canido?

Yolanda Díaz:

En primeiro lugar, adquirir algunha das pezas magníficas do barrio, como pode ser o chalé de Ucha e adicalo a algún uso social. Garantir que o barrio teña un local social. Mellorar e reurbanizar a Rúa Alegre , entre outras medidas e descentralizar a actividade cultural nun barrio de moita identidade en Ferrol. Arranxar os problemas dos expropiados de Canido

3 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿Por qué no sacais mas votos, si Ferrol siempre fue de izquierdas y tu eres maravillosas? Me encantaría que fueses mi alcaldesa en Naron. Un saludo.

Yolanda Díaz:

Depende da cidadanía. É difícil, supoño, polo pouco peso social e electoral que tén esquerda unida en Galicia. Con todo, imos crecer moito nestas eleccións . Izquierda Unida é a terceira forza política do estado, temos moitas experiencias positivas de goberno, si ben, a lei electoral perxudica fundamentalmente a EU. O bipartito prometeu mudar a lei electoral feita por Fraga, pero incrumpe as súas promesas.

4 Anónimo 13/07/2015 13:45

¿Qué solución ten para a Praza de España?

Yolanda Díaz:

Rematar a superficie e impedir que se faga un edificio nela. Que sexa un espazo de uso público para á cidadanía.

5 Anónimo 13/07/2015 13:48

¿Su grupo apoyaría un gobierno local en el que estuviese Juan Fernández?

Yolanda Díaz:

Taxantemente, non.

6 Anónimo 13/07/2015 13:48

¿Parécelle xusto que os seus posibles socios de coalición Bng e Psoe critiquen tan desaforadamente o tema de Menáncaro cando foron eles quen aprobaron a recalificación dos terreos?

Yolanda Díaz:

Penso que cometeron un erro no debuxo do PXOUM. Equivocánronse, igual que fixeron noutras cousas. O PXOUM sufriu, ó final, moitas rebaixas a favor de certos intereses. É un erro. Cando nos equivocamos en política, primeiro, debemos rectificar e despois , mudar de posición. Con todo, EU, onte, presentou o recurso de reposición contra o acordo plenario e garantizaremos que non se faga nada na fraga de Menáncaro.

7 Anónimo 13/07/2015 13:45

no piensa que en campaña se promete mucho que luego no se puede cumplir cuando uno se ve en el poder? usted como afrontara el no cumplir todo lo que esta prometiendo ahora?

Yolanda Díaz:

EU non fai promesas electorales. Defendemos un modelo de goberno municipal. O único que estamos a prometer é mudar o modelo, introducindo as políticas de participación cidadá. Son moitos os exemplos. O que temos que facer é ser coherentes co traballo que fixemos na oposición: non ó edificio na Praza de España, non á piscina de Sartaña, non á urbanización de Menáncaro, e non á planta de gas , no interior da Ría. Por suposto, persoalmente, si a miña organizaicón política muda de posición, eu dimitiría, como xa fixeron, neste mandanto, concelleiros e concelleiras honestas na nosa cidade. A política debe ser un motor de cambio e os homes e mulleres que estamos nela temos a obriga de ser exemplares.

8 Anónimo 13/07/2015 13:48

¿Recoñece EU-IU o dereito á propiedade privada?¿Que medidas propón a formación para soluciona-lo problema da vivenda?¿Cómo pretende EU-IU melloralos servizos públicos?

Yolanda Díaz:

A propiedade privada está recoñecida no texto constitucionnal, e nós, temos a obriga de respetala, si ben é certo que, por enriba deste dereito, esta norma ubica o interés xeral, a actuación pública debe vir da man, da defensa do interés xeral. España, frente a outros modelos , centra a sús xestiónn no privado, nós apostamos por outros modelos, guiados da man dos alugueres públicos , ou a intervención no mercado do solo para garantir que a vivenda sexa un dereito real para ós máis necesitados. EB ( Izquierda Unida no País Vasco ) elaborou unha lei do solo módélica, na que o 70% da actuación tén que estar adicada á vivendas sociais. A extratexia é introducir os tres erres RRR, tamén na política de vivenda . Hai que potenciar a rehabilitación, hai que facer vivenda pública, tamén, dende o municipio e destinala ás persoas necesitadas. Ferrol, ten un patrimonio magnífico para elo, como é o barrio de Recimil. O crecimento económico é limitado, non podemos seguir defendendo un modelo urbanístico difuso e altamente contaminante.

9 Anónimo 13/07/2015 13:48

Como podo estar seguro, aparte declaración de intenciones, de que non habera corrupción urbanística con vostedes no goberno local?

Yolanda Díaz:

Comprometémonos que, no caso de levar a responsabilidade de urbanismo, todas as actuacións que faga EU serán participadas e públicas. Si detentamos a alcaldía, no caso de coñecer irregularidades, obviamente, emprenderomos as accións xudiciais competentes. No caso de ser preciso, sairíamos do goberno municipal. Temos a obriga de introducir a ética na política. Hai que ir á política municipal a traballar pola cidade, pola cohesión social, por unha cultura que iguale, pero non a facer negocios. Por qué o BNG e o PSOE mudaron a posición sobre a planta de gas?. Non so se trata de impedir que se enriquezcan, senón de facer cumprir a legalidade. Cando un munícipe non executa as súas obrigas legais, tamén está sendo corrupto, caso que acontece en Ferrol, a diario. Por exemplo, a propiedade, tén a obriga de manter os seus bens en perfecto estado, de no seren así, hai que proceder á expropiación da propiedade para evitar o estado lamentable no que se atopa algún dos nosos barrios. Nembargantes, o goberno do PP-IF, non so non cumple a lei, senón que azuza para favorecer ás ruinas e, por tanto a especulación na cidade.

10 Anónimo 13/07/2015 13:48

Hola, que opinión tiene sobre crear un plan de ordenacion de la area metropolitana, similar al que se quiere en Vigo, Coruña, u otras ciudades

Yolanda Díaz:

Paréceme un disparate o que está acontecendo nos nosos concellos, nos que non existe planificación algunha sobre cuestións comúns. En cada concello se planifica solo industrial, en cada concello se planifican auditorios e grandes infraestructuras que nós entendemos entendemos teñen que ser definidas conxuntamente. En Ferrol hai que esbozar e traballar para conxugar esta grande área metropolitana, na que poderíamos introducir moitos elementos, como pode ser obtar pola saída da incineración de residuos e emprender un proxecto conxunto que non atente contra á saúde pública, temos que avanzar en polítcias de transporte común, no parque de bombeiros, que este goberno foi incapaz de sacar adiante, o emprego, etc . Hai que mudar o xeito de facer política e achegar ós concellos da área. Cómo é posible que o alcalde de Ferrol e o alcalde de Narón non falen entre eles de proxectos comúns. Por exemplo : a actuación sobre a estrada de Castela, por que non unimos esforzos comúns ¿

11 Anónimo 13/07/2015 13:48

con quien pactara para lograr el poder?

Yolanda Díaz:

Soamente con formacións políticas de esquerdas e sempre cun programa político que defina cáles son as actuacións mínimas de esquerdas que teñen que saír adiante. Sen dúbida, no caso de Ferrol co BNG e PSOE , a pesares das indefinicións destas formacións políticas cando se fala de pactos electorais.

12 Anónimo 13/07/2015 13:48

Hasta dónde llega la vedadera posición IU en la defensa de la educación pública?

Yolanda Díaz:

Ata o final. Pensabamos que o bipartito iba a mudar a concepción da escola , do ensino no noso país, deixando de subvencionar á escola privada, pero non foron quén de facelo. O modelo educativo do goberno Fraga se está a manter. Non sendo competencia municipal, centraremos a actuación na defensa da escola pública, é a garante da igualación social. Quen teña rendas suficientes e quera levar ós seus fillos e fillas ós centros privados , teñen que afrontalo cos seus cartos. Queda todo por facer na escola pública. Temos que actuar, tamén dende os concellos, introducindo melloras na rede de comedores escolares, na creación de escolas de pais e nais, na creación de escolas de nenos, nunha rede de escolas infantís de 0-3 anos, en fin todo está por facer.

13 Anónimo 13/07/2015 13:48

como pensa impulsar a crecion de emprego en ferrolterra?

Yolanda Díaz:

EU defende a modificación das competencias no poder local e mesmo , defendemos un modelo de financiación que garanta ese principio constitucional como é , a suficiencia financiera. Os grandes partidos non queren mudar o sistema. EU defende competencias municipais como as medioambientais e as de emprego, pero na actualidade non son competencia dos concellos. Aínda así, dende o noso concello se pode xenerar emprego . EU defende a creación dunha empresa municipal de servizos , co gallo de que todas as actuacións que, na actualidade, as desenvolven empresas privadas ( rebacheo, desbroces, etc que supoñen grandes cantidades para as arcas muicipais ) se leven adiante a través desta empresa. Temos que facer un plan de emprego dirixido ós colectivos máis desfavorecidos , como son a mocidade e as mulleres, temos que sanear a Ría para que máis persoas se dediquen ó marisqueo, hai que facer un plan municipal de turismo, e sen dúbida hai que reordenar o organigrama municipal. A cidade de Ferrol adica , tan so o 30% do seu orzamento ó persoal, hai que cubrir as vacantes existentes, convocar ás prazas baleiras, interinidades, etc. Temos que conquerir que nos pliegos de condicións se introduzan cláusuals de discriminación positiva cara ás mulleres , e ós máis novos, que impidan subcontratar os servicios, impedir o emprego de ETT, que precerizan o emprego. Hai que impulsar proxectos de cooperativismo social, pular polo funcionamento do CES , e , comprometer ó bipartito nesta laboura, igual que ó goberno central. O chamado PLAN FERROL é propaganda electoral e os 500.000 euros que achega o estado son insuficientes.

14 Anónimo 13/07/2015 13:49

¿Qué pode facer unha muller no concello a prol das políticas de muller?

Yolanda Díaz:

Podémolo facer todo, xa que non se fixo nada nestes últimos anos. En primeiro lugar , tratar ás mulleres con dignidade e respeto. Gobernar de manera diferente, dende a atención e o cuidado propio das mulleres. Temos que visualizar ás mulleres en todos os eidos. EU creará unha concellería específica de muller. Crearemos unha casa da muller en Ferrol, dende a que dinamizaremos todas as iniciativas. Nela se ubicará a concellería, o centro de información á muller , e será o centro de actuación de todas as mulleres da cidade. Temos que sacar da precariedade ás traballadoras deste servicio. Hai que levar a cabo políticas municipais que impidar a apertura de prostíbulos na nosa cidade, e erradicar desta maneira todas as formas de violencia que sufrimos ás mulleres . Gobernarei, dende a miña cualidade de ser muller, dende o exercicio diario do compromiso co feminismo e a defensa das miñas semellantes. As mulleres temos que estar no poder, non dende a neutralidade, senón dende a nosa froma de facer política que é radicalmente diferente. Traballaremos entre todas nós en rede. Visualizaremos ás nosas mulleres, adicaremos un premio anual a mulleres que destaquen en calquera actividade social, faremos un congreso de feminismo chamado Concepción Arenal . Todo está por facer, temos que pactar , tamén, entre nós, para mellorar as nosas condicións de vida.

15 Yolanda Díaz 13/07/2015 13:49

Moitas grazas a este medio por facilitar este encontro con vós e lamento non dispoñer de máis tempo para respostar ás vosas inquedanzas. Non vos defraudaremos no vindeiro goberno municipal, pero precisamos de vós para conquerir o cambio de esquerdas real en Ferrol. Moitos bicos e grazas.