Open uri20150703 3 4l66xs?1435923305

Respondió a los internautas de Lavoz.es sobre su candidatura.

1 Lourenzo Fernández Prieto 05/07/2015 13:59

Bos dias estou encantado de poder responder ás vosas preguntas, suxerencias e atender ás vosas críticas.

2 Anónimo 05/07/2015 13:59

Usted garantiza la integración estable en la USC de los Investigadores Parga Pondal y Ramón y Cajal si obtienen las evaluaciones posivas de su actividad (Colmeiro e I3, respectivamente).

Lourenzo Fernández Prieto:

por suposto e así aparece no noso programa. Non só e un compromiso senon tamén unha necesidade para o futuro da USC e a súa garantía de renovación.

3 Anónimo 05/07/2015 13:59

¿por qué non participó do acto institucional do día das letras galegas?

Lourenzo Fernández Prieto:

Outros compromisos me tiñan ocupado pero alegreime muito de que o Profesor casares e grande parte do seu equipo participaran por primeira vez. O meu galeguismo é coñecido e as miñas leituras de NOvoneyra reflíctense na mmiña obra.

4 Anónimo 05/07/2015 13:59

¿qué opina sobre el derecho a expresarse en español en las aulas?

Lourenzo Fernández Prieto:

E constitucional le forma parte da lóxca dunha sociedade que emprega preferentemente dous idiomas, o recoñecido como propio no Estatuto e o idioma do Estado dende hai varios centos de anos.

5 Anónimo 05/07/2015 14:01

A política de gasto e infraestructuras na que vostedes participaron durante 3 anos non é responsable tamen da débeda actual nalgún modo? o seu ideia de traballo en equipa é non asumir as responsabilidades colectivas?

Lourenzo Fernández Prieto:

Somos solidarios como todos os membros do consello de goberno e supoño toda a comunidade universitaria. Pero en dous anos e medio no goberno como sabe vostede non puidemos tomar muitas decisións -que se levan xestando 15 anos- como son as relacionadas coas infraestructuras: o campus de ciencias da saude ten 15 anos, o proxecto de Ciencias da Educación 12, etc....

6 Anónimo 05/07/2015 14:01

Bo día, Quería agradecerlle a súa atención en atender a miña pregunta: Cal é o futuro laboral do persoal PAS interino que está a traballar en servizos de áreas da estrutura organizativa do anterior reitor e que coa estrutura administrativa que quere implantar vostede poden desaparecer? Gracias

Lourenzo Fernández Prieto:

Grazas a vostede. O persoal interino é unha mala solución para eles e para a institución. Propomos reducir as bolsas de interinos e a precariedade que iso conleva. por outra parte, o que é necesario non é nunca prescindible

7 Anónimo 05/07/2015 14:01

o equipo que propón na sua web e programa será o mesmo que tome posesión de gañar as eleccións?. Mesmas persoas, mesmo número de cargos?

Lourenzo Fernández Prieto:

Díxeno na primeira volta e repítoo na 2ª. O equipo, por eficacia, competencia e experiencia, é este e non haberá pactos para cambialo. A integración é unha necesidade para gobernar, non só para gañar. A institución require esa integración para quen sexa reitor: vaise garantir cun Secretariao/a Xeral de toda a USC e que non estivera inmerso na campaña eleitoral, igual que o Comisionado/a de Internacionalización. O esforzo de integración respóstooo na seguinte pregunta....

8 Anónimo 05/07/2015 14:01

Cómo se concreta (programa y equipo) ese esfuerzo de integración que dice está haciendo en esta segunda vuelta?

Lourenzo Fernández Prieto:

A institución require esa integración para quen sexa reitor: vaise garantir cun Secretariao/a Xeral de toda a USC e que non estivera inmerso na campaña eleitoral, igual que o Comisionado/a de Internacionalización. O goberno ordinario da institución require de muitos esforzos que non van sair só do goberno e os Vicerreitores/as, como é perfectamente conñecido. Aí estará a integración se teño a confianza para pilotar o futuro da USC nestes malos tempos que acaban de empezar

9 Anónimo 05/07/2015 14:01

Dende a USC supoño que vostede será un firme defensor do galego, pero fomentará o galego normativo ou permitirá que cadaquen use o que lle apeteza. Pregunto isto porque na sua equipa hai persoas que sendo tengo cargos de responsabilidade utilizan galego lusista. Se me vai dicir que cada un é moi libre de expresarse como queira mellor non o faga porque eu dirialle que entón non estamos en condicións de loitar pola igualdade (polo menos) co castelán nin tampouco de "marcar" ós castelán falantes. Grazas.

Lourenzo Fernández Prieto:

Claro que son firme partidario de que o galego acade na Universidade o posto que lle corrresponde, como mínimo como no resto do sistema educativo galego. Como logralo depende de todos e da capacidade de entusisasmar e adherir ao galego; como lograron por exemplo as primeiras universidades do Estado que son as catalanas, ou como fan as holandesas co seu idioma propio (muito máis minoritrio que o noso no mundo). Verbo da norma esa experiencia que vostede indica xa se viviu no goberno de Senén Barro e non houbo nunca un só problema, a dúbida que plantexa resolvese sempre en favor da institución e do idioma.

10 Anónimo 05/07/2015 14:01

que pensa facer co master docente se gaña?

Lourenzo Fernández Prieto:

O Master é unha necesidade a súa execución xera problemas innecesarios: aos icenciados que se lles aplikca retroactivamente e non concordo en que sexa requisito para opositar. Farei o que explico no programa e dixen xa nun artigo neste xornal en febreiro de 2009 e negociareino ca CRUE, no Consello de Universides e no Consello UNiversitario de Galicia que en última instancia é quen ten a capacidade legal de decisión.

11 Anónimo 05/07/2015 14:01

Ola Lourenzo. Boas tardes. Eu estudiei Historia e rematei a carreira no ano 2000. Nin siquera teño ido a recoller o título porque na miña vida profesional nunca me fixo falla. Hoxe estou rectificando unha dedición de xuventude e estudio Empresariais a distancia. Penso que na facultade de Historia non se ensina nada que nos faga mellores profesionais, ¿Cambiarias algo no deseño da licenciatura en Historia?

Lourenzo Fernández Prieto:

Ten muito que millorar e debe facerse co concurso de opinóns de egresados e estudantes en activo. A iso o animo e iso farei se son Reitor con todas as titulacións. Pero a súa experiencia non coincide co coñecemento que eu teño, despois de 25 anos. Asegúrollo, nin co que me contan antigos alumnos qu entran no meu Fb. A nosa é unha titulación polivantente e os seus titulados están nos xornais, as TV, nos museos, bibliottecas, no ensino, en mepress de arqueoloxía e de historia, as editorais e cada vez máis os medios e empresas de novas tecnoloxias. Por exemplo o último premio EGABNET gañouno nun ex-alaumno meu. Compre ampliar as posibilidades, diso se trata tamén nestas eleccións.

12 Anónimo 05/07/2015 14:01

que papel real tien el rector para cambiar la situacion estudiantil en el mundo global cotrolado por organismo internacionales no democrático y controlados por las grandes empresas y gobierno estatales titeres de las mismas? no seran los rectores una pieza mas de la gran farsa que l el capitalismo?

Lourenzo Fernández Prieto:

O Reitor só non pode pero se acumulamos a masa crítica necesaria para constuir as novidades que necesita a UNiversdade, que sempre debe estar na vangarda do conñecemento e a investigación pero tamén da proopsta social e política.. Así o fixo ao final da Dictadura de Franco con aqueles Reitores combativos e demócratas antes da democracia como Mayor Zaragoza, e así haberá que facelo no tempo que empeza, que está empezando. Para iso convoco unha grande coalición de ideas e non de intereses na que ten que participar toda a comunidade universitaria. non chega con gañar as eleccións. Iso podo logralo pero o cambio que necesita a USC precisa de todos e todas vós.

13 Anónimo 05/07/2015 14:01

Que propostas fai en materia de internacionalización?

Lourenzo Fernández Prieto:

Temos un amplo programa neste terreo. Aquí está unha das chaves do futuro da USC... para ser competentes, para lograr fondos etc. pero o máis importante é que a USC se adapte axiña a que xa é unha universidade internadcional, com indican os datos. As medidas se reumen en: lograr ser a primeira universidade do estado en garantir que TODOS/AS os seus estudantes pasen un cuadrimestre noutra universidade ao longo do seu período de formación. Temos os medios e as condicións para facelo E farémolo realidade no 2º ano de mandato.

14 Anónimo 05/07/2015 14:01

Pensa que a USC debería afondar no convenio de colaboración que ten coa Asociación de Altas Capacidades para dar unha saída ao 2% dos nenos e nenas galegas? De ser positiva a resposta como pensa que se podería implicar a USC para frenar o fracaso dos nenos de Altas capacidades?

Lourenzo Fernández Prieto:

POr suposto, favorecín xa isto sendo Vicerreitor e fareino muito máis sendo Reitor.

15 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿Pactara con Converxencia Universitaria?

Lourenzo Fernández Prieto:

Repito que non haberá pactos. A lóxica dos últimos 25 anos e das plataformas está morta, a lóxica das partes xa non serve. Viva toda a Universidade!

16 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿é certo que deixou de dar as súas clases na campaña??

Lourenzo Fernández Prieto:

Non podía levar de campaña aos meus alumnos. A miña compañeira de despacho substituime solidariamente e o resto de compañeiros/as do Departamento cooperaron tamén para que isot fose posible. Esa é a universidade na que creo: a da cooperación.

17 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿Cómo vai fomentar a práctica do deporte na USC?¿Porque se creou unha fundación privada ou semiprivada co anterior equipo de goberno do que vostede e outra persoa da súa candidatura formaban parte?

Lourenzo Fernández Prieto:

Seguindo o que tan fixo o meu compañeiuro Elias Torres. A creación da Fundación deu solución a un problema que tiña 30 anos. Agora que estamos declaradamente en crise, teremos que usar este instrumento precisamente para garantir ingresos derivados do uso dos nosos servizos polos que non son membros da comunidade universitaria, que xa se incrementaron considerablemente grazas á esa política do profesor Torres. nunca antes se revolucionara a práctica deportiva desa maneria na USC.

18 Anónimo 05/07/2015 14:01

Hola Tito, soy Angel de Zaragoza. Te mando un cordial saludo y todo mi apoyo ¿Cómo vas a gestionar la participación de la empresa en la Universidad?

Lourenzo Fernández Prieto:

Que alegría, Angel, un psicologo aragonés formado aquí, porque quixo formarse con nós. Que orgullo un egresado da USC que estudou cando eu o fixen e inaugurou unha vía profesional en Psicoloxíad o traballo, no si? Que che podo decir.... hai 25 anos (algo menos) levaches unha formación de aquí que te fixo uin grande profesional. O teu presente é o futuro que eu vexo para os nosos egresados e a nosa insittución. Serás oprimeiro membrro da USC-word que imos construir. Muitos bicos a Nónica e as criatruas... xa vexo que lembras o galego que aprendiches con tanto agarimo. es un exemplo!

19 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿Se arrepiente de haber entrado en el gobierno de Senén?

Lourenzo Fernández Prieto:

en absoluto, foi unha experiencia importante da que tivemos que sair porque o acordo de goberno impilcaba solucións a problemas e reformas que as inercias impediron levar a cabo, porque pesaron máis e tiveron máis poder que as vontades de cambio. Saimos do goberno para propiciar unha candidatura que vencera esas inercias e aquí estamos.

20 Anónimo 05/07/2015 14:01

Puede hacer públicos los acuerdos y compromisos que está adquiriendo en la negociación con centros y plataformas que está realizndo para obtener apoyos en la segunda vuelta?. Los votantes necesitamos conocer su alcance antes del día 24

Lourenzo Fernández Prieto:

Digo en público o mesmo que en privado. Non teña dúbida ao respeito

21 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿que vai facer para reducir a burocracia interna na USC?

Lourenzo Fernández Prieto:

A boa oticia é que non só os profesroes senón tamén os xestores queren facelo. Unha xerencia profesional e non intervida polos intereses políticos dos reitores permitirá facelo. Ë custiónd e adecuar as nosas estructuras aos novos procedementos e deseñar unha xestión de acordo con necewsidades de hoxe e non de hai 20 anos. Esta inventado, asegúrollo

22 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿Cree que Juan Casares sería un bo reitor?

Lourenzo Fernández Prieto:

Se o pensase non me presentaría

23 Anónimo 05/07/2015 14:01

Boas, Lourenzo! Chámome Diego. Son un estudante de primeiro de xornalismo. Ten pensado tomar algunha medida para dignificar as titulacións de letras, as máis humanísticas? Porque, dende o meu modesto punto de vista, a actual dirección da USC discrimínanos clamorosamente con respecto ós de ciencias.

Lourenzo Fernández Prieto:

Dignificar non é a palabra. Penso que abonda con non denigralas. Soos unha universidade completa e fomentar a división tróuxonos a unha situación insostible que eu quero emendar. Cabemos todos e con un Reitor de Humanidades aínda millor.A USC precisa un paso polo HUMANISMO, e eu vouno garantir.

24 Anónimo 05/07/2015 14:01

¿Qué hay de la campaña que le hicieron sobre supuestos pagos al alumnado?

Lourenzo Fernández Prieto:

As maledicencias de taberna están sempre presentes nun determinado tipo de campaña que non é a miña, nin é o meu estilo. Respondolle precisamente para chamar a atención sobre as formas underground de facer campaña que compre desterrar das sociedades plurais e libres e dende logo da Academia, tal como éu e os nosos a concebimos. Mui bos dias.

25 Anónimo 05/07/2015 14:01

Na USC aínda se lles deben aos funcionarios cartos do ano 2009, como ten pensado aplicar o desconto do 5 % anunciado por Zapatero?

Lourenzo Fernández Prieto:

Contribuir ao esforzo de redución do déficit vai ser obrigado, como se faga haberá que estudalo e depende sobre todo de como o concrete o goberno central, tendo en conta que os funciionarios docentes pertencen a corpos estatais, os PAS a un corpo galego, laborais e contratados son nosos ou autonómicos.. etc. o ideal sería actuar sobre os 10 millóns de débeda aprobados no último claustro para non executala. Estudaremos as formas menos gravosas, en todo cas, unha vez coñecida a concreción das medidas por parte do goberno central e autonómico.

26 Anónimo 05/07/2015 14:01

Como valora la intervención de algunos diputados pidiendo el apoyo para su candidatura?

Lourenzo Fernández Prieto:

Magníficamente, no meu Fb teño aidna máis adhesións dese tipo e espero que os coelgas e amigos do PP aos que tamén lles gusta a miña candidatura o fagan público canto antes. Son profesores de Universidade e amigos que agora son deputados e penso que é bon para a Universidade que a sociedade e os responsableis políticos se preocupen polo nosos futuro. é o propiio nas sociedades plurais e abertas.

27 Anónimo 05/07/2015 14:01

Boas Lourenzo: Son Rivas escribindo dende New Jeersey. Nestes tempos de crise, ¿cales son as medidas que ti tomarías para que as investigacions académicas non se vexan raxadas pola situación económica que nos está a afectar?

Lourenzo Fernández Prieto:

Olá Rivas alégrome de saber de ti e que estés pendente da USC. Non vai ser dificil neste contexto de crise convencer á sociedade e aos responsabeis político e do goberno de que a Universidade é parte da solución do futuro e non dos problemas do pasado. O paso do cemento ao coñeceemnto do que falaba eu nun artigo aquí mesmo hai 5 anos, xa non é unha opcion é unha necesidade imperiosa. Sabemos e podemos facelo real e para iso temos fórulas no progrma. A primeira e convencer á sociedadem claro.

28 Anónimo 05/07/2015 14:01

como reitor ¿vai obviar aquelas facultades nas que obteña un resultado electoral desavorable, tal e como fixo o seu antecesor Barro? en Dereito por poñer un exemplo.

Lourenzo Fernández Prieto:

Tratalas exactaemente igual que ás demais, por suposto. O sectarismo non é o meu estilo, por muito que arraigara na cultura política da USC. Trátase de vencer tamén esa inercia, por suposto.

29 Anónimo 05/07/2015 14:01

Sigo casi todos los días su blog y el de Casares. Me llama la atención que en el de Casares hay un montón de comentarios anónimos insultantes y agresivos mientras en el suyo no. Como lector me da la sensación de que su equipo es muy agresivo y ataca sin parar mientras que el contrario actúa de una forma mucho más calmada y caballerosa. ¿Qué opina usted?

Lourenzo Fernández Prieto:

Alégrame que vostede reparara niso e o faga público.

30 Lourenzo Fernández Prieto 05/07/2015 14:01

Muitas grazas a todos. Este teclado é un pouco incómodo pero aínda así logrei responder muitas preguntas, outras quedaron fora e o sinto. Leveime outra alegría persoal -das muitas desta capaña- grazas a Angel e a Rivas... grazas a vós e a todos e todas. Conto co voso apoio para millorar de verdade a USC e construir o seu futuro entre todos e todas, :