Open uri20150703 3 11hgcyv?1435921553

El portavoz nacional del BNG y vicepresidente de la Xunta
de Galicia ha charlado con los internautas de
lavozdegalicia.es sobre la campaña de las elecciones del 9-M.

1 Anxo Quintana 03/07/2015 13:05

ola moi boa tarde estamos aqui para participar nos encontros dixitais da voz de galicia moi agradecido polo convite ao Grupo Voz e á disposición de todos vos para compartir posicións e ilusións para as eleccións do día 9

2 Anónimo 03/07/2015 13:05

Cantos escaños pensades quitar, Anxo? Eu espero que máis, sodes os únicos que loitades pola nosa terra. un saúdo

Anxo Quintana:

O noso obxectivo é aumentar en número de votos con respecto a hai catro anos e que nun contexto sin maiorías absolutas os votos do BNG sexan decisivos en Madrid. O BNG é hoxe unha forza política en ascenso e creo que estamos en condicións de cumprir estes obxectivos, o que sería bo para o BNG pero creo que tamén moi bo para Galiza

3 Anónimo 03/07/2015 13:05

Estimado Sr: o coñecido plus dos cargos políticos implica un sobresoldo vitalicio para os funcionarios que durante dous anos ou tres con interrupción desenvolvesen algún alto cargo político. ¿está Vd disposto a promover no Congreso a abolición deste abuso a ivel estatal? ¿Estaría Vd. disposto a renunciar ao seu sobresoldo se retorna ao seu traballo de ATS como así anunciou Encarna Otero no ensino?

Anxo Quintana:

O BNG non apoiou esa medida no Congreso dos Deputados, e creemos que a actual Lei da Función Pública en Galiza é mellorable en varios aspectos incluído este. Dende o BNG traballaremos para que así sexa e non teño ningunha intención persoal de beneficiarme economicamente máis que do meu traballo e do meu esforzo, sin ningún tipo de privilexio, como fixen sempre

4 Anónimo 03/07/2015 13:05

¿Qué propon para loitar contra o cambio climático?

Anxo Quintana:

O BNG dende as súas responsabilidades de goberno na Xunta está a facer un importantísimo esforzo para a promoción e a implantación das enerxías renovables como alternativa ás enerxías que proveñen da utilización de fósiles finitos causantes en boa medida do cambio climático. A expansión da enerxía eólica, da biomasa ou da enerxía solar chegarán a significar no 2012 máis do 85 por cento da enerxía consumida en Galiza, e grazas a este esforzo do BNG o noso país vai a estar á cabeza europea nesta materia

5 Anónimo 03/07/2015 13:05

cal seria a condicion principal por si les toca entrar formar pactos, o no seran tan exigentes como los canarios y aragoneses q les da igual quien gane q al final si cuentan con ellos van igual?

Anxo Quintana:

O BNG establece semp`re os seus pactos en base programática e tendo en conta os intereses de Galiza. Non temos nada contra o PP e moito menos contra a xente que vota ao PP, pero as propostas que está a facer Rajoy de recentralización e retroceso social fai imposible neste momento un pacto co PP. Non estamos dispostos a dar ningún cheque en branco, e o señor Zapatero si quere contar con nós terá que ter en conta os intereses de Galiza. Xa temos demostrado que somos capaces de poñernos dacordo e a única condición é que Galiza sexa respectada

6 Anónimo 03/07/2015 13:05

hoxe no debate espero que fales da supresión da tarifa nocturna. Como ves esta decisión e que soluciómns adoptaría o BNG?

Anxo Quintana:

A supresión 'da tarifa nocturna é un bo exemplo de como dende Madrid en moitas ocasións lexíslase sin ter en conta a realidade de Galiza. Galiza ten que empezar a sacar proveito da súa condición de productor de enerxía. Unha forza decisiva do BNG en Madrid ten que server para correxir erros como a eliminación da tarifa nocturna pero tamén para conseguir co tempo que haxa unha nova tarifación elécttrica que teña en conta o lugar de producción e que signifique polo tanto unha redución do custo da enerxía consumida polos galegos

7 Anónimo 03/07/2015 13:06

Non cre que é un fracaso o seu liderazgo no BNG visto os resultados do BNG nas municipais e os máis que previsibeis eleccións estatais (dous deputados como máximo). Que beneficios en terminos electorais ten a sua pólitica de aceptar todolos desprecios do PSOE no goberno galego. A sua política de pactos a calquera prezo co PSOE é froito da ansia de poder ou simplemente erro estratéxico tremendo

Anxo Quintana:

O BNG acadou nas eleccións municipais o mellor resultado da súa historia neses comicios. E o BNG vai aumentar en votos considerablemente nestas eleccións xerais. O BNG é unha forza política dialogante que sempre busca acordos en beneficio de Galiza, é unha pena que o PP non faga o mesmo, o PP cada vez máis é unha forza política aillada e radicalizada, o que lle impide chegar a acordos con ninguén

8 Anónimo 03/07/2015 13:06

Onte no debate politico entre os dous gandes grupos politicos non se falou para nada de Galicia, ¿Como pensa vostede que pode correxir isto?

Anxo Quintana:

Vam os a correxilo no debate de hoxe entre os tres líderes das forzas políticas galegas que retransmitirá a TVG ás nove e media da noite. Para min non é ningunha novidade que Zapatero e Rajoy non nomearan a Galiza nin os problemas dos galegos e das galegas, é unha demostración máis de que as forzas políticas estatais e os seus líderes non teñen a Galiza entre as súas prioridades. Ademáis onte tiveron o mal gusto de unicamente nomear a Galiza para facer chistes, como tradicionalmente se fai en España con Galiza. Un para falar das costumes cinexéticas do PP e o outro para recordarnos que "es gallego", cousa que lle agradecemos porque senón non nos daríamos conta

9 Anónimo 03/07/2015 13:06

Son un traballador informatico de 38 anos que tivo que emigrar a madrid por falta de oportunidades, como galego ¿para cando a verdadeiro impulxo tecnoloxico galego? e non me estou a referir a ADSL e o Cable

Anxo Quintana:

Nas políticas de I+D+i está o futuro de Galiza. Investindo en investigación e novas tecnoloxías melloraremos a capacidade competitiva da empresa galega no mundo e crearemos postos de traballo cualificados na terra. Dende a Consellería de Innovación se teñen multiplicado os investimentos en I+D+i ate o punto de que un recente estudo da UE coloca a Galiza coma a rexión europea que máis ten avanzado nesta materia nos dous últimos anos. Espero que este esforzo que se está a facer en investigación e novas tecnoloxías serva para que pronto podas ter un posto de traballo no teu país

10 Anónimo 03/07/2015 13:06

Como simpatizante do BNG, agradariame saber cal é a razón pola que non se condea por parte do BNG o holocausto xudeo.

Anxo Quintana:

Como simpatizante do BNG espero que conformes a túa opinión polas posturas que traslada o BNG antes que polas difamacións que trasladan os nosos inimigos. Sería un bo método para non cargarse con preocupacións innecesarias. O BNG non só condea o holocausto senón que é o proxecto político antagónico do nazismo. Sería bo que outras forzas políticas condearan coa mesma contundencia dictaduras xenocidas coma o franquismo, que moitos concidadáns padeceron directamente.

11 Anónimo 03/07/2015 13:06

HOLA ANXO. EN PRIMEIRO LUGAR OS MEUS PARABENS PO LA XESTIÓN QUE ESTÁS A FACER. E NON SON NACIONALISTA. A MIÑA PREGU¡NTA CONSISTE , EN SABER A TUA OPINIÓN, SOBOR DA POSIBILIDADE DE QUE ESPAÑA FOSE UNHA REPÚBLICA FEDERAL . UN SAUDO.

Anxo Quintana:

O BNG está a favor da conversión democrática do Estado español nun Estado plurinacional. O nacionalismo galego é un proxecto político de cultura republicana, e polo tanto non podemos ver con desagrado o que ti propós, si ben considero que nin é o debate nin é a prioridade neste momento. Ten en conta que temos na memoria períodos de réxime republicano en España que non significaron especiais avances para Galiza

12 Anónimo 03/07/2015 13:06

En Ferrolterra perdimos 20.000 hab. e 14.000 postos de traballo en 25 anos, ademais dos terreos ociosos de Fene ¿que mais plantexamentos teñen para darlle a esta comarca un pulo moi necesario?

Anxo Quintana:

O futuro de Ferrolterra non está en novos plans de papel senón en aproveitar as súas capacidades reais e poñelas ao servizo do conxunto dos cidadáns. Conseguir que en Navantia Fene se constrúan buques civís significa revitalizar todo un entramado de industria auxiliar que redundaría tamén en importantes beneficios para o sector servizos. Ademáis deso, a comarca de Ferrolterra debe de ser un centro de operacións para as políticas de innovación tecnolóxica como está a promover a Consellería de Innovación e Industria. É necesario valorizar os inmensos recursos naturais e patrimoniais da comarca para polos ao servizo dun proxecto real de desenvolvemento turístico e ao mesmo tempo reforzar o sistema de benestar para conseguir unha atención digna ás persoas máis desfavorecidas

13 Anónimo 03/07/2015 13:06

Resolverase o tema das galegoescolas cos concellos que inicialmente non desexan participar neste proxecto?

Anxo Quintana:

Está resolto. Os concellos en uso da súa autonomía municipal poden adherirse ao proxecto das galescolas ou poden poñer en marcha pola súa conta escolas de educación infantil. Hai xa máis de 220 concellos adheridos ao Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar que espera ter en marcha ao final da lexislatura 120 galescolas. As galescolas son un proxecto galego e de calidade educativa, creo que se equivocan os alcaldes do PSOE que seguindo a estratexia do PP rechazan este servizo. Espero que recapaciten e rectifiquen

14 Anónimo 03/07/2015 13:06

¿teremos proximamente un estatuto de nación como Cataluña ou Euskadi?

Anxo Quintana:

É o noso desexo e é o noso obxectivo. É necesario que teñamos un Estatuto de nación para conseguirmos ter novos instrumentos para xerar benestar para os galegos e para as galegas, e tamén para que Galiza ocupe o lugar que lle corresponde dentro do Estado español. As próximas eleccións son moi importantes para esto. Un ha derrota do PP debe server para que este partido levante o veto que ten contra o Estatuto de Galiza, e un BNG decisivo en Madrid é a única garantía de que PSOE e PP non pretendan deixar a Galiza por debaixo de Euskadi e Cataluña

15 Anónimo 03/07/2015 13:06

como ve vostede o debate de hoxe?

Anxo Quintana:

Como un éxito democrático. É a quinta vez que a TVG convoca aos tres líderes políticos, e é a primeira vez que vamos a estar os tres xuntos. Eu en nome do BNG fun sempre que se me convidou, por respecto aos cidadáns e por compromiso democrático. Espero que o de hoxe sexa a norma a partires de agora

16 Anxo Quintana 03/07/2015 13:06

Moitas grazas polas vosas preguntas, lamento non ter tempo para respostar a todas, espero que noutra ocasión podamos seguir falando e que daquela o BNG xa sexa unha forza decisiva en Madrid e que con elo remate a invisibilidade política de Galiza no Estado.