Open uri20150703 3 1n5apl9?1435922394

El actor que protagoniza «Padre Casares» y que acaba de
recibir el premio Chano Piñeiro, charla con los internautas
el martes 13 a las 18.00 horas.

1 Antonio Durán «Morris» 05/07/2015 00:08

Ola a todos, son Antonio Durán Moreiras. Coñecédesme por Morris, este é o meu primeiro chat con internautas e estou disposto a comentar e analizar e o que queirades saber da miña profesión pero xa non tanto de min persoalmente.

2 Anónimo 05/07/2015 00:08

¿Non pensa que na TVG sempre actúan e presenta os mesmos?

Antonio Durán «Morris»:

Se fose un espectador máis pode que tivese esa sensación, pese a todo, temos que pensar que tanto en televisión como en teatro, e incluso cine, as caras si funcionan se repiten bastante, cousa que para mín non é nada malo. Se eu fose un actor ou actriz novos, pensaría que realmente non é tan doado acceder a ser coñecido nestes medios en Galicia.

3 Anónimo 05/07/2015 00:08

Lo de Morris es porque tienes mucho idem

Antonio Durán «Morris»:

Non entendo moi ben o de idem pero o de Morris ven da época do colexio Labor, cando eu facía primeiro de bachiller, hai moitos anos e de que nos chamábamos polo apelido que no meu caso é Moreiras. Todo foi unha pequena evolución, Morgan, Morris...

4 Anónimo 05/07/2015 00:08

Que aprendeches facendo o Antón de Pratos Combinados que che resultara útil para interpretar o teu papel actual?

Antonio Durán «Morris»:

Con Pratos adquirín moito oficio, moita disciplina, e un gran respeto polo medio. Foron doce anos en antena e recordos marabillosos cos compañeiros de sempre.

5 Anónimo 05/07/2015 00:08

Morris, que ha faltado para saltar a la ficcion nacional, voluntad u oportunidades?

Antonio Durán «Morris»:

Neste momento, non creo que traballar en Galicia sexa un paso previo forzosamente para traballar no resto de Estado. Traballei en proxectos e rexeitei outros, incluso recentemente e importantes pero se me quedei sempre foi porque os de aquí eran mellores e me resultaban máis cómodos. Quizais na época de Pratos Combinados, me acomodei demasiado pero non me arrepinto delo.

6 Anónimo 05/07/2015 00:58

Perdón participabas en un programa de la Radio Popular de Vigo que era muy divertido en las noches, a finales de los 70 o principios de los 80

Antonio Durán «Morris»:

Este programa foi hai moitos anos, así como 30 anos. Se chamaba A bola de Cristal e emitíase en cadea para toda Galicia, onde os rapaces entraban en directo. Eran as aventuras dun vagabundo, un can e unha pulga que tiña o can. Todos íamos montados de aventuras enriba da pulga.

7 Anónimo 05/07/2015 00:58

En la serie necesitas a Moncha para que te prepare buenas comidas; en la vida real, ¿ también tienes cocinera a tu medida?

Antonio Durán «Morris»:

Creo que os personaxes desta serie son paródicos. A Moncha tamén lle convén estar co alcalde e a él estar con Moncha pero nunca se poderían analizar dunha maneira tan realista. Se carecesen de humanidade, podería ser algo preocupante, pero en realidade trátase case da aldea gala de Asterix, onde conviven todos estes personaxes.

8 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿No está cansado de que casi siempre lo encajen en papeles cómicos?¿No le gustaría pasarse a un registro más dramático?

Antonio Durán «Morris»:

En realidade estou encantado de que me ofrezan papeis. A realidade é que desde que comezou a TVG en Galicia e eu xa facía teatro coa miña compañía Artello en Vigo, sempre tiven ofertas e a comedia en Galicia sempre funcionou moito. Cando tiña 20 anos e se comezaba co teatro profesional o que triunfaba era a farsa que se podería comparar coa comedia pero no teatro. Algo de comedía debemos ter neste país.

9 Anónimo 05/07/2015 00:58

no hay anticomunismo en su personaje

Antonio Durán «Morris»:

Penso que non, de ningunha maneira. Delmiro é un tipo primitivo, divertido, e para quen as siglas da esquerda poderían ser como as do Deportivo para un deportivista ou como as do Celta para un celtista.

10 Anónimo 05/07/2015 00:58

como crees que es la situación actual del humor gallego, tanto a nivel escrito, oral y visual?

Antonio Durán «Morris»:

Creo que os galegos coa retranca e a nosa forma de ser, sempre lle estamos poñendo un toque de humor á vida, incluso nos momentos máis difíciles e dramáticos. Persoalmente esta é unha das cousas polas que me sinto fachendoso de ser daquí, cousa que tamén admiran fóra e é normal que todo isto se note á hora de crear os personaxes.

11 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿ Qué tal te llevas con los curas en la vida real?

Antonio Durán «Morris»:

A Igrexa non me gusta, a sotanas dánme medo, pero cos curas galegos especialmente, podo chegar a facer moi boas migas. A miña familia é dun pobo de Ourense chamado Os Peares, e coñeco bastante ben, a figura dos curas polos pobos.

12 Anónimo 05/07/2015 00:58

Enohoraboa por partida doble po lo premio e po la serie, como se encontra despois de tanto exito da serie

Antonio Durán «Morris»:

Moitas grazas, para mín o verdadeiro premio é levar tantos anos nos escenarios e nas pantallas e que me sigades aturando.

13 Anónimo 05/07/2015 00:58

Sólo felicitarte polo magnifico papel que desempeñas nesta serie. Na miña casa admiramoste, non sabes canto , desde platos combinados. Un saudo desde Mesón do Vento (Ordes)

Antonio Durán «Morris»:

Grazas de corazón.

14 Anónimo 05/07/2015 00:58

Que tipo de traballo che presta máis, sketches tipo Air Galicia ou cine "serio"?

Antonio Durán «Morris»:

Cando eu comecei ata hoxe , os actores da miña xeración sempre fumos actores todoterreno, en parte o fixemos para sobrevivir neste medio. Cando me facían esta pregunta, sempre respostaba que para mín o máis importante era desenrolar o meu traballo enriba dun escenario. Hoxe en día penso e con isto, espero contestarte, que non depende tanto de teatro, cine ou televisión, ou o que me dis; sketches, series ou películas como dos proxectos que encerre cada unha delas. Para mín o proxecto e a xente que traballe en cada un é o fundamental nestes momentos.

15 Anónimo 05/07/2015 00:58

Estas casado?

Antonio Durán «Morris»:

Estiven casado aos 20 e só durou un ano pero sí que teño parella se iso responde á túa pregunta.

16 Anónimo 05/07/2015 00:58

gustariame saber se pensas traballar co teu compañeiro Ernesto Chao nalgún novo proxecto teatral

Antonio Durán «Morris»:

Non temos ningún proxecto en común, sigo tendo moito contacto con él, a él lle vai moi ben coa súa compañía pero por se non o sabes, a compañía de teatro Artello da que falaba antes, eu xa a fundara con él hai 30 anos. Se sae algún proxecto, por suposto estarei encantado de traballar cun gran actor e amigo coma él.

17 Anónimo 05/07/2015 00:58

No teu papel de Padre Casares interpretas a un alcalde que se beneficia moito a conta dos demais. ¿Podemos falar que representas o tipico alcalde galego?

Antonio Durán «Morris»:

Creo que bebo desas fontes e imos deixalo así...

18 Anónimo 05/07/2015 00:58

Mi hijoquiere ser actor tiene 16 años,que me aconsejas que haga.-Gracias

Antonio Durán «Morris»:

Hoxe en día hai en Vigo unha escola de teatro homologada para facer a carreira de Arte Dramático pero sobre todo te aconsello que teñas paciencia e que lle deas moito ánimo. Se quere ser actor seguro que é un gran chaval. Cando eu comecei non había estruturas onde poder iniciarse nin se vía futuro ningún nesta profesión e os meus pais pasárono moi mal.

19 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿Esperades alcanzar con Padres Casares o mesmo éxito que con Mareas Vivas?

Antonio Durán «Morris»:

Creo que son momentos distintos e Mareas foi un gran éxito e a Padre Casares lle vai moi ben. O tempo dirá pero non é algo que me preocupe o máis mínimo.

20 Anónimo 05/07/2015 00:58

Que opina dos que din que na nosa Comunidade para traballar na tele tes que ter vinculación con quen goberne? Sobre todo porque vostede traballou con éxito independentemente do partido que gobernase

Antonio Durán «Morris»:

Como ben dis eu son unha proba delo.

21 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿Ernesto Chao ou Manquiña?

Antonio Durán «Morris»:

Papá ou mamá...

22 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿que lle parece a separacion dos tonechos?

Antonio Durán «Morris»:

Unha pena para a audiencia e sobre todo para eles pero supoño que darán grandes resultados por separado. Hai que dárlles tempo, son dous grandes cómicos. Estas cousas son inevitables.

23 Anónimo 05/07/2015 00:58

Hola Antonio. ¿Non votades en falla na TVG algún formato de serie diferente, máis rompedor, ou surrealista, de temática máis ¨forte¨ ? Graciñas, un saúdo. David Gustey

Antonio Durán «Morris»:

Pode que sí pero eu non cheguei a ver ata agora, o proxecto de ningunha productora que tirase por aí. Digo eu que por algo será.

24 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿Manteste a marxe en temas políticos ou implícaste cunh opción política?

Antonio Durán «Morris»:

Son un home de esquerdas, iso sí, un tanto desencantado pero me sigo identificando con ela.

25 Anónimo 05/07/2015 00:58

Gustaríame verte como parella de Penelope Cruz, ¿Para cando Hollywood?

Antonio Durán «Morris»:

A mín tamén...

26 Anónimo 05/07/2015 00:58

Non cres que o cinema español descubriu demasiado tarde o potencial galego: escenarios naturais, actores marabillosos como Celso Bugallo ou Mabel Rivera...?

Antonio Durán «Morris»:

Un amigo meu, deu unha vez unha resposta moi boa fóra de Galiza a esta pregunta. Dixo que Galicia sempre estivo cheo de estrelas pero os de fóra camiñaban mirando para o chan.

27 Anónimo 05/07/2015 00:58

A pesar de termos a retranca Air Galicia é dos primeiros programas de humor interesantes na tvg, a que cres que se debe?

Antonio Durán «Morris»:

En primeiro lugar os seus guionistas e creadores que son os Zopilote: Andy, Parrocho e Pato. Creo que sí houbo, non sei cantos anos tes pero eu e Manqui traballamos moito hai anos con Chichi Campos, xa falecido. Programas como A ver que vai ser esto, S.O.S., etc..Sinceramente eran xeniais e hipercríticos coa realidade galega. Penso que sí houbo cousas pero non ao mellor coa frecuencia que nós desexásemos e penso que é unha das poucas cousas polas que merece a pena pelexar.

28 Anónimo 05/07/2015 00:58

Tienes facebook?

Antonio Durán «Morris»:

Non, acabaría roubándome tempo e non mo podo permitir.

29 Anónimo 05/07/2015 00:58

eres seguidor habitual dalgunha serie de televisión, ben sexa nacional ou de fora?

Antonio Durán «Morris»:

Non, fago zapping continuamente pero sí que estou ao tanto do que se fai. Hainas mellores e peores.

30 Anónimo 05/07/2015 00:58

Pódesnos explicar un pouco o proceso que se segue dende que se che entrega o guión dun capítulo novo ata a rodaxe? Tes moito tempo de preparación dos capítulos?

Antonio Durán «Morris»:

As series unha vez que se comezan a rodar, se te pilla no medio dunha temporada, despóis de lelo, tes que archivalo e según se vaian desenrolando os capítulos preparalo con maior ou menor premura. Quero dicir con isto que nalgún momento se poden ter varios capítulos abertos ao mesmo tempo. Aínda que o tempo real máis ou menos equivaldría a unha semana por capítulo. Se me escoita o produtor mátame!

31 Anónimo 05/07/2015 00:58

Alguna película/serie en camino con Morris como protagonista?

Antonio Durán «Morris»:

Vánse estrear varias películas nas que estou pero non como protagonista. Os mortos van apresa, O Club da Calceta, Celda 211...

32 Anónimo 05/07/2015 00:58

Despois de que Toñito (Federico) lle fale tanto de Mazaricos e que vostede o mande sempre tomar polo cú. Non cre que ten unha débeda con Mazaricos e ten que facer unha visitiña? SAÚDE e PARABÉNS

Antonio Durán «Morris»:

Estaría encantado de visitarvos pero acordáte de que nin a Fede nin a vós vos mando a tomar polo cú...son cousas da personaxe e do guión. Por certo, Federico, aparte dunha gran persoa é un cómico magnifíco e dos que máis me sorprenderon nos últimos tempos.

33 Anónimo 05/07/2015 00:58

QUE TAL LOS RODAJES EN REDES LE GUSTA EL PUEBLO

Antonio Durán «Morris»:

Marabillosos, creo que é un dos acertos desta serie, para nós e para os espectadores. Para nós porque é un remanso de paz nun mundo de tolos e para os espectadores porque todo o que transmite é bonito e espero que nós nunca cheguemos a ser unha molestia para os que alí habitan.

34 Anónimo 05/07/2015 00:58

¿E certo que antes de traballar na TVG traballabas no aeroporto de Santiago?

Antonio Durán «Morris»:

Non traballei no aeroporto.

35 Anónimo 05/07/2015 00:58

Apoyarás publicamente a algún partido pólítico en las elecciones autonomicas?

Antonio Durán «Morris»:

Sei a quen non apoio, pero tampouco teño tan clara a miña opción como para facer campaña.

36 Anónimo 05/07/2015 00:58

Utilizando la expresion andaluza de Pedazo de Artista , te pregunto ¿Para cuando una version en castellano del Enfermo imaginario? en la que por primera vez conoci tu trabajo en la que estabas extraordinario?

Antonio Durán «Morris»:

Moitas grazas por esas palabras. Foi unha época marabillosa e un gran éxito teatral.

37 Anónimo 05/07/2015 00:58

Boas tardes, de todos os pragaramas nos que participaches con cal te quedarías? poderías escoller só un?

Antonio Durán «Morris»:

Sería imposible quedarme con un porque as sensacións son distintas, ao O Mellor e a Manolo Rivas lles debo moito porque foi o primeiro que fixen en televisión, daquel tempo ven a parodia de Modesto Ciclón, home do tempo. A ver que vai ser esto foi o máis arriscado para o momento que era. En Pratos Combinados foron moitos anos convivindo coa mesma xente. En Padre Casares me sinto comodísimo e o paso moi ben. Quedaríame con vós que sodes o programa pero do outro lado.

38 Antonio Durán «Morris» 05/07/2015 00:58

Moitas grazas a todos, voume coa sensación de que fóstedes demasiado amables comigo, cousa que vos agradezo e agardo repetir esta experiencia en calquera momento que mo propoñan. Que Dios reparta sorte!