Ángel García Seoane, candidato por Alternativa dos
Veciños ha respondido a las preguntas de los internautas.

1 Ángel García Seoane 05/07/2015 18:53

Buenos días. Aquí me tienen para todo lo que quieran preguntarme.

2 Anónimo 05/07/2015 18:53

¿Para cando o centro de día de As Galeras?

Ángel García Seoane:

Leva desde agosto do ano pasado acabado e sen abrir as portas. É una vergonza total que siga coas portas cerradas pola neglixencia da consellería.

3 Anónimo 05/07/2015 18:53

O seu goberno sempre apostou forte pola cultura e a ensinanza dos nosos rapaces ¿está a afectar a situación de crise a este asunto?

Ángel García Seoane:

A situación de crise no país sentiuse menos en Oleiros pola nosa xestión singular nosa. En ningún momento detraimos recursos que afectaran ás actividades que se desenvolven directa ou indirectamente nas asociación culturais do concello, ás cales que financia o governo municipal.

4 Anónimo 05/07/2015 18:53

La red de transporte metropolitano de A Coruña es una verguenza. Apenas hay autobuses y los que hay no pasan a su hora y transcurren muy lentos por la estrechas carreteras, que además acumulan coches en exceso. ¿Dónde está el transporte publico? ¿Algún día podremos ir en tren o incluso en barco? ¿Qué puede hacer el concello de su parte? Es de películo y los coruñeses y residentes de Oleiros no nos meremos esto.

Ángel García Seoane:

O tema do transporte mellorou nos últimos anos en Oleiros a través das xestións do Consorio As Mariñas. O Concello creou unha liña propia e acábase de facer un grande esforzo na reducción do custo das viaxes cofinanciados entre Concello e Xunta. Na zona norte a Xunta ten un gran reto.

5 Anónimo 05/07/2015 18:53

¿Por qué se han parados las obras de las aceras de Santa Cruz , que nos prometió terminar en Enero para que no interrumpiese el trafico en verano?

Ángel García Seoane:

Están paradas porque a empresa adxudicataria entrou en suspensión de pagos, polo que houbo que adxudicar a outra empresa. Ese é o motivo do retraso.

6 Anónimo 05/07/2015 18:53

Me podría decir cuantas viviendas de protección oficial ha sacado el Concello de Oleiros en los últimos años, ¿ Si sale alcalde, seguirá apostando por la vivienda de precio protegido?

Ángel García Seoane:

632 vivendas se fixeron nos últimos 5 anos da man do governo local para dedicalas, a través de concursos do concello, prioritariamente, a familias oleirenses situadas en núcleos de alta calidade urbana, non en «guetos».

7 Anónimo 05/07/2015 18:53

Así se fan as cousas alcalde, a escola de danza, a piscina e o ximnasio en Dorneda, o campo de fútbol Que beneficios carreará para o municipio o novo campo de golf?

Ángel García Seoane:

Os equipamentos que se crearon e se están poñendo en uso últimamente contribúen á mellora da alta calidade de vida dos nosos cidadáns. O campo de golf será un forte revulsivo para a economía do Concello, o turismo e o deporte.

8 Anónimo 05/07/2015 18:53

Defina con una frase corta a cada candidato portavoz de la oposición

Ángel García Seoane:

Dios los da y ellos se juntan.

9 Anónimo 05/07/2015 18:53

Por qué sigiue presentandose a las elecciones? Tiene miedo de no saber qué hacer sin el poder?

Ángel García Seoane:

Sigo presentándome ás eleccións porque nunhas eleccións asamblearias e primarias abertas a todos os cidadáns así o demandan. Teño o aval de 3.746 persoas do Concello.

10 Anónimo 05/07/2015 18:53

¿Que piensa usted respecto a la vuelta a la política municipal de un señor que presume de haber conseguido logros importantes para Oleiros, cuando todos sabemos que esos logros fueron conseguidos gracias al gobierno central y al esfuerzo del Concello?

Ángel García Seoane:

Dime do que presumes e direiche do que careces.

11 Anónimo 05/07/2015 18:53

Resulta muy sorprende su reclamación de indemnización por el derribo de su casa, cuando fue Ud. el que se concedió la licencia a si mismo. ¿De verdad piensa Ud. continuar con semejante demanda, o es solo una maniobra electoralista?

Ángel García Seoane:

Faltaba máis que non reclamara os danos que por motivos políticos me ocasionaron. Hai dúas sentencias que me eximen de calquera infracción urbanística. A miña familia non ten que pagar os erros da administración do Estado e da autonómica.

12 Anónimo 05/07/2015 18:53

SON UNHA VECIÑA DE MAIANCA CUNHA FILLA DE OITO MESES, PARA CANDO A ESCOLA INFANTIL EN MERA? VAI FACER ALGO AO RESPETO?

Ángel García Seoane:

A Xunta de Galicia negouse a que a zona norte do municipio teña unha escola infantil. Nestes momentos o Concello está a abordar as obras necesarias para a adecuación da Casa Labarta en Mera, para que poida funcionar no próximo curso como escola infantil.

13 Anónimo 05/07/2015 18:53

Como xurdiu a idea de crear un grupo electoral á marxe dos grandes partidos? Que futuro espera para Alternativa tras a sua retirada? Con que partidos simpatiza a nivel galego ou estatal?

Ángel García Seoane:

Alternativa dos Veciños naceu no seno do movimento asociativo cultural de Oleiros. O futuro da mesma está nas súas mans. Simpatizo a nivel estatal co PSOE e, a nivel galego, co PSOE e BNG.

14 Anónimo 05/07/2015 18:53

El PXOM fue aprobado parcialmente, ¿Cuál es la situación de los núcleos que la Xunta mantiene en suspenso?

Ángel García Seoane:

A situación dos núcleos urbáns que foron marxinados polos governos autonómicos do bipartito e o PP é unha aberración destes, dado que quitaron un dereito a uns veciños cuxos núcleos estaban considerados urbáns en anteriores plans. Alternativa dos Veciños ten presentado un contencioso para que sexan recoñecidos como tal.

15 Anónimo 05/07/2015 18:53

Buenos dias alcalde. ¿ me gustaría saber cuando van a arreglar los problemas de asfalto que tenemos en la carretera de Bastiagueiro y alrededores ? El asfalto está hundido en varias zonas,e igualmente el carril bici y aceras.

Ángel García Seoane:

O asfalto das carreteras e avenidas da Xunta e da Deputación ou do Estado o teñen que arranxar as citadas administracións.

16 Anónimo 05/07/2015 18:53

Que le parece que el Director Xeral de Mobilidade acuda a explicar el problema del transporte publico a un mitin de Cobián en lugar de hacerlo al alcalde y al concello. ¿Donde está el respeto institucional?

Ángel García Seoane:

Esperpéntico, dado que o problema foi creado dende a dirección xeral, e a zona norte, lamentablemente, seguirá sufrindo a incompetencia da consellería.

17 Anónimo 05/07/2015 18:53

Alternativa fixo moito por Oleiros,¿Qué queda por facer no noso concello?

Ángel García Seoane:

Todo o que hai feito en Oleiros en positivo está feito única e exclusivamente por Alternativa dos Veciños. Faltaba máis que aqueles que teñen que invertir recursos no noso concello por obrigado cumprimento e ao amparo dos proxectos municipais non o fixeran.

18 Anónimo 05/07/2015 18:53

Boas Gelo,sendo vecino,por que sempre maltrataches a Montrove, olvidandote de dotalo de infraestructuras municipais?

Ángel García Seoane:

O goberno local non maltratou ningún núcleo e menos a Montrove, que ten todos os servizos e, ademais, posúe inmensas áreas verdes e dotacións.

19 Anónimo 05/07/2015 18:53

¿PORQUE MUCHOS DE LAS FUNCIONARIOS DEL CONCELLO NO LLEGAN NI A MILEURISTAS?

Ángel García Seoane:

Na Casa do Concello de Oleiros non hai mileuristas.

20 Anónimo 05/07/2015 18:53

Vivo na urbanización Mesón da Auga, sería posible que se arreglase o camiño de acceso que existe na rúa que vai a Coroto, xa que aínda non está feita a rotonda? da Nacional VI?

Ángel García Seoane:

A urbanización Mesón da Auga verase moi mellorada coas obras de ampliación da N-VI e as rotondas e enlaces que se van facer nas inmediacións da citada urbanización.

21 Anónimo 05/07/2015 18:53

Por qué siempre insulta a la oposición y a las demás administraciones.

Ángel García Seoane:

A oposición está empeñada en que cada frase miña se interprete como un insulto. É unha táctica. As verdades sempre molestan.

22 Anónimo 05/07/2015 18:53

QUe le diria a la juventud para que le vote? Que espectativas tiene un joven con estudios con los tiempos que corren?

Ángel García Seoane:

A xuventude en Oleiros ten centos de razóns para votar a Alternativa. As nosas políticas sempre estiveron prioritariamente dirixidas a eles, e cónstame que as coñecen.

23 Anónimo 05/07/2015 18:53

No caso de saír reelixido, cal será a súa postura sobre a construción du novo colexio na parroquia de San Pedro de Nós?

Ángel García Seoane:

A miña postura será contundente contra todos aqueles que intenten seguir privándonos do citado colexio. Oleiros necesita un novo colexio e ten que ser en Nós.

24 Anónimo 05/07/2015 18:53

Que opina acerca de que membros da Xunta de Galicia veñan a Oleiros sin comunicarllo ao Concello e ao Alcalde?

Ángel García Seoane:

Falta de ética e respeto institucional. Coa súa actitude pretenden taparme, algo imposible en Oleiros dado que a presencia de Alternativa está en cada metro cuadrado do concello.

25 Anónimo 05/07/2015 18:53

Sr.alcalde querria saber su opinion sobre los caminos publicos con pocos vecinos con dos o tres viviendas usted tiene dicho que no los arreglaria?

Ángel García Seoane:

Os camiños públicos son atendidos polo concello como tales, pero hai que recordar que existen 1.170 camiños no concello e hai que parcar prioridades en relación aos recursos existentes.

26 Anónimo 05/07/2015 18:53

Si fuera vecino de Oleiros y viera que usted ha dicho que los vecinos iban a pagar 400 €/año de agua y viene el presidente de aguas de galicia y lo corrige diciendo que son 12,52 €/año , ¿quien miente en este asunto?

Ángel García Seoane:

Coa nova Lei de Augas haberá veciños que poñan 400 euros ou máis ao ano polo canon creado polo goberno galego. Este tema dará moito que falar no noso país.

27 Anónimo 05/07/2015 18:53

Este año hay mucha gente joven en la lista que Alternativa presentará a las elecciones. ¿Cuál es su participación dentro del partido y su parte en el programa electoral?

Ángel García Seoane:

A xente xoven leva moitos anos participando nas políticas de Alternativa dos Veciños. A nova savia que se incorpora na candidatura mellorará os programas de xuventude.

28 Anónimo 05/07/2015 18:53

Está usted seguro de su triunfo para el 22 de mayo?

Ángel García Seoane:

O triunfo de calquera grupo nunhas eleccións está en mans dos cidadáns. Creo que Alternativa merece a confianza do pobo, pero eso decidirase o día 22.

29 Anónimo 05/07/2015 18:53

Gelo que propuesta tines para Oleiros al ganar las eleciones

Ángel García Seoane:

Traballar a reo con honestidade, ética e constancia, como ata agora fixemos.

30 Anónimo 05/07/2015 18:53

A oposición sempre critica o abandono do Norte de Oleiros, sobre todo a zona de Lorbé e Dexo, ¿como ve vostede Lorbé de aquí a 4 anos?

Ángel García Seoane:

A zona norte do municipio dispón de todos os servizos e equipamentos ao igual cas outras zonas do municipio. A parroquia de Dexo ten un importante futuro pola súa calidade ambiental, polos accesos que estamos creando e por ter o porto máis importante do noso municipio.

31 Anónimo 05/07/2015 18:53

¿Porqué nuestro municipio no tiene la atención por parte de la Xunta de Galicia que otros lugares de Galicia, como Betanzos o Sanxenxo?

Ángel García Seoane:

Polo sectarismo político do goberno do PP, que cree que a sede do governo galego é a sede do Partido Popular.

32 Anónimo 05/07/2015 18:53

cando vai saber o chan que vai quedar afectado realmente pola pegada sonora de Alvedro?

Ángel García Seoane:

O governo municipal está mantendo conversas cos responsables do Ministerio de Fomento. Cónstanos que a huella sonora vaise reducir coa aprobación do plan director de Alvedro. Alternativa dos Veciños ten presentado un pleito na defensa de todos os afectados.

33 Anónimo 05/07/2015 18:53

Hay muchas instalaciones deportivas en Oleiros, ¿Qué mejoras y nuevas instalaciones tendremos en los próximos 4 años?

Ángel García Seoane:

As previsións inmediatas, incluso antes das eleccións, é o inicio dos campos de fútbol de Mera e de Dorneda, e as obras que nos traerán o campo de golf e moitas outras que sería moi longo de enumerar.

34 Anónimo 05/07/2015 18:53

¿Cómo vería usted a un Oleiros sin Alternativa dos Veciños?

Ángel García Seoane:

O día que falte Alternativa dos Veciños será un día triste para Oleiros. Por elo seguiremos na nosa loita para conservar o municipio na liña que nos marcamos.

35 Anónimo 05/07/2015 18:53

Usted siempre dice que Oleiros es un lugar diferente y singular. ¿Qué hace diferente Oleiros de otros concellos del Área Metropolitana?

Ángel García Seoane:

Que Oleiros é diferente e singular non o digo eu, o din os cidadáns oleirenses e todos aqueles que nos visitan.

36 Anónimo 05/07/2015 18:53

Qué tiene que decir de la opinión cada vezmás creciente de que en Oleiros hay vecinos de primera y vecinos de segunda?

Ángel García Seoane:

En Oleiros todos somos vecinos de primera. En cambio para pagar impuestos, en concreto el IBI, existen tres baremos distintos: los de la costa pagan más, la segunda fila pagan menos, y los del interior menos, todo ello al margen del poder adquisitivo.

37 Ángel García Seoane 05/07/2015 18:53

Una vez más, quiero decirle a los ciudadanos que estoy abierto y siempre estuve a cualquier pregunta, a cualquier crítica sana y constructiva. Me tienen a su disposición en la Casa Consistorial. Muchas gracias a todos por vuestra participación.