Open uri20150703 3 1qxavo2?1435923544

El profesor Barreiro analizará la amplia remodelación
ministerial llevada a cabo por Zapatero.

1 Barreiro Rivas 05/07/2015 01:02

Bós días, estou encantado de volver ao chat de La Voz de Galicia e tratarei de ser breve para responder a moita xente.

2 Anónimo 05/07/2015 01:02

¿Qué supone la remodelación de cara a reitentar un tercer mandato y cómo valora a los elegidos y a los cesados?

Barreiro Rivas:

Sin esta remodelación sería imposible un terceiro mandato de Zapatero. Con esta remodelación sigue sendo moi difícil. O goberno anterior estaba feito á medida do "proxecto social" de Zapatero que era máis electoral que transformador e que tiña en Fernández de la Vega e en Aído á máxima representación da banalidade coa que Zapatero sempre entendeu a política democrática. O de agora é resultado da evidencia de que o Goberno anterior estaba fracasado e está formado con xente que pode manter as medidas adoptadas para rectificar a grave deriva económica que se iniciara nos dous últimos anos. Eu espero que manteñan ese obxectivo.

3 Anónimo 05/07/2015 01:02

El valor de golpe de efecto de esta reforma ministerial creo que es innegable; ¿cree que existe una intencionalidad distinta en este cambio de la de mejorar la imagen y generar espectativas?

Barreiro Rivas:

Creo que o principal obxectivo é manter as liñas de rigor político e administrativo iniciadas por consello conxunto do FMI e da UE. Pero este goberno fortalece moito a súa capacidade parlamentaria -eu creo que isto marcará moita distancia co PP-, tamén creo que é máis político e que está menos agotada que as liñas diseñadas por Fernández de la Vega no goberno anterior. Por iso creo que sen negar a forte compoñente de imaxe e comunicación que ten este goberno tamén ten unha maior capacidade política e de xestión.

4 Anónimo 05/07/2015 01:02

¿Cómo se explica que LEIRE PAJIN pueda ser Ministra? ¿Es que nadie la ha escuchado hablar?

Barreiro Rivas:

Leire Pajín, que creo é licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, está notablemente por enriba da media da clase política española. Que nos caia máis ou menos simpática ou que tivera un papel complicado na política interna do PSOE non a descalifica especialmente para a función de ministra. A súa etapa de secretaria de Estado de Cooperación foi innovadora e positiva e sobre este dato cabe pensar que pode facer un bó papel no ministerio.

5 Anónimo 05/07/2015 01:02

Buenas tardes, señor Barreiro. ¿Qué opinión le merece el comentario que se atribuye al "Finantial Times" pero que ya he visto reproducido en varios foros según el cual el partido que cambie de candidato ganará en 2012? Muchas gracias.

Barreiro Rivas:

Non son un devoto do Financial Times e menos da lectura que del se fai en España porque este periódico nin é a biblia nin é imparcial e xoga a intereses moi próximos á área dólar e á posición británica entre EE.UU. e Europa e faríamos moi ben léndoo con moito máis espíritu crítico do que se adoita facer. O que se aprende nas escolas de Ciencia Política é que cambiar de cabalo cerca das eleccións sempre fai perder a carreira e eu estou máis cerca desta idea que da do Financial Times. O PP non ten ningunha posibilidade de cambiar a Mariano Rajoy sen aceptar un fracaso da súa estratexia e o PSOE xa non ten tempo para invertar un candidato que non xurda da vontade de Zapatero de non presentarse.

6 Anónimo 05/07/2015 01:02

No le parece que hay mucho medriocre en politica

Barreiro Rivas:

En realidade case non hai outra cousa e mesmo cabe recoñecer que comparando a etapa actual co sucedido ó longo da etapa democrática estamos respecto da clase política no peor momento. Pero eu non quero esquecer que a clase política da democracia constrúese cunha forte participación e incidencia dos cidadáns que en modo algún somos alleos a este proceso de empobrecemento que con mentalidade acrítica vimos favorecendo. E moito me temo que é na segunda parte onde está o problema xa que para quitar unha clase política da circulación bastaría con non votala.

7 Anónimo 05/07/2015 01:02

¿No le parece absurdo que en plena crisis económica y con la creación de empleo y el despegue de la economía como único objetivo lo único en lo que no se toca nada ni se refuerza es en el equipo económico. Rubalcaba y Jáuregui van a vender muy bien, ¿pero qué es lo que van a vender?

Barreiro Rivas:

As políticas da señora Salgado xa fracasaron e xa foros desterradas desde xullo por recomendación dos expertos e das institucións multinacionais nas que participamos. A política que temos hoxe xa non ten nada que ver coa da señora Salgado e a ela só lle está encomendada levala rigurosamente á práctica. Neste contexto sería un error remover á señora Salgado porque o que se gañaría en eficiencia perderíase en imaxe e en sensación de cohesión. E esa é a razón pola que eu mesmo, que sempre critiquei moito á señora Salgado e propuxen o seu cese, agora mesmo non o faría.

8 Anónimo 05/07/2015 01:02

¿Quén considera vostede que tería máis posibilidades de derrotar a Mariano Rajoy nas eleccións de 2012? ¿Rubalcaba ou Zapatero? Por favor, arguménte a resposta. Moitas grazas.

Barreiro Rivas:

Para min o político Rubalcaba é infinitamente mellor que o político Zapatero pero creo que neste momento non sería posible convertilo en candidato sen dar a sensación de fracaso absoluto do PSOE e só iso lle faltaría ante unha eleccións que se lle presentan sumamente complicadas. A única fórmula que eu vería para que Rubalcaba fora candidato sería que Zapatero tirase a toalla de forma irrevocable ou que houbera un acontecimento, que agora non sabería definir, que lle impedira presentarse. En calquera outro caso o candidato debe ser Zapatero. Presentar agora a Rubalcaba sería queimalo prematuramente.

9 Anónimo 05/07/2015 01:02

¿Cómo valora vostede as políticas dos gobernos de Zapatero en Galicia?

Barreiro Rivas:

Cando unha política xeral se analiza en perspectiva territorial está garantizada a equivocación. As políticas fanse para que dinamicen a nivel nacional a actividade económica, o orde xurídico e internacional e as orientacións valorativas que definen as preferencias dos cidadáns. Mirar neste contexto se me fixeron o meu tren ou me asfaltaron a miña estrada ou me deron a miña subvención é un error garrafal. De feito o Goberno Zapatero bateu récords de inversión en Galicia e mesmo parece que vai a soster eses récords nos próximos dous anos en contra do que sucede, por exemplo, co propio Goberno autonómico. Pero eu non creo que acelerar as obras do AVE por encima do racional sea unha boa política para o país nin que confundir o progreso co asfalto -véxase por exemplo a autovía por Arzúa- sexa signo de modernidade. As políticas de Zapatero deberíamos criticalas en clave nacional porque para falar en clave de país xa temos á Xunta.

10 Anónimo 05/07/2015 01:02

Hola Maestro, ¿qué opinas del posicionamiento de Feijoo a nivel nacional? Desde mi punto de vista no logro visualizarlo como líder del PP a largo plazo(siendo Rajoy Presidente del Gobierno) ni a corto-medio plazo (cayendo Rajoy en 2012). Cómo lo ve?

Barreiro Rivas:

Eu creo que Núñez Feijoo está un momento moi doce da súa carreira política con unha grande aceptación que eu considero froito do derrumbe do proxecto bipartito e da crise xeral do PSOE. Neste contexto é posible que a Feijoo lle vai moi ben nos próximos anos. Pero tamén creo que a política de Feijoo carece absolutamente de discurso e que a Xunta actual non ten ningún proxecto global de Galicia que sexa atractivo e sostible. Por iso se as cousas non cambian non vexo o liderazgo de Feijoo máis alá do medio prazo. A posible derrota de Rajoy, que sería catastrófica para o PP, aínda pillaría a Feijoo neste momento doce e cunha oposición desvencellada. E por iso non creo que no marco galego esa derrora de Rajoy acabara coa carreira de Feijoo.

11 Anónimo 05/07/2015 01:02

¿puede cambiar la actitud de pp?

Barreiro Rivas:

Xa se ve que en algo cambiou. A idea do Rajoy durmido que, unha indiscreción de Arriola fixo patente, xa está abandonada e, como xa teño dito nalgún artigo, o PP vai ter que moverse polas bandas e crear espacios pros contragolpes do PSOE. Esa é a grande ventaxa dunha remodelación ben feita, que non só moviliza ao PSOE, senón que activa tamén ao PP.

12 Anónimo 05/07/2015 01:02

Cabe agardar que o novo goberno siga a folla de ruta xa de todos coñecida ou pode dar un novo xiro (a esquerda ou dereita)?

Barreiro Rivas:

O Goberno naceu para manter a folla de ruta escrita en xullo e non pode facer outra cousa.

13 Anónimo 05/07/2015 01:02

Bos días profesor. ¿Cree que o envío de López Aguilar ao Parlamento Europeo sexa una manobra para colocalo coma candidato as vésperas das elección xerais? Evitando así que sexa salpicado e mermado a súa popularidade ca que está caendo? ¿desexaría que fora así? Moitas grazas.

Barreiro Rivas:

O candidato López Aguilar ten relevancia en Canarias pero xa non a ten a nivel nacional. Ningunha preocupación nin esperanza do PSOE para por él salvo a posibilidade de volver a ser candidato en Canarias.

14 Anónimo 05/07/2015 01:02

Galicia sae gañando ou perdendo?

Barreiro Rivas:

Como xa dixen antes a política xeral é difícil de analizar en termos territoriais. Eu creo, sen embargo, que nesta remodelación se fixeron guiños a tres comunidades moi concretas: Cataluña, País Vasco e, sobre todo, Andalucía. Isto para as visións a curto prazo definiríamos como perdedores aínda que aí está José Blanco para non defraudar ao terreo que sustentará a súa carreira futura.

15 Anónimo 05/07/2015 01:02

Sabe por qué Zapatero se afana en negar lo que hace días después?, véase no habrá crisis de gobierno y al cabo de unos días, zas

Barreiro Rivas:

Pode haber tres causas: a primeira pode ser que non está seguro de sí mesmo e que o que ben lle parece hoxe mal lle pareza mañá; a segunda, que a política é un ámbito especialmente fluído e que as circunstancias cambian de verdade a gran velocidade; a terceira, que Zapatero non ten por que adiantar as súas estratexias e queimalas ou que pode deixar que o tempo lle madure e favoreza os seus movementos. Con estas tres hipóteses, que poden darse simultáneamente, explicará todo o que é explicable.

16 Anónimo 05/07/2015 01:02

Si ETA depusiera las armas en esta legislatura, a quién beneficiaria más ¿a ZP? ¿a Rubalcaba?

Barreiro Rivas:

Non creo que o fin de ETA sexa un elemento electoral decisivo porque está cantando dende hai moito tempo, porque nel colaboraron moitos partidos e cidadáns e porque o fin dunha actividade terrorista non se certifica de xeito fehaciente en dous anos. Sempre cabe un atentado imprevisto, un tolo cunha pistola na mán ou unha escisión conxunturalmente máis criminal que o punto no que agora estamos. E por iso sería bó que o futuro dos abertzales e o fin de ETA non foran compoñente estratéxicos na política do PSOE.

17 Anónimo 05/07/2015 01:02

Cal é o punto forte e o débil do novo goberno?

Barreiro Rivas:

O forte Rubalcaba, sen dúbida ningunha e todo o que Rubalcaba representa. No fondo teño a esperanza de que Rubalcaba sexa o presidente na sombra mentres Zapatero se dedica a cumplir os papeis institucionais e dar mítines. O punto máis débil é non haber suprimido tamén o Ministerio de Cultura e haber mantido guiños a unha política de formas como é a inclusión de Rosa Aguilar.

18 Anónimo 05/07/2015 01:02

Estoy de acuerdo con Vd. en que los políticos hacen campaña con chorradas. Pero, voy a los mínitines y veo que es lo que encandila al votante. Los medios cargan las tintas en conta de los políticos por este tema. Pero, ¿no es hora de arremeter contra el votante?

Barreiro Rivas:

O votante, ao aplaudir as tonterías, é un responsable directo de que se sigan dicindo. E por iso vexo con pesimismo un futuro que só poderá ser mellor se hai unha rexeneración da cultura política que aniña no corpo electoral. Claro que iso só explica a actitude dos políticos demagóxicos, é dicir, aqueles que lle fan ao pobo as gracias que o pobo pide. Pero a política tamén ten que facer pedagoxía e ten que ter líderes e eses líderes e esa pegadoxía deben ser capaces de facer un discurso potente e comprometido incluso diante de electorados baleiros de sentido político.

19 Anónimo 05/07/2015 01:02

¿Cuál es el argumento de fondo para eliminar el Ministerio de Igualdad? ¿ahorro? ¿desprenderse de una ministra que nunca terminó por convencer? Si es asi, bastaba con cambiar al titular de la cartera. En América Latina, observamos con estupor esta señal, sobre todo, desde el mundo que trabaja en pro de los derechos de las mujeres. Saludos cordiales, Ma. de los Angeles Férnández Ramil

Barreiro Rivas:

A razón para disolvelo é que nunca houbo razóns convincentes para crealo. A igualdade é unha política horizontal e por tanto unha forma de actuar que debe inspirar a todos os ministros en todas as circunstancias pero convertir unha política horizontal nun Ministerio, que é, sobre todo, una especialización vertical, é un erro que só se comete polas ganas crecentes de satisfacer á opinión pública. Despois, eses ministerios só crean problemas e banalizan moito os programas políticos.

20 Anónimo 05/07/2015 01:02

Me estremezco sólo de pensar en una remontada socialista que aboque a un escenario como el de 1996: un PP ganador pero a 20 escaños de la mayoría absoluta, pero con unos nacionalistas más cercanos que nunca a la secesión. ¿Usted qué opina? ¿Podría ser el ocaso del régimen nacido de la Constitución del 78?

Barreiro Rivas:

Creo que a Constitución do 78 ten moita vida, aínda que agora non estea moi ben administrada. Para min hai dous escenarios malos en política: unha maioría absoluta sobredimensionada como a que tivo Felipe González en 1982 ou unha minoría moi débil que só poida gobernar a base de cesións. Ámbalas dúas circunstancias son plenamente posibles e lexítimas pero tanto os cidadáns como os partidos nacionalistas deberían ter coidado de que nin unha nin outra situación se producira.

21 Anónimo 05/07/2015 01:02

Profesor Barreiro, ¿como considera que repercutirán os novos nomeamentos ministeriais na actitude do Goberno cara os católicos?

Barreiro Rivas:

Os católicos en España estamos bastante desencantados, non tanto pola actitude dun Goberno que demostra sobre o tema do secularización unha enorme ignorancia e uns pesados complexos, senón pola incapacidade da propia xerarquía católica para entender o momento, reconstruír as súas comunidades e poñelas a exercer e a practicar como católicos con independencia do contexto político, A igrexa católica en España ten enormes problemas pero quizá o menor sea a secularización vulgar e precipitada que se destrúe por sí mesma. E por iso non creo que este Goberno nin a beneficie nin a perxudique. Probablemente o que tería que facer os católicos é preguntarlle á cidadanía de forma comprensible se queren seguir contando coa propia Igrexa ou non.

22 Anónimo 05/07/2015 01:02

¿Qué opinión lle merece a actitude de Rajoy de non presentar as suas propostas e agardar que o goberno lle caiga do ceo?

Barreiro Rivas:

Son dúas cousas distintas. O señor Rajoy ten todo o dereito a actuar como oposición e a pedirlle ao Goberno, que cobra por iso, que resposte ás propostas que a oposición critica. Aquela machacona idea de Fernández de la Vega de pedirlle propostas á oposición ten un fondo de estupidez bastante grande porque tamén cando imos a un restaurante podemos criticar a comida aínda que non a fagamos nin a saibamos facer. Outra cousa distinta é a sensación de pasividade ou de aberto tancredismo que o PP presenta diante dos seus electorados real e potencial xa que esa actitude xenera desconfianza, demostra falta de liderato e crea unha sensación de incógnita que non favorece o cambio político.

23 Barreiro Rivas 05/07/2015 01:02

Grazas polas preguntas. Espero haber aportado algunha luz e estarei encantado de volver a encontralos aquí novamente.