Open uri20150703 3 w4mq05?1435955593

null

1 Amancia Trillo 08/07/2015 22:36

Bos días. Agradezo a oportunidade que me da La Voz de Galicia para contactar coa xente. Estou encantada de compartir esta hora con todas as personas que queiran conectarse. Un saúdo

2 Anónimo 08/07/2015 22:36

Volverá a presentarse a unhas eleccións?

Amancia Trillo:

En principio non. De aí que a miña retirada sexa no medio da lexislatura. Non se sabe o que pode pasar no futuro, pero teño claro que non como cabeza de lista. Podería ir apoiando a outro candidato, polo ben do Concello.

3 Anónimo 08/07/2015 22:36

¿qué consejos le daría a alguien que quiere entrar en política?

Amancia Trillo:

Que non deixen de ser as mesmas persoas que eran antes de entrar en política. Este é o consello máis importante. A min me gustaría que a xente se animara máis a participar na política dun xeito activo, porque é unha maneira de conocer realmente como funcionan as administracións desde o seu interior. É relativamente fácil criticar o que non se coñece.

4 Anónimo 08/07/2015 22:36

¿cree que en las filas de su partido más políticos deberían seguir su ejemplo y marcharse tras muchos años en el cargo para que haya renovación?

Amancia Trillo:

Cada un é dono das súas decisións. Tanto no meu partido como en todos os demáis a renovación é sempre positiva. A xente nova aporta novas ideas e outra frescura, pero tamén é importante a experiencia. O ideal sería compaxinar as dúas cousas, para que cada un aporte o que ten que dar. En canto o momento de deixalo, creo que cada un ten que decidir cal é o seu.

5 Anónimo 08/07/2015 22:36

¿Hai algún motivo político para que dea por rematada a súa carreira pública?

Amancia Trillo:

Non. Agora mesmo o que me leva a deixalo son outras prioridades de caracter personal.

6 Anónimo 08/07/2015 22:36

¿qué es lo que más va a echar de menos de la política? ¿y lo que no va a extrañar?

Amancia Trillo:

O que máis vou botar de menos é o que ten de xestión. Para min foi moi gratificante poder participar de proxectos de gran relevancia para o meu concello e sentirme parte de moitas melloras que se levaron a cabo nestes 18 años. Pero non todo son obras, unha das cousas máis importantes é a relación cos veciños e veciñas, estar ao seu servizo. Non vou botar de menos algunhas discusións que se producen últimamente nos plenos....

7 Anónimo 08/07/2015 22:36

¿cómo hace para ser amiga de la alcaldesa, que es del pp?

Amancia Trillo:

Non ten nada que ver unha cousa coa outra. Cada persoa milita no partido que libremente escolle, pero as relacións personais non deberían ter nada que ver coas distintas ideoloxías. Sei que ao principio a algunha xente lle chocaba moitísimo cando nos vían chegar á Diputación no mesmo coche sendo de distintos partidos, pero desde un principio entendemos que era o máis normal se as dúas saiamos do mesmo sitio e íamos ao mesmo lugar. No momento en que temos que ser rivales políticas o somos, pero as relacións personais son as normales de dúas persoas que son veciñas de toda a vida.

8 Anónimo 08/07/2015 22:36

¿Cual cree que tienen que ser las funciones de la Diputación?

Amancia Trillo:

Eu a vexo como a Administración máis cercana aos concellos. A súa principal función ten que ser de apoio a todos os axuntamentos, sobre todo en algúns servizos nos que os concellos están máis limitados.

9 Anónimo 08/07/2015 22:36

¿Qué balance hace de todos estos años en la política?

Amancia Trillo:

Realmente positivo. Para min foi unha experiencia extraordinaria en tódolos sentidos. Aprendín a ver doutro xeito a realidade da sociedade. Como dicía antes, para min é moi gratificante sentirme parte da evolución do meu concello. A nivel personal me levo cantidade de amistades e de compañeiros que van a estar aí para toda a vida. Tamén me sinto orgullosa de ser unha das primeiras mulleres que participaron na vida política activa de Cee, de ser a primeira candidata á alcaldía que houbo no municipio, o único da Costa da Morte que hoxe en día ten unha alcaldesa.

10 Anónimo 08/07/2015 22:36

¿que balance hace de estos 18 años en política?

Amancia Trillo:

Xa esta contestada na pregunta anterior.

11 Anónimo 08/07/2015 22:36

¿Por qué dous políticos deciden compartir un cargo público como fixo vostede? ¿É un premio por algo?

Amancia Trillo:

No meu caso, porque xa daquela tiña moi claro que non ía estar na política activa máis de dous anos. De aí que decidira compartir o cargo con outro compañeiro.

12 Anónimo 08/07/2015 22:36

¿Qué nos puede decir de Suso Campos, que será quien los sustituya? ¿qué retos le quedan a él pendientes?

Amancia Trillo:

Suso é portavoz do PSOE no Concello de Carnota e agora é coodenador do PSOE comarcal. É un gran compañeiro e estou moi contenta de que sexa el o que me sustitúa. Estou segura de que el seguirá mirando polos intereses da Costa Atlántica, que é a nosa función como representantes da zona na Deputación.

13 Anónimo 08/07/2015 22:36

La Costa da Morte tiene suficiente peso político en las Administraciones superiores?

Amancia Trillo:

A Costa da Morte está representada, pero para min nunca é suficiente. Oxalá houbera máis representantes da zona en todas as institucións. Cantos máis representantes teñamos máis posibilidades temos de que se acorden de nós.

14 Anónimo 08/07/2015 22:36

¿Qué va a hacer ahora?

Amancia Trillo:

Aínda non o sei, aínda deixei onte os meus cargos. En principio disfrutar do verán se o tempo o permite e dedicarlle máis tempo á familia e aos amigos.

15 Anónimo 08/07/2015 22:36

¿es más duro estar en el gobierno o en la oposición?

Amancia Trillo:

É diferente. Estar no goberno permiteche participar dunha maneira máis directa na vida local, pero tamén supón máis responsabilidades. Ao estar na oposición tamén tes que facer unha política responsable, que permita o desenvolvemento do Concello. Estar na oposición non significa ter que dicir que no a todo por sistema. Hai que ser constructivo e presentar alternativas.

16 Amancia Trillo 08/07/2015 22:36

Moitísimas grazas por participar neste encontro e antes de marchar, invitar a todo o mundo a que aproveiten as vacacións de verán para visitar Cee.