Open uri20150704 3 18npqv6?1436007274

Tras dous anos en Luar, son dúas das caras máis
coñecidas de Galicia. Un exemplo: encargáronlles
presentar o programa das campanadas do fin de ano pasado
e superaron en audiencia a La Primera. Aínda que non
lles gusta falar diso, a temporada que vén probablemente
abandonarán Luar para afrontar un programa propio. Os
creadores dos personaxes, Víctor Fábregas e Roberto
Vilar escriben os seus guións xunto con Xavier Manteiga.
Pero todo o mundo os coñece como Tonecho e Tucho.

1 Anónimo 09/07/2015 14:20

Inicio del encuentro

Os Tonechos:

Bós días ás personas e as que non son personas tamén.

2 Anónimo 09/07/2015 14:20

Con vosotros no hay termino medio, o levantais pasiones o no gustais en abolsuto. ¿Sabeis por que?

Os Tonechos:

Sempre pasa igual, cando algo "triunfa" sempre hai xente que fala mal.

3 Anónimo 09/07/2015 14:20

Os basais en alguien para vuestros personajes?

Os Tonechos:

Son personajes que están no pobo. Son cotidianos, de todos os días.

4 Anónimo 09/07/2015 14:20

Gustaríame saber se cando Tonecho se ri o fai pq está no guión ou porque non aguanta a risa

Os Tonechos:

Rise porque o está pasando ben.

5 Anónimo 09/07/2015 14:20

tedes medo a quedar encasillados como os tonechos?

Os Tonechos:

Temos medo a morrer de fame e acabar na cuneta. Non nos importaría acabar encasillados se esto nos vai permitir vivir desto. Teño medo a non traballar...

6 Anónimo 09/07/2015 14:20

En primer lugar enhorabuena por vuestro exito. Mi pregunta es, habeis pensado si vuestro humor seria exportable al resto del estado? tendriais salida si os quitan vuestra verbigracia gallega? Un saludo y seguid asi.

Os Tonechos:

Pensamos que o humor é tanto aquí como en China. Nós somos galegos e é evidente que somos galegos e ese condimento vai con nós. Non temos que facer algo aséptico.

7 Anónimo 09/07/2015 14:20

¿ POR QUE GUSTAN, A LAS PERSONAS DE MAS DE CUARENTA AÑOS Y ENCIMA NO GALLEGO PARLANTES ?

Os Tonechos:

Más de cuarenta años y de menos de cuatro...Hai un clube de fans en Lleida, outro en Sevilla...a verdade é que non sabemos. Xa me gustaría ter as claves. Seríamos millonarios se o suobesemos...

8 Anónimo 09/07/2015 14:20

Que cren que aporta o humor que vostedes fan á cultura do noso país?

Os Tonechos:

É complicado porque o único que intentamos e facer rir. Se o humorse entende como cultura tamén. Axudamos a desdramatizar moitas cousas e axudamos a rirnos de nós mesmos. O esperpento sempre marca os rasgos fundamentais que pasarían desapercibidos se non se esaxera. Tan importante é rirse como ler. Debería entrar no Sergas, no seguro...

9 Anónimo 09/07/2015 14:20

que moto ten o tucho? ou é deses que nin teñen moto e levan o casco para presumir diante das rapazas?

Os Tonechos:

É o que se chama tecnicamente un chulito. É como o que leva as chaves do mercedes na man, a ver si cola...

10 Anónimo 09/07/2015 14:20

como se conocen Os Tonechos

Os Tonechos:

Hai dous anos nunha discoteca que estaba moi escura. Nos sofás, hacia o fondo...

11 Anónimo 09/07/2015 14:20

¿cada frase cada palabra sigue un guión? o por el contrario a veces el guión se crea en el momento de grabar improvisando..?. un saludo desde Vigo

Os Tonechos:

Sempre hai un guión. ...(Un saúdo e un ánimo ó Celta)....Como o guión nunca é pechado e as actuación en directo permiten, sempre se improvisa. Hai unha frase que o explica: todo está escrito menos o que se improvisa...

12 Anónimo 09/07/2015 14:20

¿levadesvos ben todos?

Os Tonechos:

Se todos somos dous, aínda menos mal....

13 Anónimo 09/07/2015 14:20

juisqui ou ron?

Os Tonechos:

Eu era antes de ron agora mais de wisky. Patatas fritas con bisté, mellor. Básicamente por non quedar na casa...

14 Anónimo 09/07/2015 14:20

Somos dous becarios que ás veces nos sentimos coma se fosemos Os Tonechos. ¿Credes que representades a algún sector da sociedade en concreto? En caso afirmativo ¿de qué persoa ou persoas sacades as frases (p. ex. qué raza máis falsa!)?

Os Tonechos:

O noso máis sentido pésame por ser becarios. Esperemos que non se alargue moito a agonía. Menos mal, peor é ser autónomo.

15 Anónimo 09/07/2015 14:20

¿En que zona de Galicia, tipoloxia popular se inspira as caracterizacións fonéticas das dúas personaxes?

Os Tonechos:

(Tucho) Eu falo como se fala na miña zona, Muros y Tonecho fala como se fala na Mariña. O más importante, un abrazo ós linguistas, ¡Viva a diversidade!

16 Anónimo 09/07/2015 14:20

¿ na vida real sodes tan graciosos?¿o sodes mais calados?

Os Tonechos:

Temos días. Se foramos igual que nos personaxes daríamos un infarto...Tentamos levalo con algo máis de calma aínda que algo haberá....O que é gracioso é gracioso sempre...mira Irureta...

17 Anónimo 09/07/2015 14:20

Pregunta para Roberto: ¿Usas moitas referencias da zona da Mariña de Lugo por ser de Xove? Un saúdo

Os Tonechos:

Sí porque co personaxe de Tonecho lémbrome de frases que eu escoitaba ós vellos cando era pequeno. Os que se chamaban humoristas de taberna...

18 Anónimo 09/07/2015 14:20

¿Como actores me parecen unos fuera de serie, pero, los guiones no os estan encasillando por excesivos y poco creibles en sus planteamientos? (me estoy acordando del skech de la carcel)

Os Tonechos:

No da cárcel ten razón. Pero nos gusta moito o suerralismo e os Tonechos teñen chegado a tal punto de surrealismo que se poden permitir atrocidades. Temos días mellores e peores. a nós tamén nos doe a barriga...

19 Anónimo 09/07/2015 14:20

Por qué os tonechos, e non os tuchos, por exemplo?

Os Tonechos:

Porque o tonecho é o nombre xenérico da familia. En Galicia existe eso, existen os calvorotas, ...é un nombre heredado, ven de Vello.....Se o antepasado fora o Tucho, serían os Tuchos....

20 Anónimo 09/07/2015 14:20

de onde carallo ven o nome de Tonechos?porq e algho ke me ten en vilo...

Os Tonechos:

Fonéticamente sonaba ben e a galego. Para que a xente se quedara con el.

21 Anónimo 09/07/2015 14:20

como foi a experiencia de rodar en New York?extrañabase a xente?

Os Tonechos:

Din que en Nueva York é moi difícil chamar a atención pero nós conseguímolo. Botounos a policía de Times Square. Volveremos a NY e recomendamos a todo o mundo que vaia, cando menos, unha vez. A de veces que vemos NY na tele, chegas e recoñeces todo. Os tipos que van pola calle parecen actores...

22 Anónimo 09/07/2015 14:20

Sois encantadores, pero no creéis que encarnáis al típico gallego paleto???

Os Tonechos:

As personas que non teñen estudios non se lles debería chamar galgo. Se quitamos o paleto, pode ser. Se se considera paleto a xente que non ten estudios son paletos, os tonechos son paletos.

23 Anónimo 09/07/2015 14:20

¿Ningún dos dous pensa en seguir traballando, no futuro, en solitario? (Nicolás Peteiro - MELIDE).

Os Tonechos:

Como calquer cousa ten o seu ciclo. Di o outrom para que vou comprar outro coche se este non me aguanta. Cando este rompa haberá que comprar outro.

24 Anónimo 09/07/2015 14:20

Hola a los dos!Seria posible que hagais algun programa en la internacional para qe los de Suiza los podamos ver?Gracias y sois geniales

Os Tonechos:

En Suiza nos ven a través do canle internacional. Poderemos anunciar que vamos a ir a actuar a Suiza, non sabemos cando, pero pronto.

25 Anónimo 09/07/2015 14:20

Cando marchará da casa Tucho?

Os Tonechos:

É máis fácil que marche Tonecho. Para que vai marchar, é unha familia na que os tíos non se estorban.

26 Anónimo 09/07/2015 14:20

Boas Tchos!!!¿Pensades en patenta-la marca de Viña Pesqueira?Sería boa idea.Saúdo!

Os Tonechos:

Non estaría mal. Falñabamos o outro día que é raro que ningunha marca galega se dirixa a nós e sería moi comercial que os tonechos fixesen un anuncio.

27 Anónimo 09/07/2015 14:20

cuando vuelven a la radio gallega

Os Tonechos:

Estarenos encantados de volver a radio cando a axenda nos lo permita porque estabamos moi contentos porque a radio nos permitía el contacto directo co público.

28 Anónimo 09/07/2015 14:20

Que pensades de Fraga? Por que non lle dades máis caña a el e aos políticos en xeral??

Os Tonechos:

Estean atentos os próximos programas. Procuramos que a xente se ría e chegar á máxima posible. É un humor para divertir e non para ferir. Deixaría de ser humor. O noso respeto para os políticos...bastante teñen con serlo.

29 Anónimo 09/07/2015 14:20

¿A quienes admirais en esto del humor y en la musica?

Os Tonechos:

No humor ós hermanos Marx, a Chaplin..los Monty Pyton, Gila, para min (Tucho) Peter Sellers e a París de Noia e a orquesta Panorama....

30 Anónimo 09/07/2015 14:20

de verdad es tucho más viejo que tonecho

Os Tonechos:

Sí señor, 5 meses máis, aínda que os dous están n aedad de Cristo...con erro historico incluido....

31 Anónimo 09/07/2015 14:20

¿Canto pensades que vos vai durar a fama?

Os Tonechos:

Hasta a semana que ven...polo menos...

32 Anónimo 09/07/2015 14:20

son moivos atores que sigan animando gracias

Os Tonechos:

Moitas gracias e que se tome unha e nola apunten a nós...

33 Anónimo 09/07/2015 14:20

lo de papa oh!! es autobiografico ¿?

Os Tonechos:

Sí, era meu (Tucho). Eu xa confundo non sei se fala o personaxe con expresions miñas ou eu falo como o personaxe. O ohhhhh aforra moito de falar. Como agora os rapaces galegos non falan galego é mais complicado.

34 Anónimo 09/07/2015 14:20

Sendo enxebres... ¿que pensades da real banda de jaitas de ourense?(non me gustan, e me producen moita risa)

Os Tonechos:

Admito moito o que fan pero aos escoceses sí que se parecen, se te refires a iso...Tocar, tocan ben. Poden ter un bó profesor...

35 Anónimo 09/07/2015 14:20

Hola cracks, como vai a cousa? So queria facervos unha preguntiña ¿canto do que representades é improvisado no momento e canto e preparado de anteman? Un saudo da xente que somos do Congo belga

Os Tonechos:

Canto nos alegra, do Congo Belga. Preparado, mais do noventa por cento. Noventa, dez o trinta por cento restante é o que se ve na televisión ó final...e me levo dous,...

36 Anónimo 09/07/2015 14:20

¿veremos no cine algunha das suas historias?

Os Tonechos:

Por supuesto que si., estamos intentando xuntar mil millons para facer una boa pelicula. Contamos en telos pa o luns o martes. Cando os teñamos, farémola. ¿Quere aportar algo ó proxecto? Temos unha conta aberta no bbv....

37 Anónimo 09/07/2015 14:20

¿Quién es más cool, el negro de Boney M o Xil Ríos?

Os Tonechos:

Os dous son super cool. É o helado de chocolate e nata perfecto. É un twister. se están xuntos na habitación, apártate que te barre. Son batidoras.

38 Anónimo 09/07/2015 14:23

¿Cal pensades que é a principal clave do éxito dos Tonechos? ¿Credes que de ter elexido o galego normativo nas vosas actuacións causariades tanta gracia? Noraboa polo voso éxito. Saúdos dunha esteirana.

Os Tonechos:

esa é da miña terra (Tucho), Eu creo que co galego normativo non conectas. Cando nolo expliquen, o que é o galego normativo, falaremos. A xente non está afeita a falar doutro xeito diferente o que fala ela.Un saúdo á academia que ten dereito a traballar.

39 Anónimo 09/07/2015 14:23

¿ides presentar tamén as campanadas deste ano?

Os Tonechos:

A día de hoxe non sabemos. hai rumores, pero de momento, sin fundamento.

40 Anónimo 09/07/2015 14:23

¿Qué sería de los Tonechos sin Gayoso?

Os Tonechos:

Non serían o que son hoxe. Non cabe duda. Fixo con nós o papel de payaso blanco. Estamos moi agradecidos.

41 Anónimo 09/07/2015 14:23

Pasa polas súas mentes crear uns novos persoaxes basados no galego típico ese acomplexado que fala castelán con acento?

Os Tonechos:

Bueno, digamos que os pijos dos tonechos, vanlle andar aí. Estamos pensando en que os tonechos poidan ter uns parentes un tanto diferentes deles. Se o facemos é para rirnos todos e contrastalos con tonechos actuales.

42 Anónimo 09/07/2015 14:23

¿Dónde comprais los pijamas, en Simago o en Verino?

Os Tonechos:

En ningíun do sdous sitios. O de tonecho é sempre o mismo e é do sobro de María José do vestuario a TVG. Tucho non leva pixama. O día que lo roben, Tonecho terá que traballar. É dun diseñador galego, Juan Canalejo.

43 Anónimo 09/07/2015 14:23

¿Vais a volver a actuar en la TVE-1?

Os Tonechos:

Temos propuestas pero aínda non temos a adecuada, a que nos convenza. Queremos facelo nun marco axeitado, non nas macrogalas que cremos que non son o marco adecuado. Para qué imos adelantar o inevitable...

44 Anónimo 09/07/2015 14:23

¿Os paran por la calle?

Os Tonechos:

Todos los días hai algún sinvergüenza que nos para pero é moi agradable. Encantados da vida de que nos dean a lata.

45 Anónimo 09/07/2015 14:23

¿ligades agora máis que antes?

46 Anónimo 09/07/2015 14:23

Fin del encuentro

Os Tonechos:

Moitas gracias a todo o mundo que nos ve tanto ós que lle gustamos como os que non lle gustamos e que fagan o favor de rirse todolos días de nuestro señor. Cando menos unha vez despois de cada comida ou cada oito horas. A vida hai que tomala con humor e con calma. E mellor pararse e disfrutar que perder o tempo en cabrearse por tonterías. Moitos bicos, abrazos....sempre suyo.....Espero pronto respuesta. Esperando que cuando reciba la presente se encuentr usted bien y sus componentes familiares. Amén.

47 Anónimo 09/07/2015 14:23

¿Posariades para o Interviú? ¿Cobrando ou gratis?

Os Tonechos:

(Después de la despedida deciden responder a esta pregunta). Xa posamos, pero decidiron queimar as nosas fotos porque non sabamos a tallas. Todas menos unha que se quedou Calabuig para uso personas. O que faga con ela xa é outra cousa.

48 Anónimo 09/07/2015 14:23

quen e a morena q esta con vos?¡

49 Anónimo 09/07/2015 14:23

quen e a morena q esta con vos?¡