Open uri20150703 3 ia3kxo?1435924247

O inesquecible Currás de «Mareas Vivas» estrea nos cines
«Os Crebinski» unha na película na que ademáis de actor,
explora as súas facetas de guionista e productor.

1 Miguel de Lira 08/07/2015 14:26

Un saúdo a tódolos internautas que estades neste momento en directo e para os que non sodes de Lira, xa sabedes que eu son de Miguel de Lira e para os que non sodes lirachos, son Mijel de Clarisa.

2 Anónimo 08/07/2015 14:26

Antes de nada felicidades pola peli das crebas...eres un crack!! Un saúdo dunha liracha :)

Miguel de Lira:

Outro dun liracho.

3 Anónimo 08/07/2015 14:26

Escóndese baixo esa risa cómica un home timido para as mulleres?

Miguel de Lira:

O tímido que levo dentro non ten conflictos de xénero.

4 Anónimo 08/07/2015 14:26

Estamos a ollar o estreo de moitas peliculas que son reditos da conselleria de cultura da anterior xunta bipartita...pense que a partires de agora co nulo apoio do goberno actual o audivisual galego poderase seguir a traballar a o mesmo ritmo que antes?

Miguel de Lira:

Esta mañá mesmo acabolle de dicir nunha rolda de prensa ao conselleiro de Cultura que faga todo o posible por non botar por terra un esforzo dos equipos de goberno anteriores, xa na era Fraga se calificara o audiovisual como sector estratéxico e logo no bipartito reforzouse esta idea e ampliouse a novos ámbitos como son coidar a canteira e os novos talentos galegos, a través da Axencia Audiovisual, e Crebinsky no fondo é froito desta aposta polo que a crise non debe ser unha desculpa para paralizar o sector, porque cada cada paso que se da cara atrás tardase moito tempo en recuperar cara adiante.

5 Anónimo 08/07/2015 14:26

Miguel,,,ese mundo das crebas ,,sale dunha infancia esperando tesouros nos invernos dos mares do Poralto e Simprón,ou é aljo surrealista imaxinado xa de adulto?Noraboa.Jabucho

Miguel de Lira:

Jrasias Jabucho, xa sabes que a imaxinación é algo que nace na infancia e nunca morre. O surrealismo seguramente vai vindo cos anos.

6 Anónimo 08/07/2015 14:26

soy caamaño primo tuyo y un admirador vivo en mondragon y tu abuela y mi abuela eran hermanas un sludo y soy hijo de alfredo te desea muchos esitos eres un gran poeta un saudo

Miguel de Lira:

Que tal primo? está ben conocerche polo chat. Espero que algún día nos coñezamos en persona. Saúdos á familia e que che vaia moi ben por Mondagrón.

7 Anónimo 08/07/2015 14:26

Quería saber se Ctizen chegará a Arteixo.Parabéns e sorte

Miguel de Lira:

Citizen é o último espectáculo de Chévere. Estivemos actuando na Nasa e agora comeza a xira e espero que pase por Arteixo, porque como espectáculo vai do imperio Inditex, sería moi apropiado presentalo nesa localidade.

8 Anónimo 08/07/2015 14:26

Ségueno recoñecendo pola rúa como Currás??

Miguel de Lira:

Pola rúa recoñecenme por moitos personaxes, agora que veño de Málaga era o psicólogo dos Homes de Paco, pero estando aquí en Galicia Currás segue sendo o meu copiloto, non só por o moito que lle quere a xente, senon por o moito que lle quero eu. Ultimamente a Currás xa o levo no asento de atrás, e agora de copiloto puxen a Feodor Crebinsky, éche así a vida do artista.

9 Anónimo 08/07/2015 14:26

Que opinas da "energúm..." rapaza que estivo en Gran Hermano que nos tratou os que falamos con "seseo" e "xeada", de "paletos" antre outros adxetivos despectivos?

Miguel de Lira:

Pois sí, cheguei a ver a súa delirante intervención no Big Brother. Despois dun tempo comprendín que era unha campaña a favor do galego promovido por algunha man negra, probablemente vinculada coa Mesa de Normalización Lingüística. Non sería creíble dicir tantos tópicos en tan pouco tempo. Especialmente os de Lugo e os que falamos con gheada e seseo saíamos moi mal parados e menos mal que estaba a outra concursante que sostiña que canto máis brutos máis sexis.

10 Anónimo 08/07/2015 14:26

Que tal vos foi na posta de largo durante o festival de Ortigueira, porque a vaca... case a lia

Miguel de Lira:

A premiere de Crebinsky, que coincidiu co festival de Ortigueira, estaba dentro do show o Universo Crebinsky, ca banda Crebinsky, ca peli, co pasarrúas e co glamour da alfrombra verde de herba para a nosa protagonista, Mucha, que é unha vaca de Espasante, que non se quixo perder a estrea, pero que tivo que dar un par de cornadas ante o acoso mediático. Como me dixo a min en petite comité, «tratánme como se fora famosa e eu simplemente son popular». Tamén comentou que lle gustan moito as mazás, e dixo: «Dios dea mazáns, que as peras fanse».

11 Anónimo 08/07/2015 14:26

Boas, Miguel. Na película Os Crebinski saen exteriores rodados pola Costa da Morte?. Un saúdo

Miguel de Lira:

No corto dos Crebinsky os exteriores eran da Costa da Morte, pero agora na peli os exteriores de mar son case todos nas terras de Ortegal.

12 Anónimo 08/07/2015 14:26

Ola! en que proxecto televisivo, teatral ou cinematografiaco andas metido ahora??

Miguel de Lira:

Estamos con Chévere, coa distribución de Citizen, que é un espectáculo a non perder. Vou rodar agora aquí en maio na Coruña, con Héctor Carré, unha película que se chama «Personal Movie» e estou pendente de que Telecinco de luz verde a unha serie na que tería un papel moi relevante... Tamén estamos coa presentación dun corto que se chama «Amistad», que rodei con Alejandro Marzoa e que están colleitando moitos premios, co mesmo Alejandro estase proxectando o seu primeiro largometraxe, no que tamén particparei, pero a día de hoxe, no que mais centrado estou en a distribución de Crebinsky nas salas de cine, por eso invitovos a todos e todas que vos pasedes a vela. É crucial para proxectos futuros. Gracias anticipadas.

13 Anónimo 08/07/2015 14:26

Non se sabe nada de Sergio Zearreta nos medios? Non é una revelación como actor?

Miguel de Lira:

Sae menos nos medios que algúns de nós, en Málaga tivo moita presencia tamén, pero non ten moito tempo para promocionar Crebinsky porque comenzou os ensaios do novo espectáculo do Centro Drámatico. Para min non é unha revelación como actor porque xa lle vira outros traballos anteriores excelentes, pero para moita xente vaia a selo e vaticino que hay Sergio Zearreta pra rato. Nasdrovia (en ruso).

14 Anónimo 08/07/2015 14:26

¿Para cando un cameo en Para mariñeiros Nós?

Miguel de Lira:

Jamás de los jamases, esos son a competencia. Só faría un cameo se é para afojalos no Roncudo.

15 Anónimo 08/07/2015 14:26

que pensa das xaulas de salmon

Miguel de Lira:

As xaulas nunca foron boas para ninguén. Tampouco creo que sexan moi boas para o salmón. E o que máis me preocupa é que as xaulas de salmón podan ser como aseguran algúns expertos moi negativas para o resto das especies que viven en liberdade nas mesmas augas onde están poñendo as xaulas. Se por ter salmón imos deixar de ter ameixas, ou centolas, ou polbos ou... que fagan coma co Prestige e que leven as xaulas de salmón para o quinto pino.

16 Anónimo 08/07/2015 14:26

Como recorda hoxe a etapa de Mareas Vivas?

Miguel de Lira:

Como unha das máis intensas e emocionantes do audiovisual galego, porque foi pioneira en ficcionar a nosa realidade, porque foi pioneira en expresarse con certa liberdade (gheada, seseo,...). E porque chegou á xente en Galicia como se fora algo esperado durante moito tempo. Por outro lado algúns dos recordos que teño dalgunhas secuencias que se rodaron en Laxe, e noutros escenarios da Costa da Morte, son pra min imborrables e delirantes.

17 Anónimo 08/07/2015 14:26

Boas, para cando outra serie de tv tipo pepe o ingles? saudos

Miguel de Lira:

Para cando a contrate a televisión inglesa porque aquí vexoo moi complicado. Oh my gotiño!!

18 Anónimo 08/07/2015 14:26

Que lle gusta máis, o cine, o teatro ou a televisión?

Miguel de Lira:

Gústanme as tres modalidades sempre e cando a historia sexa boa. De tódolos xeitos, facendo un símil co peixe, a televisión sería peixe conxelado, o cine, enlatado e o teatro, fresco. ¡¡¡Hai que saber comer!!!

19 Anónimo 08/07/2015 14:26

Se non foses actor, ¿a que te adicarías?

Miguel de Lira:

Á farándula!!

20 Anónimo 08/07/2015 14:28

Hola Miguel...ante todo noraboa...que lle dirias ós nenos se che preguntasen que hai que facer para ser guionista!?

Miguel de Lira:

Imaxinar unha historia, eso é o principio do guión e do xogo.

21 Anónimo 08/07/2015 14:26

Non consideras inxusto que a televisión sexa o "trampolin" para a gran canteira de actores de teatro?

Miguel de Lira:

A televisión é un pouco abusona con respecto ao teatro. Ás veces nútrese da canteira teatral sen dar nada a cambio ao teatro, só particularmente da popularidade a cada actor, pero o teatro é a base da afición, é non depende de tanta tecnoloxía polo que o teatro estará vivo sempre.

22 Anónimo 08/07/2015 14:28

Pensa usté que en los bares a partir de ajora van a poner el ajua, en ves de con jas o sin jas, con plutonio o sin plutonio. Jrandes festas.

Miguel de Lira:

Ti se vas aos bares evita a con-fusión, non bebas ajua. A divertirse!

23 Anónimo 08/07/2015 14:28

¿Cando imos tomar o churrasco que está pendente dende o nadal?

Miguel de Lira:

Últimos estudios da Universidad de Hardvard ou de Software (non me acordo ben) señalan que o nivel de toxinas nunha ración de churrasco para un humano é moi superior á dez cartóns de tabaco. Así que eu creo que é mellor que quedemos para fumar un pitillo.

24 Anónimo 08/07/2015 14:28

Hola Miguel, so queria decir que a peli ten unha pinta cojonuda, recordame moito ao cine de kusturica, e evidente a sua influenza na peli. Aplaudo a peli ainda sin vela porque é un cine que non se fai e é moi orixinal e divertido. A miña pregunta é: para cando mais pelis tuas? unha aperta

Miguel de Lira:

Vai ao cine este fin de semana, que esta película está rodada en 35 mm e non é mesmo baixala da rede que vela nos cines en pantalla grande. A película ten moitas influencias: o cine balcánico de Kusturica, o cine francés de Delicatessen, os clásicos do cine mudo, cine bélico, etc. pero non ten un xénero concreto, por iso nós definimola como película dexenerada. Agora, en Málaga, falaron moito do humor e da ternura que teñen Os Crebinsky, como na película tamén hai ternera, nos xa estamos acuñando unha nova denominación de orixe que é a «Ternura Galega».

25 Anónimo 08/07/2015 14:28

Ai moitos anos vinte no Jrove con Chevere nunha de vaquros a mellor obra de teatro que teño visto nunca Pa cando teatro na tvg?

Miguel de Lira:

Se viches Río Bravo de Chévere seguro que o pasache en grande, nós tamén o pasabamos moi ben facendo aquela obra. ¿Como era a segunda pregunta?

26 Anónimo 08/07/2015 14:28

Que opinas dos políticos de hoxe en día?

Miguel de Lira:

Que están máis preocupados pola súa carreira profesional dentro da política que de atender aos problemas da xente. A política convertiuse nun arte cínica na co que minte primeiro, ten a razón.

27 Anónimo 08/07/2015 14:28

Ola Miguel! Son a túa fan dende o día en que lle dixeches ao "xuis" que alguén che matara as "jaliñas" todas.... Logo vinte en Los Hombre de Paco. Debiches pasalo xenial gravando esta serie...

Miguel de Lira:

Para que vos o pasedes tan ben primeiro teño que pasalo eu. A sejir disfrutando!!

28 Anónimo 08/07/2015 14:28

Cando tes previsto actuar en Lugo?

Miguel de Lira:

Este fin de semana na pantalla do cine actuo como Feodor Crebinsky. (peixe enlatado)

29 Anónimo 08/07/2015 14:28

Gústanche os percebes?? Unh aperta

Miguel de Lira:

Son máis de ourizos e de centolos. Os percebes só se son coma puños.

30 Miguel de Lira 08/07/2015 14:28

Estou empezando a súar, e eso que non escribo eu... Teñovos a todos fichados e como non vaides ao cine este fin de semana ver Crebinsky... que Deus vos colla confesados!!! E se ides ver Torrente, pagade a entrada para Crebinsky e logo metedesvos na sala de Torrente. A Santiago Segura, seguro que non lle importe demasiado. Saúde e eeeeeeeeeeeeiiiiiiiiiiiiiiiiii!!!