Open uri20150703 3 41pmkz?1435924324

Abel López Soto, candidato del BNG por Sada, ha
contestado a las preguntas de los internautas.

1 Abel López Soto 08/07/2015 14:33

Bos dias a todos. É un pracer poder respostar ás preguntas neste encontro dixital. Procurarei ser breve para satisfacer á maioría das persoas que formulastes algunha pregunta.

2 Anónimo 08/07/2015 14:33

Es una autentica verguenza las comunicaciones por transporte publico entre Sada y el norte de Oleiros con A Coruña. Es inaudito que a estas alturas los autobuses tengan tan pocas frecuencias, el trayecto se haga eterno y no haya una alternativa al coche como pudiera ser el tren o metro liger. ¿Usted cree que algun día lo vermos? Debería ser de la máxima prioridad para todos.

Abel López Soto:

Tés toda a razón e temos un empeño especial en mellorar a accesibilidade na área metropolitana, sobre todo o transporte colectivo. Desde que formamos goberno no ano ano 2007, integrámonos no Plan de Transporte Metropolitano e contribuimos a abaratar o custe do billete. Sada está a contribuir anualmente con 20.000 € precisamente para que che sae o billete máis barato. E ademáis temos o SADABUS, unha liña que vertebra as parroquias e que ademáis permite trasbordos co resto das liñas metropolitanas. Sei que queda moito por facer, pero demos pasos importantes. O metro lixeiro, imaxínaste que tiveramos hoxe a liña do SIBONEY?. Ás veces o progreso enténdese mal...

3 Anónimo 08/07/2015 14:33

si sales de nuevo como alcalde, les donarás finalmente un local al club de remo mariñeiro de Sada??? se lo merecen!!!!!!!!!!!!!

Abel López Soto:

É un dos meus empeños. O porto deportivo de Sada non terá solución sen que haxa local para o remo e a vela.

4 Anónimo 08/07/2015 14:33

Vivo en un edificio sin licencia de habitabilidad por culpa de errores del promotor,ahora el promotor es insolvente y nos toca pagar a los propietarios las deficiencias,le parece justo???

Abel López Soto:

Estas son as consecuencias da política do "ti vai facendo". Lamento que te perxudicara esta maneira de entender o urbanismo como perxudicou a outra moita xente en Sada. Pola nosa parte faremos o posible para que estas irregularidades che afecten o menos posible.

5 Anónimo 08/07/2015 14:33

Llevas una lista bastante pésima pero teniendo en cuenta las listas que se dice que va a presentar el PP, ¿te ves gobernando otra vez Sada?

Abel López Soto:

Non estou dacordo coa primeira parte da pregunta. En todo caso hoxe é a única lista coñecida, os demáis estiveron ocupados en conspirar e parece que non lles deu tempo a facer este traballo polo momento. ¿Que se me vexo gobernando en Sada? Pois evidentemente, para iso me presento. Coincido con vostede en que hai varias listas para o espazo sociopolítico que representa o Partido Popular.

6 Anónimo 08/07/2015 14:33

crees que volverá a gobernar Ramon Rodriguez Ares???

Abel López Soto:

A cidadanía no 2003 e 2007 quixo que Rodríguez Ares non gobernara. Hoxe represento a lista máis votada pero o 22 de maio falan os cidadáns.

7 Anónimo 08/07/2015 14:33

Teñen pensado abrir máis bibliotecas aparte da que hai no porto?

Abel López Soto:

Neste momento xa hai máis bibliotecas que a da Casa da Cultura. Nas casas do pobo das parroquias hai pequenas bibliotecas e acceso a internet. Creo que o que si é moi necesario é facer unha sala de lectura para as rapazas e rapaces que, por exemplo, están a preparar oposicións e en xeral para todos aqueles que queren estudar. Estamos a buscar un local axeitado que neste momento non dispón o Concello, senón teríamolo feito.

8 Anónimo 08/07/2015 14:32

¿a que se debe que renoves casi que toda a lista?

Abel López Soto:

Non é certo que se renove toda a lista e nin sequera a palabra renovación é a adecuada. No BNG entendemos a política como un traballo en equipo e unha carreira de relevos. Os que non están hoxe poden estar dentro de catro anos da mesma maneira que existe neste momento unha concelleira do grupo de goberno que xa formou parte do grupo municipal a finais dos anos oitenta. A metade dos concelleiros actuais do BNG formamos parte dos primeiros postos, e incluimos xente moza que aporta a frescura necesaria para continuar.

9 Anónimo 08/07/2015 14:33

que es lo que hizo por sada a parte de cambiarle el nombre a las calles o querer tomar un café con la Bordiú en el Pazo de Meirás ?

Abel López Soto:

Nada máis lonxe do meu desexo que querer facer o que vostede afirma. Se ten fillos poderá comprobar o cambio nos parques infantís, a súa mellora, e a construcción de novos parques, que duplicamos a oferta de prazas escolares de 0-3 anos, a mellora na conservación das instalacións educativas, das intalacións deportivas. No campo de futbol municipal das Mariñas xogaban dous equipos cada quince días antes do 2007. Hoxe xogan 300 deportistas diariamente. Se o seu fillo practicaba patinaxe, agora ten unha pista para desfrutar. E se vostede ten que traballar cedo, pode deixar aos seus fillos nos centros públicos tras por en marcha "almorzos saudabeis" e tamén colaboramos coas Anpas na axuda a sufragar os gastos do comedor escolar. Isto só por citar aspectos relacionados coa infancia. A maiores hai un novo centro de día, unha sala de exposicións na capela de San Roque, un edificio para activiadades de maiores na antiga cámara agraria de Riobao... e sobre todo quitamos a Sada das páxinas de sucesos e escándalos que a todos e todas nos producían bochorno.

10 Anónimo 08/07/2015 14:33

¿poderias explicarnos en que situación esta o das Brañas? queriades facelo parque natural ou algo asi era e ahora din que no plan general metedes unha carretera por ai

Abel López Soto:

Con este goberno actual As Brañas están protexidas da especulación e do ladrillo. No Plan Xeral contémplase como un espazo a protexer, sen posibilidades de recalificación para usos urbanísticos, pero si para paseos e disfrute dos veciños e veciñas. Non está previsto ningún vial nesa zona de protección.

11 Anónimo 08/07/2015 14:33

Si pasas a oposición vas abandonar como fixo Moncho

Abel López Soto:

As comparacións son odiosas.

12 Anónimo 08/07/2015 14:33

Se sae elixido alcalde, respectará a toponimia propia das rúas de Fontán?

Abel López Soto:

O pleno da corporación acaba de aprobar unha proposta do goberno para poñer nome a todas e cada unha das rúas de Fontán que, por certo, non tiñan. Respétase a toponimia e os nomes que a xente lle daba a esas rúas e introdúcese o nome dalgún sadense ilustre como é o caso de Antonio Sanjurjo Badía.

13 Anónimo 08/07/2015 14:33

que valoración ye das o pacto de goberno co PSOE, voveriialo a facer

Abel López Soto:

É público e notorio que o pacto BNG-PSOE en Sada funciona sen a máis mínima estridencia. Evidentemente, o BNG preséntase ás eleccións para gañar e obter a maioría suficiente para gobernar en solitario.

14 Anónimo 08/07/2015 14:33

¿que le contesta a las personas que piensan que los miembros de la corporación de su partido cada vez se relacionan menos con la ciudadanía? ¿Sabe que hay una opinion generalizada sobre que realmente les falta romper el cascarón y bajar el mundanal ruido del populacho para entarse de lo que pasa fuera del despacho? Incluso hay la leyenda urbana de que usted no puede pasear porque le "molestan" los vecinos con sus preguntas y comentarios ...¿que piensa?

Abel López Soto:

Vexo que quen pasea pouco é vostede senón veríamo prácticamente todos os días no paseo marítimo ou polo Castro, onde vivo. Eu nunca calificarei de "populacho" á cidadanía de Sada e lamento que vostede o faga con respecto aos seus conveciños.

15 Anónimo 08/07/2015 14:33

¿por qué el Pazo de Meirás es el tema estrella? ¿No cree que Sada tiene muchos otros problemas sin resolver?

Abel López Soto:

O pazo de Meirás non é, nin moito menos, a estrela deste mandato. Si é certo que mediáticamente é o que ten máis relevancia porque nunca ningún goberno se atreveu a utilizar a lei para obligar a apertura do pazo e foi o BNG no goberno da Xunta e no goberno de Sada quen o conseguiu. Pero fixemos moitas outras cousas polos sadenses como antes comentei.

16 Anónimo 08/07/2015 14:33

¿Que piensa que va a suceder en sada con tanto pequeño nuevo partido? ¿cree que le va a perjudicar a su partido?

Abel López Soto:

A oposición é unha sopa de letras e unha suma de personalismos que nun momento de crise como este evidentemente non convén a Sada. Estou seguro de que os sadenses non buscarán ahí ningunha renovación, o que hai detrás de todo iso é involución e volver ás andadas.

17 Anónimo 08/07/2015 14:33

Cuando hara cumplir a los hosteleros con el reciclaje.Hasta cuando los contenedores a rebosar

Abel López Soto:

Os hosteleiros teñen servizo de recollida de aceites e o conxunto dos sadenses temos un sistema de recollida de lixo moito mellor que o que había antes do 2007. É incontestable que Sada mellorou sustancialmente en limpeza viaria, en recollida de residuos, no coidado e mantemento dos xardíns e que neste momento temos servizos de cidade, con baldeo de rúas incluido. Nas parroquias por primeira vez poden disfrutar destes servizos. Todo é mellorable pero a situación actual nada ten que ver coa herdada.

18 Anónimo 08/07/2015 14:33

que acciones de modernización administrativa realizará en el concello para acercar la e-administración a la ciudadanía?

Abel López Soto:

Acabamos de reformar a web municipal e temos asinado un convenio coa Deputación para introducir paulatinamente a administración electrónica. Neste momento, o rexistro de entrada do Concello xa está informatizado, así como o servizo de mantemento eléctrico. Temos moito que avanzar neste camiño.

19 Anónimo 08/07/2015 14:33

¿cree que los usuarios del concello están contentos con el trato que reciben en el por parte de sus funcionarios?

Abel López Soto:

Son consciente de que en casos puntuais existen queixas. Procuramos solucionar estas eivas e o vindeiro mandato ten que ser o mandato da modernización xa iniciada nesta administración.

20 Anónimo 08/07/2015 14:33

Que actuacións teñen previstas para Fontán?

Abel López Soto:

Con carácter inmediato, a renumeración de todo o barrio e a colocación de placas nas rúas, a preparación da praira de Morazón para o verán e a adecuación do frente das casas dos mariñeiros cunha isleta para transporte colectivo de viaxeiros. Acabamos de adecentar o lavadoiro deste barrio.

21 Anónimo 08/07/2015 14:33

Cuando se volverá a abrir la piscina de Sada?

Abel López Soto:

Abre este venres. De todas formas, podes ir ver cómo quedou despois de invertirmos 600.000 euros en mellorala.

22 Anónimo 08/07/2015 14:33

Puede informarme que tiene pensado hacer con el lavadero que hay en Torron, 11 - Meiras, no cree que tiene que dar una solución?., pasó alguna vez por allí para ver el estado de deteriodo?.

Abel López Soto:

Claro que pasei, por iso se está arranxando. Moita xente descoñecía que alí había un lavadoiro porque estaba cuberto con maleza. Unha vez descuberto, houbo que facer a valoración e estamos nelo. Na recuperación de fontes e lavadoiros, o Concello de Sada invertiu neste ano cen mil euros, porque levaban moitos anos abandonados.

23 Anónimo 08/07/2015 14:33

Cómo está el proyecto de ascensores que comuniquen la avenida da Mariña con el ambulatorio en Párroco Villanueva?

Abel López Soto:

Descoñezo ese proxecto. O que si temos é un circuito urbano do SADABUS que permitirá acceder ao centro de saúde e ao cemiterio de Fiunchedo.

24 Anónimo 08/07/2015 14:33

Daquela, invertirán cartos e esforzo nas pequenas bibliotecas parroquiais para melloralas?

Abel López Soto:

Si, claro. Temos que contribuir a darlle máis vida ás casas do pobo das parroquias.

25 Anónimo 08/07/2015 14:33

Estan todas las facturas pagadas? o solo las de menos de 5 años

Abel López Soto:

No ano 2007 atopámonos con facturas no caixón por valor de cerca de 600.000 euros. Pagámolas todas e neste momento temos as contas máis saneadas de toda a área metropolitana, como se pode comprobar vendo a liquidación do último orzamento de 2010.

26 Abel López Soto 08/07/2015 14:33

Agradezo moito as vosas preguntas e o voso interese. Lamento non dispoñer de máis tempo para respostar a todas. Xuntos podemos facer unha Sada mellor. Un saúdo.